O IES Sofía Casanova celebra hoxe o acto central do seu 50º aniversario
REPORTAXE REDACCIÓN | Actualizado 18 Junio 2014 -
A que nos primeiros anos 80 fora directora do IES Sofía Casanova, Ana Romero, será a encargada de abrir, cunha conferencia titulada "De Camilo a Sofía", o acto central do 50ª aniversario da inauguración do daquela instituto feminino ás 17.00 horas no salón de actos.
"Foron", lembraba onte Romero, "anos de moitas e moi profundas mudanzas, non só no nome –de Camilo Alonso Vega a Sofía Casanova–, senón na pedagoxía, na organización do centro, reflexo dalgunha maneira do que estaba a acontecer no conxunto da sociedade, máis alá da comunidade educativa".
A exdirectora lembra os complexos anos que lle tocou vivir, cunha reconversión industrial que provocou unha chea de mobilizacións, non só obreiras, senón tamén estudantís que houbo de afrontar con certa inexperiencia pola súa xuventude.
Entre os aspectos curiosos, Ana Romero lembra que houbo un momento en que os tres institutos da cidade –o seu, o Concepción Arenal e a Filial– estiveron dirixidos por senllas mulleres (Mercedes Carbajales o primeiro e Lourdes Castro o de Canido).
Hai que lembrar, como explica Guillermo Llorca, que o ensino secundario tardou anos en chegar a Ferrol, en concreto en 1927, nada menos que 82 anos despois de que o solicitara e que o Sofía Casanova non se instalou no Pilar até o ano 67.
- Diario de Ferrol.-
No hay comentarios:
Publicar un comentario