miércoles, 17 de abril de 2013

Charla - Debate sobre a LOMCE.-

 
 

 
- CHARLA -DEBATE da LOMCE -
 
 
 

 
   O Consello Escolar deste IES SOFÍA CASANOVA, organizou un debate sobre a futura Lei de Educación- LOMCE- no salón de actos cunha ampla representación de organizacións e sindicatos do ensino como Sindicato de Estudantes; CIG-Ensino; CC OO - Ensino; Fedración AMPAS  - CONFAPA- ; Nova Escola Galega. 
 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

 
   Os diferentes representantes coincidiron nos seus argumentos e conclusións para rexeitar esta Lei LOMCE do actual ministro de educación, Ministro Wert, que definiron como una lei retrógrada, clasista, sexista, confesional ..etc , a cal volve a tempos pasados e sobre todo non conta co requerido consenso dos axentes sociais, agás a patronal e a conferencia episcopal.
 
   Denunciaron o regreso das temidas reválidas en diferentes ciclos e idades por parte de examinadores externos que, ademáis, representa una desconfianza e desconsideración ao profesorado dos centros. Outras cuestión debatidas foron o adoctrinamento católico, prexuízo da educación pública, sistema de elección director/a dos centros a dedo polas administracións ou a eliminación da capacidade executiva dos Consellos Escolares.
 
 
 
 
 
 
   Os relatores explicaron as cambios nos ciclos de secundaria e bacharelato con as anunciadas probas de reválidas e os accesos á Formación Profesional de grao medio e superior.
 
 
 
 
 

 
   Para rematar o acto, houbo un intercambio de opinións por parte de profes e nais -país e a mesa de representantes sindicais onde quedou patente algunhas discrepancias sobre a UNIDADE de ACCIÓN nas mobilizacións de ensino de forma unitaria. Foi a guinda deste debate dende o respecto e as diferenzas ideolóxicas dentro das mesmas reivindicacións.
 
 
 
Saúdos
 

 
 

domingo, 14 de abril de 2013

CHARLA -LOMCE - IES SOFIA CASANOVA - MARTES-16


   O Consello Escolar deste IES Sofía Casanova vai organizar unha CHARLA INFORMATIVA sobre a prevista Lei de Educación - LOMCE - este vindeiro MARTES-16 ás 18,15 horas no salón de actos do IES SOFIA CASANOVA aberto aos profesores, estudantes e familiares.
 
   Esta ANPA Sofía Casanova convida a todas as ANPAS de Ferrolterra para poder debater esta cuetionada Lei de Mellora da educación coa presenza dos representantes dos sindicatos de ensino, ANPAS, estudantes  e comunidade educativa.
 
          Saúdos
 
 

IES SOFÍA CASANOVA

Consello Escolar

 


Organiza charla- debate
 
Futura lei educativa LOMCE

 
 
MARTES-16 ás 18,15 horas
 
Salón de Actos IES Sofía Casanova

 

Relatores;

 
Helena Gómez-Presidenta CONFAPA

Marcos  Abad–Sindicato ESTUDANTES

Tomás Miranda -  CC OO – Ensino

Antonia Martínez - CIG – Ensino

 

COLABORAN;

 

                                                                     
 
 
  

 

A Plataforma en Defensa do Ensino público llama a docentes, padres y estudiantes a secundar la huelga del 9 de mayo



Estimados compañeiros/as:
Hoxe, en Santiago, a Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos en rolda de prensa informou da convocatoria de folga no ensino para o día 9 de maio, e das mobilizacións contra a LOMCE que a Plataforma ten previsto realizar NAS distintas cidades galegas nos próximos días.

Envíamosvos a nota de prensa que publicou Europa Press, e o comunicado entregado pola Plataforma ós medios de comunicación.

Un saúdo.