A folga de estudantes logra un elevado
seguimento en Ferrol, segundo os
convocantes.-
REDACCIÓN FERROL |
Actualizado 27 Febrero 2015 -
Un momento da protesta, que comezou na praza de España e foi ata a de Armas / Jorge Meis
Máis de douscentos novos secundaron onte en Ferrol a manifestación convocada polo Sindicato de Estudantes en contra da política educativa do Goberno. O portavoz da organización, Guillermo Díaz, asegurou que a maioría das aulas quedáronse baleiras nos institutos da zona e que o paro tivo un amplo seguimiento. "Protestamos porque o Ministerio de Educación está aplicando uns recortes que golpean directamente ás familias con menos recursos" dixo o representante do Sindicato de Estudantes- "queren impedir que os seus fillos consigan títulos e facer deles man de obra barata".
Xa están convocadas outras dúas xornadas de folga no próximo mes de marzo
Guillermo Díaz considerou que a política educativa actual persegue ademais poñer a formación en mans privadas, para que titularse sexa unha cuestión de pagar e estea só ao alcance duns poucos. Os estudantes consideran que o novo modelo de estudos de 3 .2 (tres anos de grado e dous de máster) representará na práctica "unha barreira económica insalvable para a mayoría". No manifesto que onte se leu ao remate da manifestación, que discorreu desde o edificio da Xunta ata a praza de Armas, négase o argumento que esgrime o Goberno no sentido de que esta reforma vai supoñer un aforro para as familias. "Suporá que un título universitario que che permita acceder ao mercado laboral en condicións dignas custará entre 15.000€ e 20.000 euros", sinala o Sindicato de Estudantes.
Os convocantes teñen previsto continuar pola senda da mobilización. Para os días 16 e 17 do próximo mes de marzo están previstas outras dúas xornadas de folga. "Chamamos aos sindicatos do profesorado, a pais e a todas as organizacións e colectivos da esquerda a que salgamos todos xuntos nunha folga xeral de toda a comunidade educativa contra o 3. 2, pola derrogación de todas as contrarreformas educativas do PP e pola anulación de todos os recortes que desde que están no poder asestaron á educación pública@, terminaba o seu manifesto.
- Diario de Ferrol.-
|