lunes, 30 de diciembre de 2013

Bo aninovo-2014.-

 
 
 
 
 
 
  Desexamosvos un mellor
 
 aninovo - 2014.
 
 
 
 
 
 
 
 
 - Xunta Directiva .-
 
 
 


Constitución Confederación ANPAS Galegas.- 14 Decembro-

 

"Entendemos a ANPA como entidade de participación, non como prestadora de servizos"

ENTREVISTA P.C.R. | Actualizado 14 Diciembre 2013 -                               
 

 
                                            

Javier Sánchez é o presidente da Feanpas de Ferrolterra luis polo
                                                                                                                                        
Javier Sánchez é o presidente da Feanpas de Ferrolterra luis polo



                                               
 
A unión fai a forza e con este obxectivo de sumar esforzos e sinerxias na defensa da educación pública galega vén de constitituirse a Confederación de Anpas Galegas. A Federación de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos de centros públicos de Ferrolterra forma parte do colectivo, no que tamén están a de Cangas, Compostela, Costa da Morte, Ponteareas, Val Miñor, Vigo e a provincial de Lugo –en total suman unhas 300 asociacións–.

  "O obxectivo principal é que todo o traballo conxunto que desde hai anos vimos facendo diferentes federacións locais e comarcais da comunidade teña agora repercusión a nivel galego. Levabamos traballando xuntos desde hai varios anos, con contactos periódicos e actuacións conxuntas, polo que decidimos unirnos e facer unha soa voz ante as administracións e ante a sociedade en xeral".
Así o explica Javier Sánchez, presidente da federación local, quen defende con gran convicción o importante papel das nais e pais na educación dos seus fillos. "As familias temos moita capacidade de influencia ante as administracións e sobre todo ante o poder político", di.
Por iso, a súa acción é fundamental para intentar conseguir melloras nun sistema educativo marcado na actualidade polos recortes nos orzamentos públicos e por medidas políticas que, como a Lomce (Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa), motivaron nos dous últimos anos numerosas protestas.
 
lomce

 A Federación de Ferrolterra, da que forman parte unhas 40 anpas, vense mobilizando dentro da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, un dos dous colectivos  xurdidos a raíz das cuestionadas medidas do ministro José Ignacio Wert . "Houbo quen nos quixo vincular a unha ideoloxía partidista por estar dentro desta plataforma –na que tamén están sindicatos como a CIG Ensino ou  partidos políticos como o BNG–, e iso non é certo, xa que as anpas  somos totalmente heteroxéneas na súa formación pero cuns intereses comúns, que son os nosos fillos e o sistema educativo que teñen", di.
Como Federación, a que Sánchez preside está na devandita plataforma por coincidir cos seus obxectivos. "Queremos un modelo de ensino público galego, laico, descentralizado... pero sobre todo galego", incide.
Ao seu xuízo, a Lomce supón un "retroceso bestial, mercantiliza a educación e permite, entre outras cousas, a segregación do alumnado por sexo, o que é claramente anticonstitucional".
Por iso, e dentro da Confederación de Anpas Galegas, traballarase xa desde agora para acadar un consenso de cara a aprobar "unha verdadeira lei educativa" no momento no que haxa un cambio no poder e se derogue, tal e como se comprometeron todas as forzas políticas  do Congreso agás o Partido Popular, a normativa aprobada hai unas semanas, apunta Sánchez.
 
dúas confederacións-


 A partir de agora, o novo colectivo galego de Anpas terá que convivir na comunidade coa xa existente desde hai anos, a Confederación Galega de Anpas de Centros Públicos (Confapa-Galicia). A diferencia entre as dúas, explica Sánchez, é que "temos formas diferentes de traballar. Nós temos un concepto de Anpa como entidade participativa e que ten que estar presente na vida educativa, pero non como prestadora de servizos, senón como interlocutora e mediadora das familias co centro. É certo que a nivel galego ata agora había unha soa voz, a de Confapa, pero tamén había outras voces que estaban ocultas e que agora tamén se escoitarán", afirma.

 Neste sentido, fai alusión a temas como os bancos de libros de texto impulsados desde as asociacións de pais para atender ás necesidades das familias logo da supresión por parte da Xunta do sistema de gratuidade universal ou a xestión dos comedores escolares. "Aínda que se é necesario e non queda outra alternativa, préstase o servizo, nós consideramos que isto ten que facelo a Administración e aínda que nós o fagamos de xeito paliativo, ese non é no noso obxectivo, e isto ten que cambiar", apunta Sánchez. Como mudou, lembra, hai varios cursos, o modelo de xestión de comedores escolares na cidade ferrolá. De ser xestionados polas Anpas, que en moitos casos chegaron a verse desbordados nesta tarefa, conseguiuse que fose o Concello de Ferrol, en colaboración coa Xunta, a que se fixese cargo dos mesmos. Esta experiencia local está  a servir agora de modelo para outras Federacións comarcais da comunidade. "Son servizos educativos complementarios que oferta o propio centro e que deben estar xestionados e controlados pola propia administración" apunta.
Na axenda de traballo da entidade que preside Sánchez está tamén a posible creación dunha nova Federación de Anpas con asociacións das comarcas de Eume e do Ortegal.
 
- Diario de Ferrol.-
Entrevista Presidente Fanpas.-