O IES Sofía Casanova volve gozar do salón de actos.
REDACCIÓN FERROL | Actualizado 30 Maio 2014 -
O IES Sofía Casanova reestreou onte o seu salón de actos logo de telo durante meses inoperativo, coa representación da obra de teatro "O testamento do tío Nacho" por parte do grupo do centro, baixo a dirección do profesor Xosé Luís Paz. Celebráronse dúas representacións que se enmarcan no programa de celebración do cincuenta aniversario do instituto.

O salón de actos permanecera pechado desde finais do curso pasado, cando se desprendeu parte do teito durante a celebración dunha actividade.
Finalmente foi en marzo pasado cando a Consellería de Educación anunciou un investimento de 20.000 euros para realizar a oportuna reparación e devolver ao instituto este espazo.
No marco da celebración do cincuenta aniversario de vida do instituto "feminino", hoxe recibirán as súas orlas os 62 alumnos que forman parte da promoción que este ano termina segundo de Bachillerato.
O acto será ás cinco da tarde e finalizará coa actuación do grupo Taller de Música Moderna do Conservatorio de Ferrol. A formación intégrana sete alumnos de sexto curso do "Xan Viaño", dous dos cales forman parte, ademais, da promoción que celebra a súa despedida do instituto Sofía Casanova.
Os actos polo 50 aniversario continuarán no próximo mes de xuño, entre outras actividades, cunha exposición de fotografías sobre Sofía Casanova e con dúas charlas achega da historia da educación en Ferrol e do propio centro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario