Esta ANPA SOFIA CASANOVA vai participar na CONVOCATORIA de CONCENTRACIÓN deste mércores-26 ás 19 horas na Edif. da Xunta de Galicia.
Tamén participarán as familias de 4º da ESO que rexeitan a futura REVÁLIDA e as familias de 2º BACH para expresar a súa preocupación pola falla de información e instrucións respecto a que probas van realizar en sustitución da antiga selectividade, métodos concretos e materias,
Como xa saberedes este ano remata a implantación da LOMCE no ensino, unha lei neoliberal que entende a educación como un negocio para uns poucos e entre outras moitas perversidades e anti-democráticas (segregación por sexo, liquidación dos consellos escolares, imposición da relixión como materia curricular, invasión de competencias propias das comunidades autónomas, etc...) utiliza as revalidas como medio para clasificar ao alumnado dende edades temperás e impedir á maioría chegar ás universidades.
Neste curso, ademais das revalidas de primaria, se celebrarán as reválidas de 4º da ESO e 2º de Bacharelato e, ademáis, se suprime a selectividade. O curso xa comezou e o Goberno Galego aínda non impartiu instrucións sobre a problemática reválida de 2º de bacharelato, polo que @s alumn@s que pretendan acceder a universidade o próximo curso aínda non teñen nin idea da materia obxecto de exame, nin tipo de exame que terán que superar para acceder á universidade, nin se terán un único exame para todas as universidades ou non. Un absoluto despropósito que produce unha ansiedade terrible no alumnado nun curso trascendental para o seu futuro.
A FEANPAS loita contra a LOMCE dende que esta perversa lei era un mero proxecto, e continuará loitando ate conseguir a súa completa DERROGACIÓN, non so as revalidas, se non toda a lei.
CONVOCAMOS a todas as familias á CONCENTRACIÓN que celebraremos a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público o mesmo mércores día 26 de outubro ás 19 horas fronte ao edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol.
NIN LOMCE!!! NIN REVÁLIDAS!!!