jueves, 22 de diciembre de 2016

Feliz ANINOVO-2017-

 
 
A Anpa do IES Sofía Casanova deséxavos;
 
 
FELICES FESTAS
 
 
FELIZ EDUCATIVO ANINOVO-2017
 
 
 
 
 
 
 
 
- Xunta Directiva .-
 

 


Banco alimentos.


 
 


Informamos que imos iniciar unha campaña do BANCO DE ALIMENTOS SOLIDARIOS neste  centro coas DOAZÓNS das familias dirixidas as persoas desfavorecidas a través das distintas organizacións solidarias e sen ánimo de lucro.
 
 
 
 
Pedimos aportacións destinados a hixiene, produtos básicos, produtos infantís e bebés, aceites, pastas, legumbres, chocolates, postres do Nadal, ..etc 
 
 
 
 
 
 
    Esperamos e desexamos a verdadeira RECUPERACIÓN ECONÓMICA e EMPREGO DIGNO para conseguir unha VERDADEIRA EQUIDADE ECONÓMICA E SOCIAL para que no futuro desaparezan estas tristes campañas.


Saúdos .-


- Directiva Anpa .-

Sen violencia machista.

 
 
´
 
 
- ESPAZO SEN VIOLENCIA MACHISTA .-
 
 
 
 
 


















- DIRECTIVA ANPA .-




lunes, 12 de diciembre de 2016

Composición CONSELLO ESCOLAR GALICIA.-


Ver gráfico Composición do Consello Escolar

Educación quere que a presenza de pais no Consello Escolar aumente.

As ANPA só ocupan agora 5 das 51 prazas que integran o órgano consultivo

 

Redacción / La Voz 12/12/2016.
 
O Consello Escolar do Estado votará mañá o ditame obrigatorio da normativa da nova reválida. A renovación in extremis deste órgano puxo sobre a mesa a súa existencia, polo demais discreta. Galicia tamén ten o seu propio ConselloEscolar , que posiblemente se reúna este mes, a súa segunda cita anual tras unha en marzo. Co comezo da lexislatura avecíñanse cambios, xa que a Xunta se comprometeu a modificar a lei que regula a entidade para aumentar a presenza de pais, favorecer a de alumnos e acoller a colectivos en favor da diversidade. Pero, ¿como funciona o Consello? ¿Para que serve? ¿Os seus membros que opinan?
O Consello Escolar de Galicia, como o do Estado, é un órgano consultivo que emite ante cada lei ditames obrigatorios pero non vinculantes. Están representados todos os sectores da escola e en total son 51 persoas, aínda que hai catro prazas vacantes: as tres dos estudantes -«non hai alumnos porque o órgano que ten que propor aos candidatos son as confederacións, e non hai ningunha en Galicia», di a Xunta- e unha das dúas do persoal de administración e servizos. Hai mínimas diferenzas entre a composición dos consellos galego e estatal: o primeiro inclúe aos movementos de renovación pedagóxica e ao Seminario de Estudos Galegos, mentres que o estatal conta cun espazo propio para as mulleres. O Consello reúnese entre unha e tres veces ao ano en función da normativa que teña que tramitar, e é a comisión permanente -sete presentas- a que dá forma á sesión.
 
   En canto a que opinan os seus compoñentes, a totalidade aplaude a súa existencia, aínda que sobre o funcionamento hai opinións atopadas. Por unha banda, está a Administración educativa, que o considera «de vital importancia» porque «palpa o sentir dos grupos». Dio José Manuel Pinal Rodríguez, director xeral de Centros e Recursos Humanos (o vicepresidente do organismo, Fernando do Pozo, declinou a invitación a participar nesta reportaxe).
Para Pinal é lóxico que os ditames do Consello non sexan vinculantes, porque non podería variar leis aprobadas no Parlamento, pero asegura que «xorden acordos para mellorar o sistema» e «houbo modificacións, algunhas cousas elimináronse ou se transaccionaron» por mor das opinións do consello.
En absoluto comparten esta opinión outros representantes do ente autonómico. Nin o especialista José Luis Fernández (representante do Movemento de Renovación Pedagóxica) nin os sindicalistas Anxo Louzao (CIG) ou Gerardo Morano (UGT). Para este último, os plenos do Consello transmítenlle «a sensación dun frontón. A consellería non acepta nada, incluso en cousas facilmente asumibles». E Anxo Louzao resume: «Somos convidados de pedra [porque] é un apéndice da consellería. Aprobáronse resolucións contra á Lomce, o decreto do bilingüismo, a lei de convivencia... pedíronse modificacións e non foron atendidas. É unha excepción atopar algo que aprobara o Consello e que a consellería fixera un cambio na normativa». Morano engade: «Nos ditames ás veces non se recolle o que se debateu, e poden ser nesgados. Nunha ocasión que a reunión se alargaba moito colgáronse as conclusións antes de que o debate terminase».
¿Presidente por votación?
 
    A crítica tamén chega do Movemento de Renovación Pedagóxica. José Luis Fernández asegura que o Consello «é un órgano consultivo moi incómodo. Os ditames son bastante ridículos. Ti non podes dicir que queres dialogar se despois non fas ningunha cesión». Recalca que «é o único consello do Estado no que o presidente [es el conselleiro] non aparece». Louzao asegura que se debe a e «un regulamento moi encorsetado, a dispor da consellería e que non cumpre a función de participación», que no caso galego o colmo é que o preside o titular de Educación, cando o normal é que sexa un nome que se poida manter cando cambia o conselleiro. Por certo, neste punto, o sindicalista propón que «sendo un órgano de representación parecería lóxico que ao presidente o nomearan os propios membros do Consello, e non a Administración».
     Non é a dificultade de ver plasmado en normativa aquilo que se aproba a única queixa dos membros do Consello. Os pais e centros, por exemplo, considéranse infrarrepresentados. Son cinco presentas (tres das ANPA públicas e dúas das concertadas) fronte aos doce sindicalistas (representantes da escola pública, da privada e centrais sindicais) ou aos oito dos concellos. María José Mansilla, da ANPA de colexios concertados, apunta: «Como somos tan poucos estamos moi limitados nas comisións de traballo, porque ademais non hai suplencia, e si son elixida eu e ese día non podo ir, pois non vai ninguén».
   Ignacio Parajó, da Federación de Centros Educación e Xestión (concertados), valora positivamente o Consello -«a súa función é enriquecer as normas coas opinións dos coñecedores do problema»- pero dubida da representatividade do mesmo: «Non é un foro educativo no sentido estrito, xa que ten un enfoque tamén de tipo político, que atende outras reclamacións non estritamente educativas». Para el, «o futuro da sociedade está nos colexios, é o que imos ter dentro duns anos. Si non estamos centrados en cuestións técnicas e educativas, igual lamentámolo».
   Javier Sánchez, de Anpas Galegas, para quen o Consello «é un órgano importante de representación», tamén cre que os pais teñen pouca forza porque «os grupos facemos emendas ás leis ou decretos e as valora a comisión permanente, no que nas ANPAS so teñen un representante». E esta entidade avoga por centrarse en cuestións que afectan os nenos: eles están pendentes de que se trate a súa última iniciativa, «a .. mellora da educación domiciliaria-hospitalaria, xa que o protocolo actual non é suficiente»
    Fronte a estas queixas sobre o peso dos diferentes grupos, Anxo Louzao nega a maior: «O profesorado non está sobredimensionado, todo o contrario. Penso que os profesores temos moito que dicir ao respecto do sistema. Habería que preguntarse a razón de certa representación: a propia Administración galega; a Administración local ten oito persoas; que fai representada a patronal do transporte; ou os empresarios, propietarios do ensino privado.... Os profesores somos os que diariamente estamos ensinando». E considera que si a consellería se expón cambiar a estrutura do Consello «non será para mellorar a participación do organismo, senón para que o apoie a ela».«Somos convidados de pedra» e «é un frontón», lamentan os representantes dos sindicatos.
 
- La Voz de Galicia .-
 
 

viernes, 25 de noviembre de 2016

Maioría alumnado secunda a FOLGA.

Diario de Ferrol .-

Estudantes e Anpas voltaron á rúa para

esixir a derrogación da Lomce e das reválidas

Varios centos de persoas – máis de 700 segundo os convocantes– secundaron onte pola mañá a manifestación convocada na cidade naval no marco das mobilizacións do Sindicato de Estudantes e as Anpas Galegas para esixir, unha vez máis

Estudantes e Anpas voltaron á rúa para esixir a
 
derrogación da Lomce e das reválidas.
 
Un momento da manifestación de onte. daniel Alexandre
                       

  Varios centos de persoas –máis de 700 segundo os convocantes– secundaron onte pola mañá a manifestación convocada na cidade naval no marco das mobilizacións do Sindicato de Estudantes e as Anpas Galegas para esixir, unha vez máis, a derrogación da Lomce e a inmediata supresión das probas de avaliación, coñecidas como reválidas, implantadas na mesma.

   Esta é a única solución válida para as dúas organizacións como paso previo para comezar a falar dun pacto de estado en materia educativa, polo que vén nos últimos acontecementos ocorridos no Congreso –tanto a aprobación da proposición de lei do PSOE para paralizar o calendario de implantación da Lomce como o anuncio do ministro de aprobar un decreto para deixar sen efectos académicos as devanditas probas– unha “falacia e unha maquillaxe” para acadar a desmobilización dunha gran maioría da sociedade que desde o primeiro momento expresou a súa oposición á lei devandita lei educativa aprobada polo Partido Popular.

   Desde a delegación ferrolá do Sindicato de Estudantes, apuntaron onte que as mobilizacións continuarán ata que a Lomce e as reválidas desaparezan definitivamente.
   No tocante ao seguimento da xornada de folga, no ensino secundario situouse, segundo o colectivo, nunha media do 90%.
   En moitos institutos as aulas permaneceron valeiras durante toda a xornada.
   En centros como o IES Concepción Arenal, por exemplo, o 98% dos estudantes de 4º de ESO e de primeiro e segundo de Bacharelato non asistiron ás clases, mentres que no primeiro ciclo da ESO a asistencia ao centro foi aproximadamente dun 60%. Tanto neste nivel como en Infantil e Primaria, polas idades dos nenos, a folga ten que ser materializada polas familias.
   
  As que onte quixeron secundar a xornada reivindicativa optaron por non enviar aos seus fillos á escola. Nestes niveis, a incidencia foi moito menor que en Secundaria –arredor do 50% nos centros públicos–, variando moito entre uns colexios e outros. Houbo casos, como nos Casais ou no Manuel Masdías de Caranza, onde moi poucos nenos foron a clase.

 Trala manifestación de pola mañá, na que xunto aos estudantes e familias déronse cita sindicatos, representantes de partidos políticos así como traballadores e persoal do comité de empresa de Navantia ou membros de entidades culturais e sociais como Fuco Buxán, pola tarde tivo lugar, de novo diante do edificio administrativo da Xunta na Praza de España, unha concentración de rexeitamento á Lomce convocada pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público.
 
- Diario de Ferrol .-
 
 

Chamamento FOLGA ESTUDANTES.-

 A Feanpas chama ás familias a participar
na folga do xoves
Para a Confederación Anpas Galegas, da que forma parte a Federación de Anpas de centros
 públicos de Ferrolterra, "a actual realidade educativa non ten máis ca unha solución: derrogar a Lomce.
    
A Federación de Anpas celebrou onte unha asemblea aberta  daniel alexandre
A Federación de Anpas celebrou onte unha asemblea aberta daniel alexandre

Para a Confederación Anpas Galegas, da que forma parte a Federación de Anpas de centros públicos de Ferrolterra, "a actual realidade educativa non ten máis ca unha solución: derrogar a Lomce, con absolutamente todos os seus efectos e consecuencias, retomar a situación previa e poñerse a traballar cara unha nova normativa educativa que realmente puxe polos dereitos de todos o alumnado", apuntan.
En demanda deste obxectivo, e conxuntamente co Sindicato de Estudantes, o devandito colectivo de pais convocou para este xoves día 24 unha folga de alumnos e familias en todas as etapas educativas do ensino básico, desde Infantil ata Bacharelato.
Unha nova xornada de loita e revindicación que terá lugar días despois de que o pleno do Congreso acordara a toma en consideración dunha proposición de lei do PSOE para frear o calendario de implantación da Lomce e que foi admitida a trámite cos únicos votos en contra do PP, así como do anuncio do goberno estatal de suspender os efectos académicos das reválidas ata que haxa un pacto pola educación.
Dúas cuestións que non constitúen boas noticias para o colectivo das Anpas, que fixan na derrogación da Lomce e a volta á anterior norma, a LOE, a única solución válida. "Sabemos que desde os gobernos central e autonómico tentan desmobilizar ás familias enviando mensaxes enganosos como que 'xa non hai reválidas' ou que a 'Lomce xa está paralizada' e, desgraciadamente, nada máis lonxe da realidade", din desde o colectivo de pais. Critican ademais que o alumnado que está a cursar 2º de Bacharelato "está a estas alturas do curso sen coñecer cal vai ser a proba que lle vai permitir acceder aos estudos universitarios", apuntan.

concentración
Neste sentido, fan un chamamento a todas as familias para que secunden a protestas e non evíen aos seus fillos ao colexio este xoves, animándoas ao mesmo tempo a participar na manifestación prevista para as 12.00 horas e a concentración das 19.00 horas, ámbalas dúas fronte ao Edificio da Xunta na Praza de España.
Coa finalidade de informar ás familias sobre todas as cuestións e dúbidas que rodean ao tema da Lomce, a Fenpas celebrou onte unha asemble aberta no centro cultural Carvalho Calero.

Hoxé fará o mesmo cunha nova sesión, ás 19.00 horas, en Narón, concretamente no salón de actos do IES As Telleiras.
Diario de Ferrol.-


viernes, 18 de noviembre de 2016

Nova selectividade e reválidas.-

Prensa .-

 A reválida de Bacharelato será como a Selectividade, con exames só  de troncais de segundo. 

  A de 4º da ESO será muestral e tamén versará de contidos dese curso e non de toda a etapa


18/11/2016
  O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte vai reformar por decreto lei a LOMCE para que a avaliación final de Bacharelato sexa moi similar á Selectividade con exames só das materias troncais de 2º e non dos dous cursos da etapa como establece a lei. Ademais, a avaliación de 4º da ESO será muestral, é dicir, non a van a realizar todos os centros, senón os que elixan as comunidades autónomas, e versará só das troncais dese curso.
 
   Estas son as principais novidades do borrador do proxecto de real decreto lei, adiantadas por Onda Cero. O documento discutirao o ministro Íñigo Méndez de Vigo cos responsables de Educación das comunidades autónomas na Conferencia Sectorial convocada para o próximo 28 de novembro.
 
   Tanto a LOMCE como os últimos borradores sobre as características destas avaliacións indican que os alumnos que queiran acceder á Universidade o curso que vén 2017-2018 deben examinarse non só das materias troncais de segundo de Bacharelato, senón tamén dalgunhas materias de primeiro, algo que estaba a xerar moito desconcerto na comunidade educativa, que pedía de forma unánime o restablecemento da antiga Selectividade.
  Respecto da de 4º da ESO, o Ministerio tamén cedería ás peticións da maioría das comunidades autónomas e das organizacións da comunidade educativa, pois vai máis aló do compromiso anunciado polo presidente do Goberno, Mariano Rajoy, de suspender os efectos académicos destas probas ata lograr o pacto educativo.
 
  Con leste decreto lei non só desvincula a proba á obtención do título, senón que permitirá ás autonomías que a avaliación teña carácter muestral e non censal, de maneira que non a teñan que realizar todos os alumnos de 4º da ESO de España, senón só os dalgúns centros. Do mesmo xeito que a de Bacharelato, esta proba non versará sobre contidos dos catro cursos da etapa, senón das troncais xenerais e de opción de 4º.
   Fuentes ministeriais indicaron que o borrador deste proxecto de decreto lei enviouno Educación aos «negociadores» do PSOE este xoves 17 de novembro. No texto indica que as novas condicións se manterán «durante un tempo prudencial e suficiente» ata alcanzar o pacto educativo e as mesmas fontes explicaron que este prazo o acordará Méndez de Vigo coas comunidades autónomas na próxima Conferencia Sectorial do 28 de novembro.
 
   O pasado martes, no Congreso dos Deputados, durante o debate dunha proposición de lei do PSOE para tramitar a paralización da LOMCE, o ministro anunciou este decreto para suspender os efectos académicos, pero sen dar detalles sobre o contido. Despois, en declaracións aos medios á saída do Hemiciclo, mostrouse «aberto» ás propostas que os conselleiros poidan facerlle no encontro do 28 de novembro e asegurou que non se pechaba «a nada».
 
- La Voz de Galicia .-
 
 

miércoles, 16 de noviembre de 2016

Anpa - Rúa Galego Soto - Zona peonil.-

- La Voz de Galicia .-

Pais do Sofía Casanova piden peatonalizar a rúa

Galego Soto.

O Anpa propón estudar esta medida ante as situacións

de inseguridade vial na saída do centro.



 A Voz de Galicia
B. a.
Ferrol - 16/11/2016

  A asociación de pais do Sofía Casanova pide que se estude a posibilidade de peatonalizar a rúa na que se sitúa a entrada do centro, a Galego Soto, para incrementar así a seguridade vial na zona. «Por agora é unha proposta que estamos tratando de ver si é viable, pero o certo é que nos preocupan algunhas situacións, porque as beirarrúas nesa rúa son moi estreitas, hai coches aparcados nos lados e os nenos van camiñando pola calzada á entrada e á saída das clases», explica Ana Ríos, que é a presidenta dunha directiva que acaba de comezar a súa andadura e que se estreará nun consello escolar que se celebrará nos próximos días. A dirección do centro xa ten coñecemento desta petición, mentres que a Xunta alega que non está dentro das súas competencias.

 Solicitan un profesor de apoio e reiteran que lles urge un ascensor

A asociación de pais tamén solicita un profesor de apoio, xa que asegura que os recursos actuais son insuficientes para os 496 alumnos. Desde o centro apuntan que hai un docente que realiza estes labores, pero o Anpa considera que están convencidos da «necesidade de Profesores de apoio en pedagoxía- terapeuta» polo que se tramitou unha petición a Educación.
 
Pola súa banda, desde a Xunta replican que estudarán a demanda dos pais.

Outro asunto sobre o que seguen esperando é a eliminación de barreiras arquitectónicas e a construción dun ascensor.
 
 
- La Voz de Galicia.-
 

lunes, 14 de noviembre de 2016

Comunicado convocando á participación nas mobilizacións estudiantis día 24 de novembro

 
 

 
 

Comunicado convocando á participación nas mobilizacións estudiantis día 24 de novembro.-



     A Federación Comarcal de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra acordou manifestar o seu total apoio ás mobilización contra a LOMCE e contra as REVÁLIDAS convocadas para o vindeiro xoves día 24 de novembro.

     Consecuentemente acordamos sumarnos aos acordos adoptados pola Confederación ANPAS GALEGAS e facer púbico o comunicado que se xunta, no que se fai unha chamamento a todas as familias con fillas e fillos, tanto na educación primaria como na secundaria, para que o día 24 non asistan ás aulas e  secunden a FOLGA convocada polas organizacións estudantís.

     Estamos absolutamente convencidos da oportunidade e a necesidade de organizar unha gran mobilización social que faga entender aos políticos, e concretamente á totalidade do Parlamento Español, que é IMPRESCINDIBLE SUPRIMIR AS REVÁLIDAS E DERROGAR A LOMCE de xeito inmediato.
    Por outra banda, promesa feita en campaña electoral por todos os partidos políticos excepto o PP, é dicir pola MAIORÍA ABSOLUTA DO PARLAMENTO ESPAÑOL, por iso debemos recordarlles que as promesas electorais fanse para cumplilas, non por pura demagoxia oportunista.

     É o momento de parar os graves prexuizos que a peor lei educativa da historia do estado Español xa está a provocar nas nosas fillas e fillos (exclusión social, discriminación, ideoloxización, desmotivación, etc...). por todo iso pedímosvos a máxima difusión desta convocatoria e a máxima participación nas mobilizacións. Recordade que o futuro das nosas fillas e fillos depende de nós e da nosa capacidade de facernos escoitar



                                                   ELIMINACIÓN DAS REVÁLIDAS!!!           
  
                                                   DERROGACIÓN DA LOMCE XA!!!!!


Federación Comarcal de ANPAS de Centro Públicos de Ferrolterra.

Proposición Zona PEONIL .-




- PROPOSTA de ZONA PEONIL –

- Rúa Galego Soto -

 
-  Esta Anpa Sofía Casanova propón iniciar un DEBATE e CONSULTA sobre a posibilidade de converter este espazo, Rúa Galego Soto, nunha ZONA PEONIL,  ESTUDANTIL e LIBRE do tráfico rodado.

Pedimos unha entrevista para ter a opinión e consulta profesional do Colexio de Arquitectos- Ferrol, ademais dun informe do Concello de Ferrol co obxecto de transformar este Vial nun lugar PEONIL e usos sociais sen o tráfico rodado e considerando a súa viabilidade pola ausencia de vivendas.

 
-      Reciba os nosos agradecementos e  cumprimentos .-
 

                   Ferrol, a 8 de Novembro  de 2016 .-

             - Anpa .-

jueves, 10 de noviembre de 2016

FOLGA ESTUDANTES - Feanpas-26 Outubro.-

O Sindicato de Estudantes salienta o

"éxito rotundo"da folga contra a Lomce.

A xornada de folga e de mobilizacións convocada na xornada de onte polo Sindicato de Estudantes para esixir a derrogación da Lomce e das reválidas contempladas na actual lei educativa foi, en palabras dos membros da devandita organización estudiantil na comarca de Ferrolterra, "un éxito rotundo".
 
O Sindicato de Estudantes salienta o "éxito rotundo" da folga contra a Lomce       
        

 
                                                                           

A xornada de folga e de mobilizacións convocada na xornada de onte polo Sindicato de Estudantes para esixir a derrogación da Lomce e das reválidas contempladas na actual lei educativa foi, en palabras dos membros da devandita organización estudiantil na comarca de Ferrolterra, "un éxito rotundo".
Ao masivo seguimento da folga dos alumnos do ensino secundario –nivel no que estaba convocada a folga–, que se sitou, segundo os convocantes, nunha media do 95% na meirande parte dos centros, houbo que sumar tamén o apoio de todas aquelas familias que optaron por non enviar os seus fillos ao colexio nas estapas de Infantil e Primaria respaldando así o chamamento da Confederación Galega de Anpas de centros públicos e a Ceapa a nivel estatal.
Xunto ás imaxes de aulas baleiras, a sesión reivindicativa quedou reflectida tamén nas rúas de moitas vilas e cidades, tomadas polas manifestacións en contra dunha lei educativa que desde a súa aprobación cos únicos votos dos Partido Popular topouse co rexeitamento absoluto dunha gran parte da comunidade educativa.

- Manifestación

 En Ferrol, centenares de persoas –700 segundo as cifras da Policía e arredor de 3.000 según os convocantes– secundaron a marcha iniciada pasadas as doce do mediodía desde o edificio administrativo da Xunta, na Praza de España, para rematar na da Constitución, no Cantón.
Con lemas como "En defensa dun ensino público de calidade" ou "Fóra as reválidas franquistas" plasmadas nas pancartas e proclamas a viva voz en contra dos recortes e as políticas educativas do PP – "menos corrupción, e máis educación...", entre as entoadas polos manifestantes– foise desenvolvendo unha acción que reuniu a estudantes, sindicatos, políticos e familias.
Ao remate, na lectura do manifesto, o colectivo estudiantil reiterou o seu rexeitamento as reválidas que van en contra da mocidade e das familias traballadoras. Para o Sindicato de Estudantes, o decreto aprobado polo goberno en funcións do PP para a implantación este mesmo curso das reválidas en 4º de ESO e 2º de Bacharelato supoñen "multiplicar a actual selectividade por tres, establecendo así un triple filtro co que expulsará a centos de miles de xóvenes de entre 15 e 17 anos" do sistema educativo. Denuncian ademais a inxustiza que supón o feito de supeditar a estes exames a obtención duns títulos que xa están sometidos a unha avaliación continua por parte do profesorado.
Quixeron facer tamén un chamamento aos sindicatos de profesores para que loiten por un ensino público de calidade poñendo fin a uns recortes que nos últimos anos supuxo tamén unha merma importante de persoal docente no sistema educativo.
Onte, no marco da xornada de protesta, segundo se informou desde o Sindicato de Estudantes, tamén tivo lugar unha concentración de estudantes no IES Fernando Esquío de Neda.

 Plataforma galega .-
 
 A xornada de mobilizacións contra a Lomce e as reválidas completouse, na cidade naval, coa concentración convocada pola tarde, tamén diante do edificio administrativo da Xunta, pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público.
Javier Sánchez, presidente da Federación de Anpas de centros públicos de Ferrolterra e da Confederación de Anpas Galegas reiterou onte a necesidade de derrogar a Lomce e con ela unhas reválidas que están a causar unha gran inquedanza e incertidume entre o alumnado e profesorado sobre todo de Bacharelato.

- Diario de Ferrol .-


jueves, 27 de octubre de 2016

Seguimento da Folga Ensino - Contra as reválidas e Lomce.-

 
 
 
A Anpa  IES Sofía Casanova comparte a informacións de seguimento da Folga de Estudantes deste día  26 de Outubro-2016 nun exercicio de liberdade de folga.

A valoración do seguimento da folga é moi alto. 
 

 
Grupo

 
Asisten
 
FOLGA
 
TOTAL
 
%FOLGA
 
1ºA 6 16 22 72,73
1ºB 9 13 22 59,09
1ºC 3 17 20 85,00
1ºD 6 15 21 71,43
2ºA 9 17 26 65,38
2ºB 9 19 28 67,86
2ºC 5 16 21 76,19
2ªD 1  6 7 85,71
3ºA 1 27 28 96,43
3ºB 0 28 28 100,00
3ºC 1 18 19 94,74
3ºD 0  9   9 100,00
4ºA 0 22 22 100,00
4ºB 0 22 22 100,00
4ºC 0 24 24 100,00
5ºA 0 29 29 100,00
5ºB 0 27 27 100,00
5ºC 0 15 15 100,00
5ºD 0 14 14 100,00
6ºA 0 29 29 100,00
6ºB 1 24 25 96,00
6ºC 0 16 16 100,00
6ºD 0 21 21 100,00


-  Esta Anpa felicita ao alumnado deste centro por participar nesta mobilización e a reivindicación da calidade educativa.




- Informamos o  seguimento desta FOLGA convocada polo Sindicato de Estudantes e apoiada polas Anpas Ferrolterra.









Saúdos
 

- Anpa .-




miércoles, 26 de octubre de 2016

PREMIO EXTR. BACHARELATO - SOFIA CASANOVA - PARABÉNS

- Diario de Ferrol -
 
O IES Sofía Casanova e Canido, premios extraordinarios de bacharelato deste curso

 Os institutos ferroláns, IES Sofía Casanova e Canido, foron galardonados cos premios extraordinarios
de bacharelato para este curso que concede a Consellería de Educación.

Redacción Ferrol 25 de Outubro de 2016.-

  Os institutos ferolanos IES Sofía Casanova e Canido foron galardonados cos premios extraordinarios de bacharelato para este curso que concede a Consellería de Educación.
Cada premio está dotado cunha cuantía de mil euros e os alumnos galardonados poderán estar exentos por un ano do pago de a matricula.

   Os premios extraordinarios de bachillerato correspondentes ao curso 2015/16, teñen como obxectivo recoñecer a excelencia educativa do alumnado galego .
Estes galardones, un total de 20, van dirixidos ao alumnado que nos dous cursos de bachillerato obtivo unha cualificación final promedio igual ou superior a 8,75 e que logrou as mellores cualificacións nas probas realizadas para optar a devanditos premios.

  Ademais, os aspirantes realizaron unha proba estructurada en dous partes: a primeira consistente na análise e comentario crítico dun texto de carácter xeral, histórico, filosófico e literario e na resposta a cuestións de carácter cultural e lingüístico sobre un texto na lingua estranxeira cursada polo alumnado como materia común de bacharelato. Na segunda parte desenvólvense temas, respostas a cuestións ou exercicios prácticos dunha materia propia da modalidade e cursada polo alumnado.

  Cada premio está dotado cunha cuantía de 1000 euros e o alumnado que obteña o premio poderá estar exento, durante o primeiro ano e por unha soa vez, do pago dos prezos públicos por matrícula no primeiro curso dos estudos superiores nun centro público.
 Ademais supón a anotación da distinción no seu expediente académico, un diploma acreditativo e outorga a posibilidade de concorrer aos premios nacionais de bachillerato.

- Diario de Ferrol .-
 

martes, 25 de octubre de 2016

CONVOCATORIA CONCENTRACIÓN .-





    Esta ANPA SOFIA CASANOVA  vai participar na CONVOCATORIA de CONCENTRACIÓN deste mércores-26 ás 19 horas  na Edif. da Xunta de Galicia.
 
   Tamén participarán as familias de 4º da ESO que rexeitan a futura REVÁLIDA e as familias de 2º BACH para expresar a súa preocupación pola falla de información e instrucións respecto a que probas van realizar en sustitución da antiga selectividade, métodos concretos e materias,
 
    Como xa saberedes este ano remata a implantación da LOMCE no ensino, unha lei neoliberal que entende a educación como un negocio para uns poucos e entre outras moitas perversidades e anti-democráticas (segregación por sexo, liquidación dos consellos escolares, imposición da relixión como materia curricular, invasión de competencias propias das comunidades autónomas, etc...) utiliza as revalidas como medio para clasificar ao alumnado dende edades temperás e impedir á maioría chegar ás universidades.
 
MOBILIZACIÓN - NON A LOMCE
     Neste curso, ademais das revalidas de primaria, se celebrarán as reválidas de 4º da ESO e 2º de Bacharelato e, ademáis, se suprime a selectividade. O curso xa comezou e o Goberno Galego aínda non impartiu instrucións sobre a problemática reválida de 2º de bacharelato, polo que @s alumn@s que pretendan acceder a universidade o próximo curso aínda non teñen nin idea da materia obxecto de exame, nin tipo de exame que terán que superar para acceder á universidade, nin se terán un único exame para todas as universidades ou non. Un absoluto despropósito que produce unha ansiedade terrible no alumnado nun curso trascendental para o seu futuro.

     A FEANPAS loita contra a LOMCE dende que esta perversa lei era un mero proxecto, e continuará loitando ate conseguir a súa completa DERROGACIÓN, non so as revalidas, se non toda a lei.

     CONVOCAMOS  a todas as familias á CONCENTRACIÓN que celebraremos a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público o mesmo mércores día 26 de outubro ás 19 horas fronte ao edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol.

                                        NIN LOMCE!!!       NIN REVÁLIDAS!!!
 
 
 

viernes, 21 de octubre de 2016

Días NON LECTIVOS.-





 Curso 2016-2017



 
 Segundo acordo do Consello Escolar, os días do presente curso:   

 5 de decembro de 2016,

 2 de maio de 2017,

serán non lectivos para o IES Sofía Casanova .

MOBILIZACIÓNS - NON AS REVÁLIDAS NIN LOMCE .-

 
 
- CONCENTRACIÓN -
 
- NON AS REVÁLIDAS -
 
    A Xunta Directiva de FEANPAS en reunión ordinaria celebrada o día 20 á tarde ao respecto das mobilizacións convocadas tanto pola PLATAFORMA GALEGA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO como polo SINDICATO DE ESTUDANTES, acordou:
 

     -- MANIFESTAR o apoio á folga do ENSINO EN SECUNDARIA convocada polo Sindicato de Estudantes e convidar a todas as familias a participar na MANIFESTACIÓN convocada polo SE na mañá do mércores día 26 de outubro.

     -- CONVOCAR a todas as familias á CONCENTRACIÓN que celebraremos a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público o mesmo mércores día 26 de outubro ás 19 horas fronte ao edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol.

     Como xa saberedes este ano remata a implantación da LOMCE no ensino, unha lei neoliberal que entende a educación como un negocio para uns poucos e entre outras moitas perversidades e anti-democráticas (segregación por sexo, liquidación dos consellos escolares, imposición da relixión como materia curricular, invasión de competencias propias das comunidades autónomas, etc...) utiliza as revalidas como medio para clasificar ao alumnado dende edades temperás e impedir á maioría chegar ás universidades

     Neste curso, ademais das revalidas de primaria, se celebrarán as reválidas de 4º da ESO e 2º de Bacharelato e, ademáis, se suprime a selectividade. O curso xa comezou e o Goberno Galego ainda non impartiu instruccións sobre a problemática reválida de 2º de bacharelato, polo que @s alumn@s que pretendan acceder a universidade o próximo curso ainda non teñen nin idea da materia obxecto de exame, nen tipo de exame que terán que superar para acceder á universidade, nin se terán un único exame para todas as universidades ou non. Un absoluto desproposito que produce unha ansiedade terrible no alumnado nun curso trascendental para o seu futuro.
 




 

     A FEANPAS loita contra a LOMCE dende que esta perversa lei era un mero proxecto, e continuará loitando ate conseguir a súa completa DERROGACIÓN, non so as revalidas, se non toda a lei. Por iso vos pedimos a máxima difusión deste correo e o máximo apoio posible ás mobilizacións do día 26.


 
   

 
 
 

      
 
                           NIN LOMCE!!!        NIN REVÁLIDAS!!!

 
 

     Un saúdo

    Javier Sánchez
    Presidente da FEANPAS