viernes, 10 de febrero de 2012

IES Sofia Casanova referencia do CEIP Recimil.-

O CEIP Recimil adscríbese aos

institutos Concepción Arenal

e Sofía Casanova

redacción > ferrol
 O alumnado do CEIP Recimil que a partir do vindeiro curso inicie a etapa de Educación Secundaria Obrigatoria terá como centros adscritos, é dicir, aqueles nos que terán prioridade sobre outros no proceso de admisión, os institutos Sofía Casanova e Concepción Arenal.

Ata agora, o colexio ferrolán estaba adscrito ao antigo Marqués de Suanzes(Ferrolterra), instituto que este mesmo curso convertiuse en Centro Integrado de Formación Profesional, polo que agora só imparte ciclos formativos.

A proposta de adscribirse tanto ao IES Sofía Casanova –cuxo número de alumnado tamén se viu incrementado ao acoller ao alumnado do antigo Marqués de Suanzes– como ao Concepción Arenal recibiu o pasado mércores o visto bo por parte do xefe territorial de Educación, que mantivo un encontro coa xunta provincial de directores, entre os que estiveron os representantes dos centros da comarca de Ferrolterra.

Na mesma reunión abordouse, segundo informaron fontes a este diario,  unha das queixas xeneralizadas entre os institutos da zona relativa aos curtos prazos de tempo que se dan aos centros de Secundaria entre que remata o prazo de matrícula e o comezo do curso, o que deixa pouco marxe de tempo para organizar a actividade, como por exemplo, a elaboración dos horarios.

Obras > Por outra banda, para o vindeiro luns está prevista a visita ao CEIP Recimil do xefe territorial de Educación, Indalecio Cabana, e membros da unidade técnica da Consellería de Educación para comprobar “in situ” as necesidades do centro.
 
Diario de Ferrol.-