domingo, 8 de junio de 2014

Actos 50 º Aniversario


O instituto Sofía Casanova continúa coa celebración dos 50 anos de vida.


REDACCIÓN FERROL | Actualizado 08 Xuño 2014 -




Imagen del instituto d.a.


 O instituto Sofía Casanova de Ferrol dará continuidade a próxima semana aos actos previstos con motivo da conmemoración da súa 50 aniversario. Farao o venres, día 13, coa conferencia que o historiador e escritor Guillermo Llorca Freire -que ata a súa recente xubilación foi profesor no centro- impartirá aos alumnos de 4º da ESO, 1º de Bachillerato e do PCPI. Llorca ofrecerá unha aproximación á historia da educación en Ferrol.
 
     A seguinte cita está prevista para o mércores día 18, ás cinco da tarde, cando terá lugar o acto central da celebración, ao que está invitada toda a comunidade educativa así como antigos profesores e alumnos. Tamén se contará coa presenza do alcalde da cidade, José Manuel Rei, e de representantes da Consellería de Educación e da ANPA do instituto.

 
 
O acto incluirá unha conferencia titulada "De Camilo a Sofía" da investigadora Ana Romeu Masiá, que ademais foi directora do centro durante oito anos. A interpretación do "Divertimento de Haydn"; a proxección dun curto elaborado por docentes e estudantes do instituto en colaboración coa productora Gaitafilms e no que se ofrece un percorrido polo centro; ou a actuación do grupo Raparigos, co exdirector do IES Xoán Rodríguez Silvar, formarán parte da xornada que servirá para poñer o colofón á celebración dos 50 anos de vida do centro ferrolano.


 
- Diario de Ferrol.-
 
 

No hay comentarios: