Folga ensino
24 de Outubro-2013
Manifa de rexeitamento a LOMCE este xoves-24 na cidade de Ferrol coa participación dos traballadores do sector naval, cun seguimento de máis do 90 % do alumnado de ensino público.
|
Ola amigos!
Xa non vos chamo rapaces, porque, aínda que sodes xoves, non parece moi serio este cualificativo. De novo estou aquí para informarvos das actividades da nosa biblioteca.
Esta vez quero invitar a profes, exprofes, pais, nais, avós de alumnos e de profes, persoal non docente e, en xeral, á gran familia do Sofía a participar nesta nova iniciativa: un Club de Lectura pensado especialmente para todo os adultos.
A nosa primeira sesión de presentación da actividade será o martes 29 de outubro ás 18,15 na biblioteca.
Nela concretaremos as datas -que pensamos que pode ser o último martes de cada mes- e as suxestións de lecturas, nas que estamos a escoitar as vosas preferencias.
Sabedes que queremos que sexan o máis atractivas e variadas posibles, así como facilitarvos os exemplares dende aquí.
O Club dirixirano os profes Iñaki Tomás e Pilar Berrio, coa colaboración doutros que queiran anotarse.
Non o dubidedes máis.
Amantes dos libros, estades convidados a noso novo
CLUB DE LECTURA DE ADULTOS.
Apertas: Socas.
WEB : IES Sofía Casanova.-
|
Xa sei que me botabades de menos.
A mín e as nosas sesións do Club de Lectura.
Pois estades de sorte. Xa non tedes que agardar demasiado.
O vindeiro martes, día 8 de outubro, ás 15,30, daremos o pistoletazo de saída á nova tempada, a que fai o número catro.
E por suposto, os que queirades quedar a xantar vémonos as 14,10 na biblio.
Así que agardovos a todos, en especial ós novos, tanto de 1º de ESO como de 1º de BAC. que teñades interese polas boas historias.
Tedes unha cita mensual cos libros e con outros lectores, para poñer en común vivencias e opinións. Non vos arrepentiredes.
Estou desexando volver vervos a todos e que me contedes cal foi o voso libro de cabeceira durante as pasadas vacacións.
Apertas: SOCAS
|
LUNS 21 de OUTUBRO
| ||
16:30 | 1º Bach. | |
16:45 | 2º Bach. | |
17:00 | 1º ESO | |
17:15 | 2º ESO | |
17:30 | 3º ESO | |
17:45 | 4º ESO |