viernes, 17 de agosto de 2012

Calendario escolar.-

 Reenviamos parte da extensa Orde da Consellería de Cultura, Educación..
cos calendarios, actividades escolares...
- Directiva Anpa.-
    CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 13 de xuño de 2012 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2012/2013 nos centros docentes sostidos con fondos públicos.



A disposición adicional quinta da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (BOE do 4 de maio) establece que as administracións educativas fixarán anualmente o calendario escolar e que este comprenderá un mínimo de 175 días lectivos para o ensino obrigatorio.

Tendo en conta que as funcións de planificación, regulación e administración do ensino integrado son competencia da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e co obxecto de fixar o calendario escolar e as actividades de fin de curso para o curso 2012-2013 nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, por proposta da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, taria e co obxecto de fixar o calendario escolar e as actividades de fin de curso para o curso 2012-2013 nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, por proposta da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa,

DISPOÑO:
CAPÍTULO I

Calendario escolar

Artigo 1.

Aprobación

Apróbase o calendario escolar para o curso 2012-2013 coas especificacións que se sinalan.

Artigo 2.

Ámbito de aplicación

Esta orde é de aplicación en todos os centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos.
Artigo 3.

Duración do curso académico

1. O curso académico abranguerá desde o día 1 de setembro de 2012 ata o 31 de agosto de 2013.

2. Nos primeiros días do mes de setembro e ata o día 6 como máximo realizaranse as probas correspondentes á convocatoria extraordinaria do curso 2011-2012 para o alumnado de educación secundaria obrigatoria e bacharelato.

3. As sesións de avaliación e a entrega de cualificacións da dita convocatoria extraordinaria poderán realizarse ata o día 10 de setembro, incluído.
4. Sen prexuízo do establecido no artigo 10 desta orde, nos días en que se celebren as probas extraordinarias será de aplicación o punto 107 das instrucións que regulan a organización e o funcionamento dos institutos de educación secundaria, aprobadas pola Orde do

1 de agosto de 1997 (DOG do 2 de setembro), e o punto 127 das instrucións que regulan a organización e o funcionamento dos centros públicos integrados, aprobadas pola Orde do 3 de outubro de 2000 (DOG do 2 de novembro). Para tal fin, as direccións dos centros elaborarán o correspondente horario de gardas. O alumnado de educación secundaria obrigatoria e bacharelato que non puidese ma    tricularse no prazo ordinario poderá facelo no prazo extraordinario, que rematará o día 12 de setembro de 2012, incluído.

Artigo 4.

Comedores escolares dos centros públicos

Os comedores escolares funcionarán en educación primaria desde o día 12 de setembro de 2012 ata o 21 de xuño de 2013. En educación secundaria obrigatoria funcionarán desde o 17 de setembro de 2012 ata o 21 de xuño de 2013.

Artigo 5.

Actividades lectivas

1. No 2º ciclo de educación infantil, na educación especial e na educación primaria, a    impartición efectiva de clases realizarase do día 12 de setembro de 2012 ao 21 de xuño de 2013, ambos os dous inclusive.
2. Na educación secundaria obrigatoria, no bacharelato e na formación profesional, a impartición efectiva de clases realizarase do día 17 de setembro de 2012 ao 21 de xuño de 2013, ambos os dous inclusive. Non obstante o anterior, para o segundo curso de bacharelato a impartición efectiva de clases rematará de acordo coas datas previstas para a proba de acceso á universidade. Terán a consideración de días lectivos os dedicados á impartición efectiva de clases e aqueles que se dediquen á realización das probas e avaliacións finais das convocatorias ordinaria e extraordinaria.
3. Nas ensinanzas de réxime especial as actividades lectivas realizaranse entre os días 17 de setembro e 28 de xuño, de acordo cos calendarios de probas de acceso e probas de certificación establecidos para cada unha delas.
Artigo 6.

Períodos de vacacións

1. Nadal: desde o día 22 de decembro de 2012 ata o día 7 de xaneiro de 2013, ambos os dous inclusive.

2. Semana Santa: desde o día 25 de marzo ata o 1 de abril de 2013, ambos os dous inclusive.

3. Entroido: días 11, 12 e 13 de febreiro de 2013.

Artigo 7.

Días non lectivos

1. Son días non lectivos os festivos así declarados pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, en exercicio das competencias que lle atribúe o artigo 45 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, na súa redacción dada polo Real decreto 1346/1989, do 3 de novembro (BOE do 7 de novembro), e as festas laborais de carácter local publicadas por resolución da dita consellería.

2. Nos centros en que unha ou as dúas festas laborais de carácter local, ás cales se efire o punto anterior, non coincidan con días de clase, os consellos escolares, os consellos sociais ou, no seu defecto, os responsables dos centros de menos de tres unidades poderán solicitar, segundo proceda, un ou dous días non lectivos, que deberán preverse na programación xeral do centro, argumentando razóns de tradición, costume ou conveniencia pedagóxica. Esta petición deberá facerse antes do día 28 de outubro de 2012, perante a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que, logo de informe da Inspección Educativa e dos que coide oportunos, resolverá o que proceda. É recomendable que os centros da mesma localidade elixan, de ser o caso, os mesmos días non lectivos, para o que se buscará o consenso entre todos os centros para a súa selección.
3. Ademais dos anteriores, sen prexuízo do establecido no artigo 8.2 e co fin de unificar a realización dos patróns de cada nivel educativo, establécese o Día do Ensino coa consideración de non lectivo para efectos académicos e que no curso 2012-2013 se celebrará o 2 de novembro de 2012.
Artigo 8.
Conmemoracións

1. Durante o curso escolar celebraranse, como mínimo, as seguintes conmemoracións:

– 25 de novembro de 2012: Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

– Do 1 ao 11 de decembro de 2012: conmemoración da Constitución e do Estatuto de autonomía de Galicia.

– 10 de decembro de 2012: Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

– 30 de xaneiro de 2013: Día da Paz.

– 8 de marzo de 2013: Día Internacional da Muller Traballadora.

– 15 de marzo de 2013: Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.

– Do 11 ao 15 de marzo de 2013: Semana da Prensa. Un día desta semana traballarase na aula con xornais.

– Entre o 12 e o 30 de abril de 2013: Día do Libro.

– 7 de abril de 2013: Día Mundial da Saúde.

– 9 de maio de 2013: Día de Europa.

– Do 9 ao 17 de maio de 2013: Semana das Letras Galegas.

– 5 de xuño de 2013: Día Mundial do Ambiente.

2. Cando algunha das datas a que se refiren os puntos anteriores sexa sábado, domingo, festividade local ou estea incluída nalgún dos períodos de vacacións establecidos no artigo 6 desta orde, a correspondente conmemoración celebrarase o día lectivo inmediatamente anterior ou posterior segundo estableza a programación xeral anual.
3. As datas a que se refire o punto 1 son lectivas para todos os efectos e nelas os centros deberán organizar actividades diversas, tendentes a salientar a importancia das referidas conmemoracións.                                                                                                                           CAPÍTULO II
Inicio do curso
Artigo 9.
Actividades de programación
1. Desde o día 1 de setembro ata o inicio das clases, o profesorado dos centros públicos, ben individualmente, ben formando parte dos órganos de coordinación didáctica correspondentes, baixo a dirección dos seus responsables, colaborará na elaboración da programación xeral anual e na revisión dos proxectos educativos e concrecións de currículos, participará nas reunións de ciclos, departamentos, claustros e cantas outras actividades estean relacionadas coa organización do curso. Neste período os departamentos didácticos e os equipos de ciclo, baixo a coordinación e dirección da respectiva xefatura de departamento ou coordinación de ciclo, dedicaranse a elaborar a programación didáctica das ensinanzas correspondentes ao ciclo, ás áreas, materias ou módulos integrados no departamento e a organizar o curso escolar.
2. As direccións dos centros, a través da Xefatura de Estudos, velarán porque o profesorado realice as funcións do punto anterior.
3. Previamente ao inicio de curso, o profesorado responsable de cada departamento e da coordinación de ciclo fará entrega da programación didáctica á Xefatura de Estudos.
A Dirección do centro remitirá as programacións docentes á Inspección Educativa, que comprobará a súa adecuación ao establecido nas disposicións vixentes e formulará as suxestións que coide oportunas, indicando as correccións que procedan.
4. Ao inicio de curso, o profesorado responsable de cada departamento e da coordinación de ciclo elaborará información básica relativa á programación didáctica, que dará a coñecer á comunidade educativa seguindo o procedemento establecido no centro para garantir a súa publicidade. Así mesmo, o profesorado informará o alumnado das programacións docentes da súa área ou materia. Esta información básica incluirá os obxectivos, contidos e criterios de avaliación do ciclo ou curso correspondente, os mínimos exixibles para obter unha valoración positiva, os criterios de cualificación e os procedementos de avaliación da aprendizaxe que se vaian utilizar.

5. Nos centros pertencentes á Rede de Centros Integrados de Formación Profesional de Galicia seguirase o establecido no artigo 3 da Orde do 29 de xullo de 2011 pola que se desenvolve o Decreto 77/2011, do 7 de abril, polo que se establece o Regulamentoorgánico dos centros integrados de formación profesional competencia da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Artigo 10.
Xornada escolar
1. A xornada escolar será a establecida pola lexislación vixente para cada unha das etapas e niveis.
2. Aqueles centros que combinen o servizo de transporte escolar con outros centros deberán establecer, coa autorización da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, un horario que, coas adaptacións necesarias, lles permita garantir o axuste e a perfecta coordinación dos centros con este servizo. Estes centros comunicaranlle á xefatura territorial a proposta de horario escolar para o curso 2012-2013, que deberá resolver antes do inicio das clases.
3. A xornada matinal nos centros que a tivesen concedida pola xefatura territorial para os meses de xuño e setembro do ano académico 2011-2012 considérase prorrogada para o curso 2012-2013 nos mesmos termos, sempre que non variasen as circunstancias en que foi concedida.

.../...