BANCO DE LIBROS
REFLEXIÓNS
Estimados
pais e nais de alumnos do IES Sofía Casanova, como anunciamos na última
asemblea realizada a finais do curso pasado, en correos electrónicos, prensa e
mesmo como ben avisando a propia dirección do centro na súa páxina web, a
directiva da ANPA do Sofía Casanova organizou un “banco de libros” do que
sentímonos satisfeitos do seu resultado.
Pero
antes de entrar en análises a valorar, gustaríanos agradecer a colaboración a
todos aqueles que entenderon a mecánica
e participaron de forma activa, doando os seus libros, pois de non ser así,
loxicamente non existiría este banco de libros.
Grazas
tamén pola vosa paciencia pois se xuntaban moitos factores que non facían
posible dar máis fluidez ao noso labor. Era nosa primeira vez, a recollida de
libros non podía finalizar até saber os resultados dos exames de setembro e sen
dúbida o máis determinante, a cantidade de libros que nos chegou non era a que
cabería esperar.
En
todo caso, queremos deixar claro que para isto funcione hai polo menos tres
puntos importantes a ter en conta:
* Se os alumnos e alumnas non cedesen os
seus libros, de ningunha maneira teriamos un banco de libros e sería do todo
imposible prestalos.
Aquí
é onde nos xorde a dúbida, impor un prazo mínimo de catro anos de uso, non
significa ao noso entender, que exista a obrigación de cambiar un libro unha
vez transcorrido ese prazo e moito menos se o libro en cuestión, cumpre os
obxectivos didácticos. É probable que despois de catro anos o libro este
fisicamente deteriorado pero quizá sería posible tratar de conseguir alargar a
vida útil dos libros e sobre todo non entrar ao xogo das editoriais. Tentaremos
traballar sobre este tema.
Rematamos esta reflexión indicando que no
vindeiro curso volveremos a repetir este proceso a finais de Xuño con a
suficiente anticipación e información, a cal acompañada desta estimable
experiencia, desenvolveremos este banco de libros.
-
A
directiva .-