Lembramos que esta ANPA IES Sofía Casanova, xunto a directora e secretaria do equipo directivo mantivemos unha xuntanza co Xefe territorial de Educación da Xunta de Galicia en Ferrol o pasado día 2 de Abril ás 11 horas na sala de xuntas deste IES co fin de recibir información das obras a realizar no salón de actos.
Esta reunión responde a unha petición solicitada para recibir información das obras a realizar no salón de actos deste IES, motivado a un desprendemento en plena actuación, que lembramos se produce despois de rematar unhas obras neste mesmo teito adxudicadas por esta Consellaría.
Confirma que as obras están adxudicadas a empresa Finisterre e que comezarían de inmediato.
Visitando o Ximnasio fai varias observacións en canto a materiais inadecuados, formas incisivas que poden lesionar ao alumnado; parte baixa acristalada; teito plano; falta de ventilación e conseguinte condensación..etc.
Na parte exterior do ximnasio cuestiona as distancias co patio alegando que pode provocar algún accidente e resúltalle perigoso. Continúa expresando que o patio necesitaría unha actuación pero que este curso xa teñen os presupostos adxudicados.
Sería posible facer un estudo e actuación para o seguinte curso e solicitar material deportivo.
Amosamoslle os exteriores, fronte o local da ANPA, que tivo inundacións o cal propón algunhas solucións sinxelas como a canalización deste tramo.
Saúdos.-