Na anterior entrada chamamos a atención sobre a saúde mentale aquí queremos deixar información sobre un proxecto pioneiro en Saúde Mental que se está a desenvolver no instituto. Debido á preocupación por estes aspectos que se viña recollendo desde diversos ámbitos da comunidade educativa, por parte do Departamento de Orientación e da dirección, pensouse en ofertar un obradoiro de Atención Emocional ao alumando que se ven celebrando desde o 17-3-2022. (Pica na imaxe para ler) .
A prensa local tamén se fixo eco desta actividade, sinalando Teresa Sebio, a directora, que esta inquietude lle fora comunicada tanto polo alumnado coma polos profesores, este foi o motivo que os impulsou na creación da actividade de Benestar Emocional, que está dirixido ós grupos de 4º da ESO e Bacharelato. O profesional encargado das sesións é Carlos de Francisco Moure, terapeuta que forma parte da Unidade de Investigación en Intervención e Coidado Familiar da Universidade da Coruña, e que ten acreditada unha longa experiencia neste ámbito, tal como se recolle nos artigos de www.ferrol360.es, do 15-3-22, e de La Voz de Galicia ,do 24 mar 2022 . Nos que se relata que esta actuación ten por obxectivos desenvolver habilidades para identificar e expresar as emocións para que o alumando sexa quen de recoñecer as súas cualidades persoais e os apoios externos, a fin de lograr unha vida sa. Nunha primeira fase falouse co alumnado voluntario e informouse ás familias da relevancia de acompañar aos fillos neste momento do seu ciclo vital. A segunda consiste na formación e o traballo grupal que se realizará ó longo de seis sesións.
Este será un programa susceptible de ser ampliado o outros cursos, unha vez se teña avaliado a experiencia. Na Aula Virtual do centro no Curso de Convivencia podemos atopar máis información.
Foto de La Voz de Galicia |
Este será un programa susceptible de ser ampliado o outros cursos, unha vez se teña avaliado a experiencia. Na Aula Virtual do centro no Curso de Convivencia podemos atopar máis información.