- ANPA IES SOFÍA CASANOVA -
- CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO -
A ferramenta máis eficaz para combater a desigualdade é a educación.
É imprescindible o compromiso
político e social, para evitar comportamentos machistas.
(Murais feitos polo alumnado do IES Sofía Casanova)
A que nos refirimos?
Podería resumirse nunha breve
frase, ¿ loitar contra a hipocrisía?.
Hipocrisía, cando se critica a
desigualdade no mundo laboral e non se articulan leis que impidan que unha
muller cobre o mesmo que un home ao desempeñar o mesmo traballo.
Hipocrisía, cando algún político
chega a propoñer, separar aos nenos das nenas nos colexios, con non se sabe
que posibles beneficios didácticos.
Hipocrisía, fariseísmo,
finximento, cando unha revista que pretende vender reportaxes de investigación,
utiliza como reclamo a mulleres espidas na súa portada. Esta idea, podería ter
na súa orixe (a transición española) como inspiración, a liberdade de expresión
e sexual. Pero hoxe, en pleno século XXI, cheira simplemente a facer caixa. Así
que a suma de facer caixa, muller espida e sexo, pode dar como resultado a prostitución.
Todos coñecemos algún canle de
televisión, que aínda presumindo de progresista, ten presentadores masculinos
pouco agraciados, pero simpáticos e audaces. Nelas, o que destaca é a súa
beleza, exuberancia e pouca roupa. Será unha rareza estatística ou outra vez,
simple hipocrisía.
No deporte tres cuartos do
mesmo, animadoras, recollepelotas, azafatas,?