O Sofía Casanova cobre as prazas de 1º
de ESO cos alumnos dos Ceips adscritos.
Venres, 13 de Abril de 2012.
p.c.r. > ferrol
Do mesmo xeito que os colexios, os institutos da cidade pechaban o pasado martes día 10 o prazo de presentación de solicitudes de admisión para o próximo curso académico. Un procedemento que, tal e como se recolle na orde que o regula, ...

...."aplicarase a aqueles alumnos e alumnas que acceden por primeira vez aos centros docentes públicos ou privados concertados para cursar ensinanzas de educación infantil, primaria, educación secundaria obrigatoria e ao bacharelato". Nestes procesos de admisión, en caso de non haber prazas suficientes para atender toda a demanda, ten prioridade o alumnado que proceda dos centros adscritos. No caso do IES Sofía Casanova, tres son os ceips que teñen esta consideración: o Esteiro, o Ponzos e o Recimil (este último desde este curso, xa que antes adscribíase ao antigo Marqués de Suanzes ?agora CIFP Ferrolterra? que na actualidade só oferta estudos de FP. Tras esta reforma, decidiuse adscribir o CEIP Recimil tanto ao Sofía Casanova como ao IES Concepción Areal).
Así pois, cos alumnos destes tres centros que optaron por iniciar a etapa de ESO no Sofía Casanova, o instituto cubriu todas as prazas ofertadas neste nivel para o exercicio académico 2012/2013.
Tres liñas.-

Unhas vacantes que se sitúan nun total de 90, xa que precisamente fai unhas semanas a Consellería de Educación autorizaba a concesión de tres liñas en ESO (tres aulas cun máximo de 30 alumnos por curso, o que suma doce grupos en total) tanto no Sofía Casanova, como no Concepción Arenal e o Saturnino Montojo. Ata agora, todos eles tiñan un máximo de 10 unidades para os catro cursos de ESO, que cada un distribuía en función das necesidades.
No caso de primeiro de Bacharelato, e como é habitual todos os anos, o centro recibe alumnado procedente en moitos casos de centros concertados.
No IES Saturnino Montojo recibíronse 59 solicitudes para 1º de ESO. Nun principio ofrecíanse 60 prazas, unha cifra que verase incrementada a 90 tras a concesión de tres liñas por parte da Administración educativa galega.
Desde o propio instituto sinalaron que o anuncio da Xunta chegou xa iniciado o proceso de admisión, polo que se espera que, tras a comisión de escolarización, increméntese o número de alumnado.
Para 1º de Bacharelato, á marxe dos alumnos que acceden desde 4º de ESO, rexistráronse 14 novas solicitudes.
O terceiro dos centros que se verán beneficiados polo incremento a tres liñas en ESO é o IES Concepción Arenal, no que recibironse 61 solicitudes para as 90 prazas ofertadas en 1º de Secundaria.
De todos os xeitos, espérase que cheguen, como outros anos, máis alumnos da comisión de escolarización, sobre todo porque, segundo informouse desde o propio instituto, "moita xente fai a solicitude fóra de prazo".
Para iniciar o nivel de Bacharelato, as peticións eleváronse a case un centenar, 28 das cales formalizáronse na modalidade de Artes plásticas, deseño e imaxe, que o centro oferta de forma exclusiva en toda a comarca de Ferrolterra.
Incremento.-

Outro dos centros que máis solicitudes recibiu para 1º de ESO foi o IES de Canido, onde as 58 inscricións formalizadas reflicten o importante incremento rexistrado con respecto ao pasado ano. De feito, o centro viuse obrigado a baremar, xa que o número de solicitudes recibidas superou ás 41 prazas ofertadas. Para o primeiro curso de Bacharelato, contáronse 13 peticións para 17 vacantes.
Menor foi a demanda de praza en institutos como Catabois (25 para 1º de ESO), IES Ferrol Vello (14) e Ricardo Carballo Calero (14 para o primeiro curso de Secundaria e 20 para 1º de Bacharelato, oito das cales optaron pola modalidade de Artes escénicas, música e danza que, en toda a comarca, só impártese neste instituto.

-------------------------------------------------------------------------
O número de matriculados no curso actual é idéntico ao de fai cinco anos . O número de alumnos que no curso actual deron o salto do colexio ao instituto público para iniciar a etapa de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) é idéntico ao rexistrado hai cinco anos, no curso 2007/2008: 348. Segundo os datos achegados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, esta cifra apenas sufriu variacións importantes nos cursos intermedios, xa que no exercicio 2008/2009 había 345 alumnos matriculados neste curso, por 351 ao ano seguinte e 354 en 2010. No caso dos centros concertados, as cifras movéronse entre os 313 matriculados no curso 2007/2008 aos 264 do actual (301 en 2008, 306 en 2009 e 295 en 2010). Neste caso, e a diferenza do que ocorre nos niveis de Infantil e Primaria, neste primeiro curso da ESO o número de alumnos dos institutos públicos superan aos centros concertados. En canto ao primeiros, e a tenor das solicitudes recibidas ao longo do proceso de admisión nos oito institutos da cidade -un total de 321- as cifras de matriculados neste nivel continuarán probablemente en niveis similares.. | |
Diario de Ferrol.- |