- Banco de Libros –
- Esta directiva informa que repetiremos o BANCO DE LIBROS para o vindeiro curso 2014-15 a finais do mes de xuño coa DOAZÓN de libros de texto e recollida no mes de setembro.
-
- Seguiremos por un sistema de puntos co fin de facer un reparto o máis equitativo posible . Daremos 1 punto por cada libro de texto en bo estado e 5 puntos por ser ou facerse socia/o.
-Animamos as familias a participar neste programa de doazón e aproveitamento de LIBROS de TEXTO no senso que a máis participantes máis oportunidades para todos.
Pedimos que a cesión de libros se faga de forma DIRECTA a través desta anpa e sen intermediarios no compromiso de cedelos ou devolvelos .
- Lembramos que hai circulando máis de 1 MILLEIRO de libros de texto os cales son propiedade de todos/as os socias/os desta ANPA IES Sofía Casanova.-
Ferrol, a xuño de 2014.-
Seguiremos informando.
- Grazas e saúdos