viernes, 6 de junio de 2014

Fotos Teatro -2014

 
 
TEATRO  " O TESTAMENTO do TÍO NACHO"
 
SALON DE ACTOS
 
IES SOFIA CASANOVA 
 
 
 

 
 
 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 



- Teatro Sofía Casanova .-

Orzamentos para Libros de Texto.-


      Educación volve elevar o orzamento para libros de texto ante a previsión de solicitudes.

Os pais aos que se reclama a devolución das axudas poderán pedilas igual.

Escrito por:
Santiago / a Voz  31 de maio de 2014      
                                      
           No ano 2012 a Consellería de Educación consignou máis de quince millóns de euros en axudas para a adquisición de libros de texto. No 2013 rebaixou esta partida a 12,7 millóns nas súas contas, pero acabou ampliando a partida a 15,2. E no 2014 a sorpresa chegou cando nos Orzamentos o capítulo destinado a libros de texto quedaba en oito millóns de euros para os de papel, e 1,5 para os editados en soporte dixital. Ao final, neste caso a ampliación fíxose xa na convocatoria que o Diario Oficial de Galicia publicou onte, no que estes oito millóns eleváronse a máis de 14,6.
ADVERTISEMENT
A explicación que dan na Consellería de Educación é que en novembro había unhas previsións «e a estas alturas xa se prevén máis solicitudes», polo que volveu a ampliarse a partida.
Os mesmos criterios
A Consellería de Educación mantén intactos os criterios para acceder ás axudas para libros e material escolar, que basicamente son non superar os nove mil euros per cápita de renda familiar para unha subvención parcial ou total. Os alumnos de educación especial ou aqueles que presenten unha discapacidade igual ou superior ao 65 % terán 250 euros de axuda sexan cales sexan os seus ingresos familiares. No resto dos casos, a contía depende da etapa, primaria ou secundaria, e dos ingresos. En primaria o importe é de 90 ou 170 euros, mentres que no caso de secundaria cos mesmos criterios é de 104 ou 180 por estudante. Os limiares de renda que se terán en conta serán os do exercicio fiscal do 2012.
O prazo para solicitar as axudas será do 2 de xuño ao 2 de xullo en primaria e en educación especial; e do 25 de xuño ao 28 de xullo en ESO, ou en setembro para os que fagan a matrícula no período extraordinario. As familias que cumpran os requisitos recibirán un vale no centro educativo co que poderán adquirir os manuais no establecemento que decidan.
Material dixital
Os alumnos que non terán dereito ás axudas para libros de texto son aqueles de quinto de primaria que participen no proxecto experimental Educación dixital durante o curso 2014-2015, xa que neste caso contarán con materiais dixitais á súa disposición no marco dun proxecto que en tres anos prevé chegar a 22.500 menores de quinto e sexto de primaria, e primeiro e segundo da ESO.
Pais aos que se reclama a devolución das axudas
Hai uns días Educación facía público que máis de 3.500 pais debían devolver as axudas para libros de texto concedidas no curso 2010-2011 ao comprobar que os datos da renda achegados non eran correctos. Desde a Consellería de Educación afirmaron onte que poden solicitar de novo as bolsas para o próximo curso se cumpren os requisitos.
Nalgúns casos a reclamación aos pais partía dun problema de non computar ben o número de membros da unidade familiar, polo que a renda per cápita resultaba máis elevada, cando en realidade si terían dereito a percibir a axuda.


-Diario de Ferrol.-