Informamos que esta ANPA está organizando uns actos e charlas coa Asociación ALCER coa colaboración da dirección deste Centro educativo.
Este vindeiro MARTES a partir das 16,30 h., estades convidados no Salón de Actos do Centro para coñecer as actividades de ALCER e as súas demandas sociais.
Informacións da súa páxina web.;
- A directiva.-
Benvida/o a ALCER Coruña
A Asociación de Loita Contra as Enfermidades do Ril, ALCER Coruña, nace en 1976 co firme propósito de mellorar a calidade de vida do enfermo renal. Nas súas orixes loitaba porque todo paciente renal tivese acceso a un tratamento de diálise, o que era fundamental para a súa supervivencia. Anos despois, ALCER Coruña, traballando conxuntamente coas entidades nacionais e coa Federación, convértese nun activo precursor da actual lei de transplantes, da cal cumpriuse recentemente o seu XXV Aniversario.
Hoxe en día, unha vez superados aspectos de actuación sanitaria vital, ALCER Coruña e unha das entidades que máis claramente apostan por traballar optimizando os recursos sanitarios co convencimento de que a atención as persoas con enfermidades crónicas non pode centrarse nos factores da enfermidade, senon que é necesario o desenrolo de redes de apoio psicosocial con areas de actuación integrais no campo da asistencia sanitaria, a protección e ou benestar social.
Baseándose nestos principios, ALCER Coruña persegue asegurar a maior calidade de vida, participación e independencia posible nas persoas con IRC, transplantadas e familias en particular e a todas as persoas cunha enfermidade crónica en xeral, o traverso as seguintes actuacións marcadas nos seus estatutos:
- A asistencia e información ós enfermos do ril e outras doenzas descritas nos seus aspectos sanitarios e sociais, especialmente no concernente á asistencia por facultativos e persoal sociosanitario especializado.
- A realización de todo tipo de accións de sensibilización e fomento da doazón de órganos e texidos.
- A atención en procesos de rehabilitación psicosocial e inclusión laboral e social das persoas con discapacidade xenerada por doencias crónicas susceptibles de transplante.
- A promoción de servizos de atención á dependencia.
- A execución de todas as actividades culturais, de lecer e deportivas que faciliten a participación e atención socio sanitaria do colectivo.
- O fomento da investigación dos problemas que suscitan as enfermidades do ril nos seus aspectos médico, asistenciais e socioeconómicos, así como da prevención das mesmas.
- A divulgación popular das necesidades deste colectivo, as súas posibles solucións, así como os seus múltiples aspectos sociais, xurídicos.
- A realización de actuacións encamiñadas ó fomento e participación do voluntariado.
- O establecemento de servizos propios de asesoramento laboral, educativo, asistencia social e psicoloxica máis os que se crean necesarios para unha atención integral.
- A colaboración con todas aquelas persoas e entidades, públicas ou privadas, onde realícense actividades que leven a consecución dos fins da asociación.
- Calquera outro que, de modo directo ou indirecto, poida contribuír á realización dos fins da Asociación.