martes, 25 de marzo de 2014

Xornada coa Xustiza.-


        

Alumnado do IES Sofía Casanova

asisten a unha xornada de

xuízos penais.


Delitos de tráfico, ameazas e un de abusos, a porta pechada.

Escrito por:
ferrol / a voz  25 de marzo de 2014                                           
          

           A maxistrado María Jesús García comentou as normas e problemas dos tribunais. anxo manso
  

Alumnos de 1º e 2º curso do instituto ferrolán Sofía Casanova seguiron onte a xornada de xuízos no Xulgado do Penal número 2 de Ferrol. A maxistrado, María Jesús García, baixou do estrado en varios momentos para explicar aos novos pormenores do sistema penal español e dos casos que se estaban vendo.
 
Dos sete xuízos sinalados cinco eran sobre delitos de seguridade viaria. Porque desde a última reforma do Código Penal nesta materia, infraccións como conducir con exceso de alcol ou sen carné pasaron de ser irregularidades que se resolvían cunha sanción administrativa (multa) a transformarse en constitutivas de delito.
 
Por iso, aproveitou tamén para explicar María Jesús García, que algunhas oficinas xudiciais están colapsadas e son fiel reflexo das fotografías que aparecen habitualmente nos xornais nas que ven funcionarios case ocultos entre montañas de papel.
Un dos cinco tráficos, o de Víctor M. A., é un vello infractor xa coñecido nestes tribunais. Impútaselle ir ao volante sen carné e de forma reiterada polo que a fiscal solicitou penas de prisión. De tal xeito que se é condenado terá que ingresar no cárcere.
 
Elena Gándara, que actuaba de fiscal nestas vistas, recordou que non todos son atrasos (a primeira das vistas era por un accidente con alcol do 2008 no Camiño da Revolta en Narón, que chegaba onte a xuízo, por recursos e outras demoras). Porque, explicou Gándara, implantáronse os xuízos rápidos. Algúns acusados son xulgados xa aos poucos días de cometer o delito, mercé a esta tamén recente reforma legal.
Os novos estudantes estaban acompañados polos seus profesores Carmen Aneiros (Antropoloxía) e Emilio Saldaña (Filosofía do Dereito).
Carmen explicou nun dos descansos (un xuízo era por abusos a unha moza con síndrome de Down, que a defensa negou, e que se celebrou a porta pechada por tratarse dunha persoa con minusvalía mental) destacou este tipo de actividades cos alumnos: «Vemos que a Xustiza non é unha comparsa que se move por diñeiro ou intereses».
 
Saldaña, á súa vez: « Sérvenos para que os mozos vexan a que che pode levar a mala vida.
 É importante tamén que vexan o funcionamento das institucións do Estado».

- La Voz de Galicia.-

Sofía Casanova.-

 
 
- CUADRO SOFÍA CASANOVA -
 
 
 

 
 
 
 
 







- 50 º Aniversario do Instituto IES Sofía Casanova -