viernes, 9 de noviembre de 2012

Eleccións Representantes de Nais e Pais.-


ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS E TITORES/AS LEGAIS AO CONSELLO ESCOLAR 2012

CONVOCATORIA
    De acordo coa Resolución do 7 de setembro de 2012, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros de educación non universitaria (DOG do 20), a XUNTA ELECTORAL deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar,
 

SECTOR DE PAIS E NAIS DO ALUMNADO, segundo as seguintes normas:

1. De acordo co disposto no artigo 40 do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 09/08/1996), redactado conforme ao establecido na disposición adicional terceira.1 do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do 26), corresponde elixir no presente proceso electoral a 1 pai/nai, dun total de 3 que debe ter o Consello Escolar. Outro corresponde designalo a Asociación de Nais, Pais da ANPA, de forma directa.

O outro representante continúa como consecuencia da súa elección anterior no ano 2010.
2.- Son electores todos os pais e nais ou, se é o caso, os titores/as legais do alumnado matriculado no Centro e incluídos no Censo correspondente que a partir do día da data está exposto no taboleiro de anuncios. As reclamacións ao referido Censo realizaranse mediante escrito razoado dirixido á Xunta Electoral, ata as 14'00 horas do día 19 de novembro.
3.- Son elixibles os pais e nais ou, se é o caso, os titores/as legais, que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se facilitará na Secretaría do centro. As candidaturas poderán ser presentadas ata as 14'00 horas do citado día 19 de novembro.
 

4.- O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase en acto público, entre os pais/nais que non se presenten como candidatos/as, o día 20 de novembro, ás 18'15 horas. Dita mesa electoral estará composta polo/a Director/a do Centro, que actuará como Presidente/ a, e catro pais/nais ou titores/as legais, actuando de secretario/a o de menor idade.    
 
5.- A campaña electoral comprenderá dende o 22 ao 26 de novembro, ambos días inclusive. As dependencias e servizos do Centro estarán a disposición dos candidatos/as, previa petición ao presidente/a da Xunta Electoral, sempre que o seu uso non altere o normal funcionamento educativo do IES. O día 28 de novembro, véspera das votacións, non se poderá facer campaña electoral.

6.- Poderán actuar como supervisores da votación os pais/nais ou titores/as legais do alumnado matriculado no Centro que sexan propostos pola ANPA ou, no seu defecto, que estean avalados cando menos pola firma de 10 electores/as.
7.- As votacións realizaranse neste IES o día 27 de novembro, de 18'10 a 20 horas. A mesa electoral será constituída o mesmo día, en acto público, ás 18'00. horas.
 
8.- Na papeleta de votación cada elector/a fará constar un máximo de 2 nomes dos candidatos presentados (ver anexo coa normativa), debendo acreditar a súa personalidade a hora de votar, mediante exhibición do D.N.I. ou documento similar. O voto será directo, secreto e non delegado e non se admitirá o voto por correo.  
9.- Teñen dereito ao voto o pai e a nai ou, se é o caso, o titor/a legal do alumnado.

10.- Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta para ao seu envío a Xunta Electoral do Centro.

11.- A Xunta Electoral do Centro resolverá as dúbidas e reclamacións que se poidan formular.
Ferrol , 7 de novembro de 2012

O/A PRESIDENTE/A DA XUNTA ELECTORAL,

Asdo.:Juan Rodríguez Silvar

(1) Segundo proceda en cada caso.
(2) Segundo a situación particular de cada centro. Ver o artigo 42 do Decreto 92/1988.
 
ELECCIÓN DOS REPRESENTANTES DOS PAIS · EXTRACTO DA NORMATIVA
Decreto 92/1988, do 28 de abril, polo que se regulan os órganos do goberno dos centros públicos de ensino non universitario. (DOG, 29/04/88). Modificado polo Decreto 279/1990, do 27 de abril (DOG do 17 de maio) e polo Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria. (DOG, 09/08/96)



Artigo 38.-
 
(Redactado conforme ao establecido nas Disposicións adicionais do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria; DOG do 9 de agosto).
 
A representación dos pais no Consello Escolar correspóndelles a estes ou os representantes legais dos alumnos, independentemente do número de fillos escolarizados no centro. O dereito a elixir e ser elixido correspóndelle ao pai e a nai, ou, se é o caso, aos titores legais."



artigo 39.-
A elección producirase ente os candidatos admitidos e proclamados como tales pola xunta electoral. Para este efecto constituirase una mesa electoral integrada polo director do centro, que actuará como presidente, e catro pais ou titores legais, designados por sorteo público entre os que non se presenten como candidatos, actuando como secretario o de menor idade. A Xunta deberá preve-lo nomeamento de suplentes, designados tamén por sorteo. A mesa electoral encargarase de presidi-la votación, conserva-la orde, velar pola pureza do sufraxio e realiza-lo escrutinio.
Artigo 40.-
Poderán actuar como supervisores da votación os pais ou titores legais dos alumnos matriculados no centro, propostos por cada una das asociacións de pais de alumnos existentes no mesmo ou avalados para iso pola sinatura de 10 electores.
Artigo 41.-
O censo electoral deberá expoñerse no taboleiro de anuncios do centro con 10 días, alomenos de anticipación á data fixada para o acto electoral, para a comprobación e posible reclamación por parte de pais e titores legais dos alumnos.
Artigo 42.-
 
  Redactado conforme ao establecido nas Disposicións adicionais do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria; DOG do 9 de agosto).
"O voto será directo, secreto e non delegable. Cada elector, que deberá acreditala súa personalidade mediante a presentación do documento nacional de identidade ou calquera outro documento acreditativo, fará constar na súa papeleta un, dous ou tres nomes da lista de candidatos e candidatas, segundo corresponda elixir menos de tres, tres ou mais de tres, respectivamente.

 
 

Calendario eleccións Consello Escolar IES Sofía Casanova.-

CONVOCATORIA Asemblea Xeral Ordinaria


 

 
 
 

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA-

20 de Novembro de 2012

 

 

Estimad@ Soci@ ;

        A Xunta directiva che CONVOCA para participar na vindeira ASEMBLEA XERAL ORDINARIA no Salón de Actos deste Centro IES Sofía Casanova o MARTES, 20 de Novembro, ás 16,30 horas en primeira convocatoria e ás 17 horas  na segunda.

Orde do día

 

1 .- Lectura e aprobación, se procede,  da ACTA  Asemblea anterior.

 
2 .- Aprobación-Informe de XESTIÓN- MEMORIA ANUAL 2011-12.
     (Información banco de libros, demandas centro, actividades..etc)
             

3 .- Aprobación- Informe ECONOMICO exercicio 2011. 

 
4  .- Previsión económica para o exercicio 2012-13.

 
5 .- Nomeamento e renovación 1ª quenda de cargos da xunta

      directiva. Artigo 23 Estatutos.- Vicepresidente; Tesoureiro;

  1 vogal. Novas incorporacións.

 
6 .- Suxestións e preguntas.-

Información eleccións ao Consello Escolar do centro.



 
  • Esperamos a túa presenza cara a unha mellor calidade do ensino público.-
  • Aberta a NON Soci@s interesad@s.

                Saúdos

                Ferrol, a 6 de Novembro de 2012.-

 
    

                         A Presidenta                                   O Secretario

 
     

  
              Asdo. Mª Carmen DIAZ CORRAL -    - Asdo. Xosé M. SANXOÁN CAAMAÑO-