viernes, 30 de mayo de 2014

Teatro no Sofía Casanova .-


O IES Sofía Casanova volve gozar do salón de actos.


REDACCIÓN FERROL | Actualizado 30 Maio 2014 -

O IES Sofía Casanova reestreou onte o seu salón de actos logo de telo durante meses inoperativo, coa representación da obra de teatro "O testamento do tío Nacho" por parte do grupo do centro, baixo a dirección do profesor Xosé Luís Paz. Celebráronse dúas representacións que se enmarcan no programa de celebración do cincuenta aniversario do instituto.
 
 
Un intre da obra “O testamento do tío Nacho” d. alexandre
 O salón de actos permanecera pechado desde finais do curso pasado, cando se desprendeu parte do teito durante a celebración dunha actividade.
Finalmente foi en marzo pasado cando a Consellería de Educación anunciou un investimento de 20.000 euros para realizar a oportuna reparación e devolver ao instituto este espazo.

No marco da celebración do cincuenta aniversario de vida do instituto "feminino", hoxe recibirán as súas orlas os 62 alumnos que forman parte da promoción que este ano termina segundo de Bachillerato.
O acto será ás cinco da tarde e finalizará coa actuación do grupo Taller de Música Moderna do Conservatorio de Ferrol. A formación intégrana sete alumnos de sexto curso do "Xan Viaño", dous dos cales forman parte, ademais, da promoción que celebra a súa despedida do instituto Sofía Casanova.

 Os actos polo 50 aniversario continuarán no próximo mes de xuño, entre outras actividades, cunha exposición de fotografías sobre Sofía Casanova e con dúas charlas achega da historia da educación en Ferrol e do propio centro.

jueves, 29 de mayo de 2014

Celebración 50º Aniversario - IES Sofía Casanova.-



CELEBRACIÓN DO 50º ANIVERSARIO DO IES SOFÍA CASANOVA

 

   Arranxadas as obras de substitución da cuberta do salón de actos, xa dispoñemos deste espazo para continuar coa celebración dos actos programados para conmemorar o 50º aniversario do noso instituto. Son os seguintes:
     
    - 29 de maio (xoves): posta en escena da obra O testamento do tío Nacho, dirixida  polo profesor Xosé Luis Paz e interpretada polo grupo de teatro do noso centro.

   Terá lugar co seguinte horario e distribución de grupos:

 

Grupos

Horas

1º, 2º e 3º da ESO (agás 3º A)

De 10.00h. a 11.20h.

4º da ESO (agás 4º B), 1º de BAC e PCPI

De 12.00h. a 13.20h.

 
Póla tarde, ás 17.15h. haberá unha sesión para as família.
     
(3º A e 4ºB acudirán ao Teatro Jofre  de 12.00h a 13.20h. para asistir á representación da obra Con pelos na língua, acto organizado pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra).

 - 30 de maio (venres): titulación da promoción do 50º aniversario  do IES Sofía Casanova.

 - 3 de xuño (martes pola tarde. De 16.45h a 18.10h): fotobiografía da escritora que lle dá o nome ao noso instituto,  impartida pola nosa antiga compañeira Charo Martínez e titulada: “Un percorrido pola vida de Sofía Casanova”. Asistirán os seguintes grupos: 1º, 2º e 3º da ESO.

 - 13 de xuño (venres. De 11.00 a 12.10h. ): conferencia a cargo do noso recentemente xubilado compañeiro Guillermo Llorca Freire. Fará unha “Aproximación á historia da educación en Ferrol” para  o alumnado de 4º da ESO, 1º de bacharelato e o PCPI.

 - 18 de xuño (mércores. Ás 17.00h.). Para presidir o acto central, ao que está convidada toda a nosa comunidade educativa e antigas compañeiras e compañeiros e alumnas e alumnos, contaremos coa presenza do alcalde, José Manuel Rey Varela, que xa  confirmou a súa asistencia, e con representación da Consellería de Educación, da Universidade e da ANPA do noso instituto.

 - A que foi directora do centro durante oito anos, ademais de investigadora e escritora, Ana Romero Masiá, impartirá unha conferencia titulada “De Camilo a Sofía”.

 - O acto comezará coa interpretación dun Divertimento de Haydn, a cargo do grupo de cámara integrado polas nosas alumnas Andrea Trillo Sanmartín (promocionou este ano) e  Inés Amarelo García (rematou o ano pasado) e por Sabela Huges (ex-alumna do IES Carvalho Calero) e Carolina Rosario (alumna das Discípulas).

 Poderemos disfrutar da proxección dunha curta documental elaborada por alumnado e profesorado do noso centro coa colaboración da produtora Gaitafilmes, onde se fará un percorrido polo centro e no que se recollen entrevistas realizadas a distintos membros da nosa comunidade educativa.

 A actuación do grupo Raparigos, co ex-director do instituto Xoán Rodriguez Silvar, pechará un acto que confiamos estea á altura dun centro que goza de tan longa tradición na nosa cidade de Ferrol.

     - A comisión do 50º aniversario do IES Sofía Casanova


Antía López García

Pilar Berrio Martín-Retortillo

Ana Seco Orosa

Guillermo Ferrández Rivera

Ánxela Loureiro Fernández

Ángeles Doce Lamas

Eugenia Lorenzo Casal

Emilio Hermida Yánez

José Luis Paz Rivera

José María Orbaneja Orjales

Teresa Sebio Puñal

Xaquín Rodiles Lamas

Román Bravo Díaz

Ana Foira Ares

Laura Suárez Llano



Letras galegas - 2014 .-

 
 
- Exposición fotos das Letras Galegas -2014 -