jueves, 29 de septiembre de 2016

Prensa - Mobilidade -Ascensor.-


 

   Educación asegura agora que acaba de recibir a solicitude do ascensor para o IES Sofía Casanova.

   O centro e a asociación de nais -pais aseguran que levan anos reclamando que se solucionen as barreiras arquitectónicas do centro.

 

  
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
La Voz de Galicia
 
 
Imaxe  :


B. Abelairas
Ferrol 29/09/2016 12:36
 
  A Consellería de Educación recoñeceu esta mañá que lle acaba de chegar á xefatura unha solicitude do ANPA para un ascensor, que presentaron na inspección en Ferrol» e explican que onte mesmo aínda non tiñan constancia da mesma porque, «esta solicitude ten data de fai 7 días, do 22 de setembro».
 
  En calquera caso, tanto a asociación de pais, como o centro aseguran esta é só unha máis das tres peticións que tramitaron nos últimos meses para que se eliminen as barreiras arquitectónicas do instituto.


   Na actualidade existen tres alumnos con problemas de mobilidade.


A Xunta tamén lembra que desde o «2009 investíronse máis de 459.000 euros en obras neste centro, e que o ascensor non se incluíu nelas, porque nunca houbo unha petición desde 2009 neste sentido por parte da dirección do centro».



- La Voz de Galicia .-