- CONCENTRACIÓN -
- NON AS REVÁLIDAS -
A Xunta Directiva de FEANPAS en reunión ordinaria celebrada o día 20 á tarde ao respecto das mobilizacións convocadas tanto pola PLATAFORMA GALEGA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO como polo SINDICATO DE ESTUDANTES, acordou:
-- MANIFESTAR o apoio á folga do ENSINO EN SECUNDARIA convocada polo Sindicato de Estudantes e convidar a todas as familias a participar na MANIFESTACIÓN convocada polo SE na mañá do mércores día 26 de outubro.
-- CONVOCAR a todas as familias á CONCENTRACIÓN que celebraremos a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público o mesmo mércores día 26 de outubro ás 19 horas fronte ao edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol.
Como xa saberedes este ano remata a implantación da LOMCE no ensino, unha lei neoliberal que entende a educación como un negocio para uns poucos e entre outras moitas perversidades e anti-democráticas (segregación por sexo, liquidación dos consellos escolares, imposición da relixión como materia curricular, invasión de competencias propias das comunidades autónomas, etc...) utiliza as revalidas como medio para clasificar ao alumnado dende edades temperás e impedir á maioría chegar ás universidades
Neste curso, ademais das revalidas de primaria, se celebrarán as reválidas de 4º da ESO e 2º de Bacharelato e, ademáis, se suprime a selectividade. O curso xa comezou e o Goberno Galego ainda non impartiu instruccións sobre a problemática reválida de 2º de bacharelato, polo que @s alumn@s que pretendan acceder a universidade o próximo curso ainda non teñen nin idea da materia obxecto de exame, nen tipo de exame que terán que superar para acceder á universidade, nin se terán un único exame para todas as universidades ou non. Un absoluto desproposito que produce unha ansiedade terrible no alumnado nun curso trascendental para o seu futuro.
A FEANPAS loita contra a LOMCE dende que esta perversa lei era un mero proxecto, e continuará loitando ate conseguir a súa completa DERROGACIÓN, non so as revalidas, se non toda a lei. Por iso vos pedimos a máxima difusión deste correo e o máximo apoio posible ás mobilizacións do día 26.
NIN LOMCE!!! NIN REVÁLIDAS!!!
Un saúdo
Javier Sánchez
Presidente da FEANPAS