CELEBRACIÓN DO 50º ANIVERSARIO DO IES SOFÍA CASANOVA
Arranxadas as obras de substitución da cuberta do salón de actos, xa dispoñemos deste espazo para continuar coa celebración dos actos programados para conmemorar o 50º aniversario do noso instituto. Son os seguintes:
- 29 de maio (xoves): posta en escena da obra O testamento do tío Nacho, dirixida polo profesor Xosé Luis Paz e interpretada polo grupo de teatro do noso centro.
Terá lugar co seguinte horario e distribución de grupos:
Grupos
|
Horas
|
1º, 2º e 3º da ESO (agás 3º A)
|
De 10.00h. a 11.20h.
|
4º da ESO (agás 4º B), 1º de BAC e PCPI
|
De 12.00h. a 13.20h.
|
Póla tarde, ás 17.15h. haberá unha sesión para as família.
(3º A e 4ºB acudirán ao Teatro Jofre de 12.00h a 13.20h. para asistir á representación da obra Con pelos na língua, acto organizado pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra).
- 30 de maio (venres): titulación da promoción do 50º aniversario do IES Sofía Casanova.
- 3 de xuño (martes pola tarde. De 16.45h a 18.10h): fotobiografía da escritora que lle dá o nome ao noso instituto, impartida pola nosa antiga compañeira Charo Martínez e titulada: “Un percorrido pola vida de Sofía Casanova”. Asistirán os seguintes grupos: 1º, 2º e 3º da ESO.
- 13 de xuño (venres. De 11.00 a 12.10h. ): conferencia a cargo do noso recentemente xubilado compañeiro Guillermo Llorca Freire. Fará unha “Aproximación á historia da educación en Ferrol” para o alumnado de 4º da ESO, 1º de bacharelato e o PCPI.
- 18 de xuño (mércores. Ás 17.00h.). Para presidir o acto central, ao que está convidada toda a nosa comunidade educativa e antigas compañeiras e compañeiros e alumnas e alumnos, contaremos coa presenza do alcalde, José Manuel Rey Varela, que xa confirmou a súa asistencia, e con representación da Consellería de Educación, da Universidade e da ANPA do noso instituto.
- A que foi directora do centro durante oito anos, ademais de investigadora e escritora, Ana Romero Masiá, impartirá unha conferencia titulada “De Camilo a Sofía”.
- O acto comezará coa interpretación dun Divertimento de Haydn, a cargo do grupo de cámara integrado polas nosas alumnas Andrea Trillo Sanmartín (promocionou este ano) e Inés Amarelo García (rematou o ano pasado) e por Sabela Huges (ex-alumna do IES Carvalho Calero) e Carolina Rosario (alumna das Discípulas).
Poderemos disfrutar da proxección dunha curta documental elaborada por alumnado e profesorado do noso centro coa colaboración da produtora Gaitafilmes, onde se fará un percorrido polo centro e no que se recollen entrevistas realizadas a distintos membros da nosa comunidade educativa.
A actuación do grupo Raparigos, co ex-director do instituto Xoán Rodriguez Silvar, pechará un acto que confiamos estea á altura dun centro que goza de tan longa tradición na nosa cidade de Ferrol.
- A comisión do 50º aniversario do IES Sofía Casanova
Antía López García
Pilar Berrio Martín-Retortillo
Ana Seco Orosa
Guillermo Ferrández Rivera
Ánxela Loureiro Fernández
Ángeles Doce Lamas
Eugenia Lorenzo Casal
Emilio Hermida Yánez
José Luis Paz Rivera
José María Orbaneja Orjales
Teresa Sebio Puñal
Xaquín Rodiles Lamas
Román Bravo Díaz
Ana Foira Ares
Laura Suárez Llano
No hay comentarios:
Publicar un comentario