sábado, 22 de octubre de 2011

Concentracion contra os "recortes" da Xunta

 

A Comunidade educativa mobilízase

contra os recortes no ensino público.

 redacción > ferrol
  O calendario de mobilizacións deseñado polas organizacións sindicais en defensa do ensino público galego e en contra dos recortes executados en esta materia polo actual goberno da Xunta de Galicia continuou onte nas principais cidades e vilas da comunidade coa celebración de diferentes concentracións. En Ferrol, a convocatoria, moi concurrida, tivo lugar ás oito da tarde diante do Edificio Administrativo da Xunta, na praza de España.
Alí, profesores, pais e alumnos deixaron sentir o seu malestar polas actuais políticas educativas do goberno autonómico do Partido Popular, con actuacións como o aumento da carga lectiva do profesorado, coa conseguinte redución do número de docentes con respecto ao pasado curso ou os agrupamentos das aulas.
 
A concentración foi convocada na cidade polos sindicatos CIG-Ensino, CCOO, UGT e STEG, e secundada tamén pola Federación de Anpas de centros públicos de Ferrolterra así como por outros colectivos sociais como Fuco Buxán. De feito, desde os diferentes ámbitos salientaron a importancia da implicación de toda a cidadanía á hora de demandar “un ensino público de calidade”. A secretaria comarcal da CIG-Ensino, Antonia Martínez, aseguraba a este xornal que “a situación é moi grave, a máis grave nos últimos 20 ou 30 anos”.


En relación ás políticas da Xunta, afirmou que constitúen “un ataque directo a todos os servizos públicos, nun claro intento de privatización”, sinalando que os máis afectados por estes recortes son, sen dúbida os alumnos.

Tamén desde a área de Ensino de Comisións Obreiras na cidade destacouse a necesidade de defender o ensino público, criticando, entre outras cuestións, o aumento do número de profesorado obrigado a impartir materias das que non son especialistas. “Búscase tamén o diálogo coa Consellería de Educación, xa que o conselleiro está a tomar as decisións de xeito unilateral”, afirmou Emilia Veiga, do devandito sindicato.
 

Pola súa banda, o presidente da Federación de Anpas de colexios públicos de Ferrolterra, Javier Sánchez, lamentou que cos recortes do goberno autonómico afecten, entre outros moitos aspectos, á reducción na atención ao alumnado con necesidades educativas especiais así como á diminución dos reforzos e apoios educativos ou á imposibilidade de atender tarefas tales como a dinamización nas TICs ou a atención ás bibliotecas escolares.
Sánchez destacou o papel que nestas reivindicacións teñen que xogar as familias, “pois se queremos un ensino de calidade, temos que esixir as ferramentas adecuadas para conseguilo, pois do contrario, os que máis prexudicados saen son os nenos, que son o futuro da sociedade”, dixo.

Manifesto -
 
No decurso da concentración de onte, leuse un manifesto, consensuado por todos os sindicatos convocantes, no que se reclamou un cambio da política educativa e da actitude da Consellería, anunciando que “non imos parar de mobilizarnos até conseguir parar esta agresión sen precedentes”.
A imposición do incremento do horario lectivo que se traduciu, entre outras cousas, en que moitos profesores teñan que impartir materias que non son da súa especialidade ou que en toda a comunidade se reduciran máis de mil profesores foron tamén obxecto de crítica.

O calendario de mobilización rematará o vindeiro día 25 cun referendo “para facer visible a opinión do profesorado contra dos recortes, da ampliación do horario lectivo e da imposición de funcións que non lle son propias.

Tamén o vindeiro sábado día 22 terá lugar unha grande manifestación en Madrid. CCOO poñerá autobuses desde A Coruña. Os interesados poderán apuntarse nas unidades comarcais.
 
 
 

viernes, 21 de octubre de 2011

Saúdo e benvida.-





Estimados/as pais e nais.-

A xunta directiva da ANPA do IES SOFIA CASANOVA, comunica que este pasado día 11 de outubro celebrouse unha ASEMBLEA de pais e nais no salón de actos deste centro educativo co obxecto de constituír e nomear unha nova directiva.
Despois de varios anos sen representación de ANPA, un grupo de nais e pais estamos determinados a retomar esta Asociación de Nais e Pais co obxectivo de reivindicar a calidade  educativa deste Centro público.

Así pois, quedou constituída a ANPA da Asociación de Nais e Pais de Alumnos do I.E.S. “Sofía Casanova” na forma que recolle os seus Estatutos polo que queremos expresar aos pais e nais a nosa dispoñibilidade para traballar por unha educación pública de calidade e os fins marcados nos estatutos en beneficio do alumnado e a comunidade educativa. Queremos dar as grazas ao profesorado e dirección do centro pola súa colaboración e facilitarmos os medios necesarios para lograr impulsar esta ANPA, así como agradecer a todas as nais e pais que forman parte desta Asociación de ANPA por súa participación.

Esta Xunta Directiva te ANIMA a formar parte desta Asociación de ANPA do I.E.S.Sofía Casanova coa intención de defender e reivindicar unha maior calidade educativa para os nosos fillos e fillas.

       Recibide os nosos saúdos e mellores cumprimentos .

Ferrol, a 19 de Outubro de 2011

* Enviamos a ficha para cumprimentar. Devolver nun sobre pechado e depositar no buzón da ANPA da entrada do Centro por medio de vosos/as fillos/as.

* A Asemblea acordou unha COTA ANUAL de 10 € .

 -     - A Directiva da ANPA - I.E.S. Sofía Casanova.-

Xunta xestora.-

Ferrol, a 3 de Outubro de 2011

          Estimadas /os nais- pais .-

Nos presentamos como nais e pais que decidimos constituírmos nunha xestora este pasado día 28 de setembro no salón de actos deste centro escolar,  despois dunha reunión convocada pola dirección deste centro, polo que agradecemos esta colaboración da dirección en aportar recursos e medios.

Estamos seguros que todas as familias coincidimos na convición de fortalecer nosos  lazos de unión e solidariedade arredor de nosos fillos e fillas co obxecto de facilitarlles unha maior calidade do ensino, así como outras actividades sociais que, de seguro,  serán de grande interese para todos/as.

Para conseguir unha maior harmonía educativa necesitamos a implicación e esforzo de todas as familias. Este primeiro esforzo consiste na necesidade de organizarnos como ANPA ”facéndonos SOCIOS/AS”.

Somos conscientes de que os últimos acontecementos superaron con creces a necesidade de ter unha “ANPA operativa” para defender os nosos intereses.

Na actualidade a verdadeira situación podemos definila como un ANPA que non ten socios/as por certo abandono e inacción, aínda que dispoñemos dos seus Estatutos vixentes e actualizados, conta bancaria con unha contía económica  que informaremos na asemblea, libros diversos de actas, contas..etc.

Por todo isto, consideramos necesario CONVOCARVOS a unha xuntanza de todos/as os pais e nais que desexen participar nesta nova reorganización da ANPA da Asociación de Nais e Pais de Alumnos do I.E.S. “Sofía Casanova”.


 Utilizando agora os formalismos destes Estatutos.

- Esta xunta xestora quere CONVOCARVOS para o día 11 de Outubro -ás 18,30 horas- no salón de Actos do IES Sofia Casanova, baixo o compromiso de facerme socio/a para poder elixir unha Xunta Directiva.

                             Orde do día


 Punto único - Elección da Xunta Directiva.-


   *  Aprobación contía das COTAS de socios/as para este curso 2011-12.




- A xunta xestora.-