FOTOS VERSIÓN
" MENINAS DO SOFÍA EN CANIDO "
![]() WEB .- IES SOFIA CASANOVA.- | Bota a andar de novo o club de lectura para adultos do IES "Sofía Casanova". Quedades convidados todos a esta segunda temporada, moi especialmente os que participaron o ano pasado e os pais dos novos alumnos. O arranque da nova edición terá lugar o vindeiro martes 30 de setembro ás 18:15 na biblioteca do centro e continuará esta lectura un martes ao mes. |
![]() Info - web IES Sofía Casanova |
A entrega dos Boletíns de Cualificacións ó alumnado terá lugar o mércores 25 ás 12:30.
Os días 26 e 27, xoves e venres, de 9:00 a 13:00; son os días previstos para atender posibles reclamacións.
|
| 30 de XUÑO | 2º e 3º da ESO |
| 1 de XULLO | 4º ESO e 1º de Bacharelato |
| 2 de XULLO | 2º de Bacharelato |
| 25 de XUÑO | Colexio de Esteiro |
| 26 de XUÑO | Colexio de Ponzos |
| 27 de XUÑO | Colexio de Recimil |
| 3 e 4 de XULLO | ESO e Bacharelato doutros centros |
Eles son a partir dese momento, os que nos van a axudar, os que van traballar man a man connosco. Por iso hoxe queremos dar grazas aos profesores e dignificar esta profesión.
Os pais sabemos que é así. Un bo profesor ten o poder de facer que os nosos fillos sexan capaces, créanse capaces e o día de mañá móstrenlle ao mundo o que son capaces de facer.
|
Grupos
|
Horas
|
|
1º, 2º e 3º da ESO (agás 3º A)
|
De 10.00h. a 11.20h.
|
|
4º da ESO (agás 4º B), 1º de BAC e PCPI
|
De 12.00h. a 13.20h.
|
Educación concluirá esta semana os traballos de mellora en cinco centros N REDACCIÓN FERROL | Actualizado 18 Abril 2014 - 01:52 h. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta, a través da Xefatura Territorial, concluirá esta semana diversas obras de mellora en cinco centros educativos da cidade e comarca. A Administración educativa aproveitou as vacacións de Semana Santa para acometer algunhas das obras pendentes na zona, co fin de non interferir na actividade académica.
Un dos traballos que se están levando a cabo estes días teñen que ver coa reforma da cuberta do salón de actos do IES Sofía Casanova. Como se recordará, devandito espazo permanece pechado e inoperativo desde finais do pasado curso académico, cando tivo lugar o desprendimiento de parte do teito. O suceso produciuse no transcurso da celebración dunha actividade organizada polo propio instituto.
Malia que o salón estaba cheo, non houbo que lamentar ningún dano persoal. Desde entón, desde a ANPA do centro manifestouse de forma pública en varias ocasións a necesidade de reparar a cuberta do espazo, unha actuación que agora xa está sendo materializada.
Tal e como se informou no seu momento desde a Xefatura Territorial, a obra estaba presupostada nun total de 20.000 euros. Coa reposición da cuberta exterior intentarase evitar as filtraciones de auga e as consiguientes humidades que se producían e que aumentaban o risco de desprendimiento no interior.
- Diario de Ferrol.- |