jueves, 19 de junio de 2014

50º Aniversario - De Camilo Alonso Vega á Sofía Casanova.-


 O Sofía Casanova celebrou con música e historia e cine o seu 50º aniversario

REDACCIÓN FERROL | Actualizado 19 Xuño 2014 -


Decenas de personas participaron en el acto central jorge meis
Decenas de personas participaron en el acto central jorge meis

"De Camilo Alonso Vega a Sofía Casanova" foi o título da conferencia coa que a que durante os anos 80 foi directora do antigo instituto feminino, Ana Romeu Masiá, abriu o acto central do 50º aniversario da inauguración do centro. A profesora recordou algúns dos momentos máis importantes dunha etapa "intensa" na que, subliñou, o cambio de denominación foi só un capítulo.
A música estivo presente durante toda a tarde. Á charla de Romeu seguiulle a actuación do grupo de cámara formado por Andrea Trillo, Inés Amarelo, Sabela Huges e Carolina Rosario, que intepretaron un divertimento de Haydn.

fin de festa con raparigos

 Un cortometraje elaborada, en colaboración coa productora Gaitafilmes, pola comunidade educativa sobre a historia do centro e a actuación do mítico grupo Raparigos, do que forma parte o que durante tres etapas diferentes foi director do centro, Xoán Rodríguez Silvar, pecharon o acto do quincuaxésimo aniversario dun dos centros educativos máis emblemáticos da cidade.

Diario de Ferrol.-

No hay comentarios: