ALIMENTOS COCIÑA ECONÓMICA
3 ao 14 decembro
Esta ANPA Sofía Casanova vai recoller alimentos non perecederos dende o vindeiro LUNS, día 3 de decembro até o Venres, día 14 de decembro.
Estes alimentos serán destinados a familias de tipo envasados, paquetes, potitos, chocolates, lácteos, papillas, cereales, etc.
Pedimos a colaboración de toda a nosa comunidade educativa do IES Sofía Casanova para facer entrega destes alimentos non perecederos nun carro sito na entrada do centro con destino a Cociña Económica.
Esperamos as doazóns de alimentos como un acto de solidariedade que todos entendemos, polo que sobra decir máis comentarios e explicacións ao respecto.
Queremos darvos as grazas anticipadas pola vosa comprensión e solidariedade.
- A directiva.-