MANIFESTACIÓN CONTRA OS RECORTES DO ENSINO
-ENSINO PÚBLICO DE CALIDADE-
Esta ANPA do Sofía Casanova quere manifestar o seu rexeitamento ós recortes do ensino anunciados polo Ministro Wert, disminuindo un 22 % a partida dos Presupostos de Educación que representa 3.000 millóns de euros, o endurecemento e redución de Bolsas do alumnado, encarecemento das diferentes Taxas universitarias que representa un claro perxuízo as familias máis humildes e unha volta a educación clasista e segredadora dos anos 70.
Lembramos ca ratio das aulas estarán nos 30 alumnos/as, podendo ampliar por lei a 35 alumnos e alumnas polo que entendemos unha clara masificación en prexuízo da calidade educativa.
Despido de 100.000 docentes en todo o Estado xunto a precariedade laboral, segundo denuncian as centrais sindicais de educación.
Esta ANPA denuncia este retroceso na calidade educativa polo que rexeitamos estes "Recortes no ensino" e apoiamos a MANIFESTACIÓN do vindeiro DOMINGO-29 contra os RECORTES PÚBLICOS, así como na seguinte
Manifestación do 1º de MAIO.
Esperamos a participación de todas as Nais e Pais dos centros públicos para saír en MANIFESTACIÓN da Praza do Inferniño.
Sairemos da antiga caseta de Turismo de Porta Nova, xunto cos compañeiros/as da
PLATAFORMA da SANIDADE PÚBLICA.
- DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO de CALIDADE.-
- Directiva ANPA Sofía Casanova.-