lunes, 14 de octubre de 2013

Acordos Consello Escolar- 9 Outubro-2013


 

INFORMACIÓN CONSELLO ESCOLAR

9 de OUTUBRO -2013

 

    Información do Consello Escolar celebrado este pasado mércores, 9 de Outubro-2013 ás 12, 10 horas na Sala de Xuntas do IES Sofía Casanova.
     

      1 .- Aprobación do proxecto do Plan de lectura.-

 
      2 .- Elección de días non lectivos.-

 
     3 .- Aprobación do Comunicado sobre o Tanque de Tormentas.-

 

Punto 1 .- Aprobamos o Plan de Lectura.-

 
   Plan aprobado pola Xunta de Galicia con 700 € para material e llibros.

 Plan de Lectura para Adultos, que se presentará o vindeiro día 29 de Outubro dirixido a todas as familias e comunidade educativa do centro coa colaboración e a propia ANPA Sofía Casanova.

 
Plan Xuvenil que comezou o 8 de Outubro.

 
            Organizado por profes do centro de recibirá o apoio de tod@s e a   
         colaboración e publicidade da  ANPA.

 
Punto 2 .- Aprobamos como días NON lectivos o día 2 de Maio e 28 de Febreiro.

  

Punto 3 .- Aprobamos o envío dun Comunicado do CE a prensa co fin de rexeitar a ubicación do Tanque de Tormentas no Parque Infantil deste Parque Pablo Iglesias.

 
    
        Ferrol, a 9 de Outubro de 2013.-

 

            

Informacións Consello Escolar- 26 Set-2013


        
Informacións CONSELLO ESCOLAR
                                                                 -26 Setembro-2013-

 

A nova dirección presenta a programación escolar a este Consello Escolar, trala xubilación do anterior director –Juan Silvar-.

Recibimos unha delegación de tres membros da Comisión de Medio ambiente da A.V. Pilar para explicar as súas demandas pola construción dun Tanque de Tormentas no Parque Pablo Igesias, que afecta ao parque infantil.

Traen datos técnicos sobre o Saneamento da Ría de Ferrol e expresan a inconveniencia da ubicación deste tanque. Despois dun largo debate e explicacións, acordamos facer un comunicado a este respecto co fin de expresar as nosas reivindicacións.


-              INFORMACIÓNS da DIRECCIÓN.-

 A nova directora informa da situación actual do Salón de Actos polo desprendimentos do teito, ante o cal a Unidade Técnica da Consellaría de Educación ten o compromiso de facer un cambio da cuberta e os arranxos necesarios a partir do vindeiro mes de Xaneiro.

Aconsellase facer un seguimento do Concurso público das empresas e obras.

Informa do Plan de mellora Biblioteca escolar por parte da Xunta de Galicia.

Club de lectura adultos.

-              Organización actos 50º Aniversario deste Instituto Sofía Casanova.

-              Informacións de diferentes planos alumnado de carácter ambiental, social, consumo..etc.

-              Atención o Plan xeral Diversidade ou alumnado de Altas capacidades e atención autoestima.

-              Plano actuación Normalización lingüística.
      
         -       Planos estudos Mat., Ciencias Sociais, Tecn., F y Q
 
-              1/3 linguas extranxeiras, Ingés, Francés,

Fomento da lectura.

-              Plano de Convivencia – Desenvolver un Regulamento Réxime Interno,  conforme a nova Lei Convivencia.

-       Saídas do alumnado das instalacións- Permisos saídas BACH. polo CE.

-              Autorización familiar para saír do centro en caso de non haber profes nas clases de última hora.

-              Non se pode saír das instalacións nos recreos, agás permisos.

-              Plano da TIC,s.

-              Participación Comunidade Educativa.

-              Excursións 4º ESO .

-              Regular as excursións coa aprobación das familias e visto bo deste Consello Escolar do lugar a visitar, en clara alusión das visitas a Salou. Procura de ir profesores/as, ademais dos monitores a estas excursións.

-              Reunión para redactar o futuro Regulamento de Convivencia.

-              Reunión específica con titores/as de 1º e 2º Cursos.

-              Comentamos que os Deberes non son excesivos.

  

        Ferrol, a 26 de Setembro de 2013.

 

CLUB DE LECTURA.-


 

NOME DO CLUB DE LECTURA :  CLUB DE LECTURA SOFÍA CASANOVA

 

BREVE HISTORIA:  O noso centro xa leva tres cursos participando na convocatoria de Clubs de Lectura con grande implicación de profesorado e alumnado. No primeiro curso tivemos cinco Clubs de Lectura temáticos que se reunificaron en catro ao seguinte e a un o pasado curso. Este ano imos ampliala oferta co Club de Lectura de Adultos.

FINALIDADES E A SÚA RELACIÓN CO PROXECTO LECTOR DE CENTRO E A BIBLIOTECA ESCOLAR:

O Club de Lectura naceu dende o primeiro momento como unha actividade máis do Proxecto Lector do Centro

As finalidades do noso Club de Lectura seguen a ser as mencionadas no proxecto dos cursos anteriores:

-                     Fomentar o pracer pola lectura en rapaces que xa teñen o hábito lector.

-                     Achegar á lectura a aqueles que non o teñen.

-                     Desenvolver lazos de amizade que teñan como base a común afección polos libros.

-                     Valorar as recomendacións dos rapaces fóra dos libros de lectura fixados no ámbito académico.

-                     Promover condutas de respecto ás normas de discusión e debate (quendas de palabra, crítica educada, aceptación da diversidade de pareceres…)

-                     Crear unha listaxe de libros favoritos e/ou imprescindibles e preocuparse de que sexan adquiridos para a biblioteca.

-                     Comentar e recomendar lecturas de especial interese e actualidade.

-                     Posibilitar encontros con autores de literatura xuvenil.

-                     Propoñer saídas culturais relacionadas con roteiros literarios.

ACTIVIDADES PREVISTAS:


A principal novidade deste curso é o nacemento dunha nova sección, o Club de Lectura de Adultos do Sofía que xa ten data de comezo, o 29 de outubro. Contamos con fixar o seu calendario nesta primeira xuntanza, e propoñemos que teña lugar cada último martes de cada mes. Respecto ao Club de Lectura xuvenil, botará a andar o vindeiro, 8 de outubro, e pensamos realizar as seguintes actividades:


-                     Presentación: Retomaremos o contacto tralo paréntese do verán, daremos a coñecer a experiencia dos cursos anteriores, tratando de volver a animar aos participantes veteranos e de enganchar aos novos alumnos. Incidiremos, como sempre, en que é unha actividade ao marxe das clases de linguas, que é totalmente voluntaria e que non conta para nota.

-                      Inicio: Acordaremos un calendario de reunións e un listado posible de lecturas, tendo en conta os alumnos apuntados, a súa idade, os seus gustos, a súa dispoñibilidade horaria, etc. Tamén contaremos cos libros que poden prestarnos os centros que xa teñen o seus Clubs de Lectura: IES de Fene, IES de Neda, IES de Catabois, e outros fondos ofrecidos polo banco de libros da xunta no seu blogue: http://librosaeito. blogspot.com.

-                     Encontro con algún escritor: Pretendemos organizar encontros con escritores, o que prepararemos con lecturas e exposicións dos seus libros. Xa temos contactado co Marcos Calveiro para que veña falar do seu libro: O pintor do sombreiro de malvas.

-                     Ler aos nosos maiores: Queremos iniciar una actividade que consiste en ler as persoas maiores da veciña residencia: "Abrente".

-                     Excursión de fin de curso: Gustaríanos organizar por primeira vez unha saída que estea relacionada coa lectura dun libro.

-                     Festa de despedida na biblioteca: Xa é tradicional a nostra Festa das Tartas Literarias ao final do curso. Aproveitaremos para facer o préstamo de verán.

COMPOSICIÓN E NÚMERO DE PARTICIPANTES APROXIMADO. IMPLICACIÓN DOUTRO PROFESORADO DO CENTRO.

Dinamizadores: Esperamos contar, polo menos, cos mesmos dinamizadores do pasado curso: Cristina, Ana, Dani, Laura, Emilio e Pilar.

Alumnos: Tamén esperamos contar con moitos alumnos interesados e chegar, como o ano pasado, aos 40 de todos os cursos. 

FORMA DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO: Seguiremos co formato do pasado ano que nos deu moito xogo. Cada mes propoñerase un libro para a súa lectura conxunta. O moderador será un ou dous alumnos cada sesión, de forma que moitos teñan a oportunidade de traballar as presentacións. Así se fomentará a participación e implicación dos rapaces para que aporten as súas opinións, suxestións, recomendacións de lectura. Ademais elixiremos un encargado de subir ao blog as conclusións de cada sesión.

HORARIO E CALENDARIO PREVISTO PARA AS REUNIÓNS DE CARÁCTER PRESENCIAL: Seguiremos co mesmo, os martes a medio día, logo de xantar. Como fixemos outros cursos, cando veña algún escritor reunirémonos segundo a súa axenda.

MEDIOS PREVISTOS PARA A SÚA DIFUSIÓN ENTRE A COMUNIDADE EDUCATIVA: Aparte de "o boca a boca", entre os membros do club, do noso taboleiro de anuncios, dispoñemos do noso blog: http://bibliotecasofia.blogspot.com, da páxina web do centro: www.ies.sofiacasanova@edu.xunta.es, e da nosa revista Planeta Lingua. Contamos coa implicación do ANPA-Sofía Casanova que informará a toda a comunidade educativa.
 
    IES. Sofía Casanova.-
    Consello Escolar.-