jueves, 13 de noviembre de 2014

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR-



Esta ANPA do IES Sofía Casanova anima as nais,  país ou titores legais a presentar candidaturas para as eleccións de representantes ao Consello Escolar.

Son elixibles todas as nais, país e titores legais que formulen a súa candidatura oficial, segundo modelo que facilitará a Secretaría do  IES Sofía Casanova ate as 14 horas do martes - 18 de novembro.
 


Importante advertir que superada esta data e hora non poderase presentar ningunha candidatura fóra deste prazo.

No presente proceso electoral corresponde elixir 1 nai - pai  dun total de 3 que debe ter o Consello Escolar, tendo en conta a importancia de
cobrir estas plazas e suplencias. A ANPA nomea a súa  propia representación.
  
- A campaña electoral comprenderá dende o 21 ao 24 de novembro, lembrando que o dia 26 de novembro, véspera das votacións . non
 poderase  facer campaña electoral.


 - Ás VOTACIÓNS terán lugar o día 27 de novembro de 18,30 a 20 horas.
 

- Teñen dereito a voto a nai e o pai ou titor legal do alumnado.




- Saúdos
 

 - A directiva .-

 

Cogumelos

 
 

 
 - MOSTRA DE COGUMELOS  NO SOFÍA -
 
 
 
 
 
 
 
 



- TRABALLO ESCOLAR E PROFESORADO DE

COGUMELOS NO SOFÍA CASANOVA.-



Xuntanza ANPA - EQUIPO DIRECTIVO .-

 
    
-REUNIÓN DIRECCIÓN - ANPA –
                                                            - 21 de Outubro-2014 –  
  • Reunión desta ANPA Sofía Casanova co Equipo directivo deste IES, este martes-21 de outubro ás 16,30 horas  na sala de xuntas do IES Sofía Casanova.
     
    Asisten polo Equipo Directivo, a Directora e Xefe de Estudos e pola ANPA asisten Maria Carmen Díaz; Mónica García, Monserrat Moreda, Esperanza Sanchez e Xosé M. Sanxoán.
     
    Comezamos pedindo información sobre o inicio de clases. Informan das dificultades iniciais con Inspección de Educación pola falta de 11 profesores menos que foron negociando para conseguir 4 e aliviar o impacto deste déficit. Quéixanse da falta de profesores especialistas que deben cubrir con docentes non especializados.
     
    3 grupos de  1º da ESO.
    3 Grupos de 2º da ESO.
    3 Grupos de  3º da ESO e 10 alumnxs en Diversificación.
    3 Grupos de 4º da ESO e 10 alumnxs en Diversificación
    5 grupos en 1ºBach
    4 Grupos en 2º Bach
    Formación profesional Básica 15 alumnxs.
     
    Houbo problemas de programación con diferentes areas de ciencias, letras educación física ..etc. polo que tiveron moitas dificultades sobre todo a finais de agosto.
     
    A implantación da LOMCE 1ª, 3º e 5º primaria para o vindeiro curso. Este ano comeza a implantación da Formación Profesional Básica.
     
    O centro conta cun total de 551 alumnxs.
      
  • Preguntamos cal vai ser a política a seguir con respecto o uso dos  libros. Comentamos que se mercan os libros e hai profes que non os utilizan nin os usan polo que pedimos unha reflexión e outras alternativas.
      -  Preguntamos se hai previsións de cambios de libros coa LOMCE. Non parece que se  
        produzan cambios nas editoriais e pedimos que se respecten os prazos de seis anos 
        segundo á lei.

  •  A directora se informará xa que observamos que a veces supón un gasto innecesario dependendo do profesor/a
  •  Programa ABALAR para pais -nais  publicitando máis esta ferramenta que será útil para notas, faltas, citas titorías..etc. Coincidimos na importancia de impulsar este proxecto ABALAR.
        -   Faise a observación de que a páxina web deste Instituto está algo parada e fáltalle  
           máis información en xeral.
  •  Falamos dos dereitos á Folga do alumnado e as directrices a seguir segundo a consellaría.  
  •  Intercambiamos varias lecturas sobre este dereito e lembramos que mañá, 22Out, hai Manifestación de 3 días, convocada polo Sindicato de estudantes . Pedimos atención se hai exames os días de folga.
    A dirección di que hai que madurar e pulir esta norma.
  •  Pídese explicacións sobre a excursión a Roma dende a materia de Relixión, polo que esta ANPA a cuestiona por inadecuada dende este centro público.  Non colaboraremos con esta actividade.
     
  • O Vice-director responde que ten unha herdanza e hai que cambiar varias cuestións e lembra que trátase dunha materia curricular.. Suscítase o debate da relixión, aconfesional, laico..etc-
  • A directora di que pode haber unha excursión para todos a Roma. Insistimos que debe ser cultural.
  • A directora informa dun programa para profesores-34- sobre TIC,s aplicacións informáticas para ensino.
        - Informase que serán días non lectivos este vindeiro 3 de Outubro e o 4 de maio.
  • INFRAESTRUTURAS .- Unha de nosas principais reivindicacións son as melloras nas instalacións deste centro, coincidindo sobre o lamentable estado da Pista deportiva a cal empiora co mal tempo e períodos de choivas.. Redactarán informes técnicos que serán remitidos a esta ANPA- antes de dirixilos a Consellaría.
  • Lembramos as deficencias técnicas do pavillón denunciadas por esta ANPA e tamén o propio Xefe Territorial.
     
  • Eleccións ao Consello Escolar .- Informa a directora que comezará en breve un proceso electoral e seus prazos. Todos debemos colaborar e publicitar estas eleccións para nais-pais e alumnado co fin de lograr unha maior PARTICIPACIÓN.
 Remata esta xuntanza ás 18,45 horas sen máis asuntos que tratar.
 
    
 Ferrol, a 21 de Outubro de 2014.-

 
    
    • A directiva.-