jueves, 27 de febrero de 2014

50 Aniversario IES Sofía Casanova.-



F                  

O Sofía Casanova celebra con teatro o seu medio século de vida.

Hoxe comezan con representacións sobre 1964, o ano que abriu o centro.

Escrito por:
bea abelairas
ferrol / a voz  27 de febreiro de 2014                                             
          


O instituto Sofía Casanova, tamén coñecido como o Feminino, comeza hoxe cun calendario moi especial, que servirá para repasar a súa historia, pero sobre todo para celebrar o medio século de vida.

Desde hai semanas os alumnos de varios cursos preparan unhas comparsas que se representan esta mañá e que teñen como eixo central episodios do ano 1964, porque o centro abriu durante este curso.
«A nosa intención era que vos estudantes investigasen sobre ese ano e plasmasen nunha representación ou que quixesen», explicaba onte a directora do centro, Laura Suárez, pouco antes de que se celebrasen un dos últimos ensaios para un concurso que se titula 50 anos atrás e que será esta mañá. Moitas destas creacións virarán ao redor da música dos Beatles e os movementos de moda entre os mozos dos anos 60.

O cadro docente anuncia que este é só un dos actos que contemplan para os próximos meses, como son un encontro entre antigos alumnos e profesores, unha exposición fotográfica, unha mesa redonda ao redor da escritora e concertos, como o que dará o grupo Morse.

A maioría destas actividades serán ao longo do mes de maio -case todas a última semana- segundo explican os organizadores, que esperan repasar case todas as etapas deste centro, como a vivida cando só contaban con aulas no instituto Concepción Arenal (coñecido como o Masculino) nas que se ensinaba ás nenas por separado.

A figura de Sofía Casanova centrará boa parte das actividades que se están preparando e incluso unha profesora xubilada, Charo Martínez, regresará ás aulas para disertar sobre a poetisa que dá nome a este instituto ferrolán. «Ela fixo a tese de doutoramento ao redor de Sofía Casanova e por iso retornará ou centro para falar dela e súa traxectoria», asegura unha directora, que tamén anuncia unha representación ao redor desta creadora.


- La Voz de Galicia.-

Eu falo Galego.-


MANIFESTO  " EU FALO GALEGO"







Falo galego.-2014



Mobilizacion contra a LOMCE - 20 Feb-2014.-

Os colectivos estudiantís nacionalistas

galegos claman na rúa contra a

Lomce e os recortes

REDACCIÓN FERROL | Actualizado 21 Febrero 2014 - 01:30 h.

                                            

A manifestación tivo como punto de saída e chegada ó edificio da Xunta na praza de España d. alexandre                                                                                                                                                                           
A manifestación tivo como punto de saída e chegada ó edificio da Xunta na praza de España
d. alexandre


Os colectivos estudiantís da esquerda nacionalista e independentista galega –AGIR, Comités e a Liga Estudiantil Galega– saíron onte de forma unitaria á rúa para deixar constancia do seu total rexeitamento aos recortes no ensino público e á Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (Lomce) aprobada  polo Partido Popular e que entrará en vigor o vindeiro curso.

 Fixérono a través dunha serie de manifestacións e concentracións en diferentes cidades e localidades galegas. En Ferrolterra, a actividade comezou ás dez da mañá cunha protesta na vila de Pontedeume, que partiu do IES Breamo. Dúas horas máis tarde, ás doce, a actividade trasladouse á cidade naval.

 A Praza de España convertiuse no punto de partida da manifestación secundada por máis dun cento de persoas, entre alumnos e membros doutras organizacións integradas na Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, como o BNG, Galiza Nova ou a CIG-Ensino.

 Tamén Anova-Ferrolterra manifestou o seu apoio a unha convocatoria a través da que os estudantes criticaron, entre outras cuestións, o carácter españolizador e centralista da Lomce.

 Aarón Curbeira, membro de AGIR, salientaba onte a necesidade de crear dinámicas propias do pobo galego á hora de defender o ensino público, e non actuar sempre en base ás convocatorias de folgas xerais organizadas a nivel estatal.

 Baixo o lema “En pé polo ensino público galego”, os estudantes denunciaron que a lei promovida polo ministro de Educación José Ignacio Wert pretende impor pola vía da legalidade “este desmantelamento programado da educación pública ao tempo que implementa unha campaña españolizadora e uniformadora”, apuntaron.
relegada


 Así, din, “vemos como na contrarreforma educativa a nosa lingua é relegada a un plano moi secundario e a nosa realidade nacional fica fóra de todo o programa educativo, centralizando os temarios a nivel estatal e entrometéndose nas xa de por si pequenas competencias que en materia educativa ten a Xunta de Galicia”. Neste aspecto incidía tamén onte o voceiro do Bloque Nacionalista Galego no Concello de Ferrol, Iván Rivas, quen afirmou que a Lomce atenta contra a realidade galega, tanto polo trato que lle confire á lingua como pola centralización dos contidos pedagóxicos que prevé.

 Os estudantes consideran tamén que a Lomce reforza un programa ideolóxico sustentado “na submisión da muller ao home ao dar maior importancia á relixión católica na educación” e que promove as diferenzas entre xéneros ao financiar con diñeiro público os centros que segregan por sexo.

 Os recortes nas bolsas de estudo ou o incremento das taxas universitarias foron outros dos aspectos obxecto das críticas dos estudantes, que onte recorreron varias rúas da cidade, ata chegar á praza de Armas, para voltar á praza de España, onde procederon á lectura do manifesto.

-Diario de Ferrol.-



Compartir libros de texto.-

Aprender a compartir libros

antes que a mercalos

David Lombao |

Banco de libros de texto
     Banco de libros de texto.-

Hai xa case cinco anos que a Xunta decidiu acabar co sistema de préstamo de libros de texto.

En aras da consabida austeridade o Goberno que preside Alberto Núñez Feijóo eliminou o modelo de manuais escolares de balde para substituílo pola denominada Gratuidade Solidaria, o sistema de subvencións parciais que cada vez chega a menos alumnado mentres aumenta o seu custo, chegando a ser máis caro que o propio préstamo. Este é o escenario no que a Confederación de Anpas Galegas decidiu intensificar unha reivindicación que non cesa na escola pública do país dende 2009: a volta ao sistema de préstamo.
Segundo vén de acordar a súa xunta directiva, a Confederación buscará unha "reivindicación conxunta" en toda a comunidade educativa galega. Así, cada federación de Anpas reimitirá "un escrito de reivindicación" a cada asociación de nais e país, que á súa vez a trasladará a todas as súas asociadas e asociados. Trátase, explica o presidente da Confederación, Javier Sánchez, de que esta sexa visualizada como o que é, unha "demanda de base" que regresará á Confederación para ser trasladada á Consellería de Educación.
A Confederación de Anpas inicia unha campaña a prol do préstamo de libros de texto
Esta recollida de apoios e outros actos reivindicativos serán a base dunha campaña baseada, explica Sánchez en conversa con Praza, na necesidade de que o ensino público sexa gratuíto tamén no ámbito do material. "Non só o cremos nós", sinala, remitíndose a un recente informe da Defensora del Pueblo no que "di que non se entende a gratuidade do ensino se non se facilitan todos os medios". A comisionada, sinala, avoga por varios modelos de para os libros de texto e "nós cremos que o préstamo é o ideal". Non en van, lembra, nos últimos anos son as propias Anpas as que estań a "subtituír á Administración", organizando bancos de libros para evitar que as familias teñan que pasar por caixa cada comezo de curso.

A LOMCE, unha dificultade engadida

Esta nova campaña ten como horizonte o curso 2014-2015, o primeiro coa LOMCE en vigor. Os cambios curriculares que introduce a coñecida como Lei Wert implicarań tamén un "gasto extraordinario" en libros, sinala Javier Sánchez, xa que os cambios de contidos invalidan boa parte dos manuais que manexan os devanditos bancos de libros. Non obstante, advirte, "aínda que a LOMCE non mudase os currículos reivindicaríamos o mesmo", máis aínda agora, que "xa se poden botar números" e chegar á conclusión de que o modelo da Xunta do PP é "moito máis caro" que o anterior.
"É moito máis pedagóxico ensinar a compartir que a ter cada un a súa propiedade"
A consellería de Jesús Vázquez, lembra a Confederación, eliminou o préstamo e implantou as subvencións parciais apelando ao aforro e nun primeiro momento "foi máis barato, porque aínda se reutilizaban libros que había nos centros", que se renovaban cada catro anos. "Pero agora hai que mercar todos os libros cada ano", polo que xa desapareceu o aforro de cartos e tamén "o aforro material e ecolóxico" que supuña ter que utilizar menos manuais, advirte.
Neste sentido, Sánchez dubida tamén da apelación pedagóxica na que se apoiou a Xunta para defender que cada estudante teña os seus propios libros: a creación dunha caste de "biblioteca" en cada fogar. "O material de texto haino nas bibliotecas públicas", evidencia o presidente da Confederación, en cuxa opinión hoxe en día habería, ademais, que tender a "métodos de ensino" que xa non están centrados no libro. ter manuais escolares non é "pedagóxico nin necesario", toda vez que é "moito máis pedagóxico ensinar a compartir e a reciclar que a ter cada un a súa propiedade".


- Praza Pública.-