martes, 17 de septiembre de 2013

Presentación alumnado - curso 2013-14-




 
O horario de PRESENTACIÓN :

MARTES-17  ás 11,30 h. para 1º ESO.
    "           "   ás 12,00 h. para 2º ESO.

   "            "   ás 12,30 h. para 3º ESO.
 
MÉRCORES-18     ás 11,00 h. 4º ESO.

        "            "    ás  11,30 h. 1º BACH.
       "             "    ás  12,30 h. 2º BACH.

Inicio das clases será este vindeiro XOVES-19 de Setembro-2013.



Info.- WEB IES Sofía Casanova.-

 


Curso escolar 2013-14 - IES - BACH- FP.


Arranca o novo curso para máis de 12.500 alumnos da zona de Ferrolterra.


REDACCIÓN FERROL |
Actualizado 17 Setembro 2013.-
 
 
Cinco días despois do inicio do curso 2013/2014 nos niveis de Educación Infantil e Primaria, onte deuse o pistoletazo de saída ao calendario académico en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), Bacharelato e Formación Profesional, así como noutros ensinos como as musicais ou de idiomas.
 
En todos os casos, como é habitual, as primeiras xornadas resérvanse ás presentacións, sesións informativas que adoitan cobrar maior interese entre aqueles que acceden por primeira vez ao centro educativo no que continuarán coa súa formación.
 
Entre este colectivo inclúense os novísimos alumnos de 1º de ESO, aqueles de entre 11 e 12 anos de idade que deixan atrás o colexio no que estiveron no últimos nove anos para incorporarse a un instituto no que iniciarán a etapa da ESO. Un cambio que, a xuízo dalgúns pais, é moi precoz. ¿Deberían ter a ESO nos propios colexios ou, polo menos, esperar dous cursos máis para entrar no instituto, como se facía até hai uns anos?.
Así o comentaban onte nais de alumnos que comezan 1º de Secundaria no IES Concepción Arenal, cuxo equipo directivo citou nesta primeira sesión do curso -do mesmo xeito que fixo o pasado- tanto aos nenos como ás súas familias co obxectivo de darlles a benvida e dar a coñecer o centro.
Presentacións
 
Do mesmo xeito que na Concepción Arenal, a práctica totalidade dos centros educativos da comarca abriron onte coas presentacións o plano do novo curso - o Sofía Casanova, por exemplo, farao hoxe-, un exercicio no que, segundo os datos estimados achegados desde a Administración educativa, máis de 12.500 alumnos, entre o réxime xeral e o de adultos, cursarán ensinos de ESO, Bacharelato e ciclos formativos nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.
Na primeira das etapas farano 5.855 mozos e 539 persoas polo réxime adulto, mentres que o Bacharelato será cursado por 2.814 estudantes, dos cales 737 farano polo réxime de adultos.

No que respecta aos ciclos formativos, e a falta de coñecer aínda os datos definitivos de matrícula unha vez conclúa o proceso extraordinario de admisión, róldanse xa os 3.300 alumnos. Na cidade naval, o número de matrículas seguiu incrementándose con respecto a anos anteriores. Nos dous centros integrados de Formación Profesional da cidade, o Ferrolterra e o Rodolfo Ucha Piñeiro, tamén onte viviron as xornadas de presentación.
pcpi
 
Tamén onte inaugurouse o curso, tal e como se informou desde a Consellería de Educación, nos Programas de Cualificación Profesional Inicial que na comarca de Ferrolterra cursarán máis de 320 persoas
 
Diario de Ferrol.-