- - EQUIP0 DIRECTIVO- IES - ANPA -
A Xunta directiva da ANPA Sofía Casanova, SOLICITA a celebración dun encontro co Equipo directivo deste Instituto co obxecto de recibir información precisa para este curso 2016-17.
Pensamos que toda a comunidade educativa, profesores, familiares debemos involucrarnos na consecución dunha boa educación pública e de calidade para os nosos fillos e fillas polo que pediremos información referente a temas propios en materia de ensino, plans de estudo, desenvolvemento do ABALAR, novo horario, profesorado e cambios motivados a nova Lei da LOMCE como as probas de Reválidas e cambios na Selectividade ou libros de texto.
Preguntamos polas actuacións en cuestións relacionadas coas infraestruturas e instalacións deste centro, ascensor, eliminación barreiras arquitectónicas, pista deportiva, material escolar ou deportivo, así como outros temas de interese e posibles colaboracións.
Esta xuntanza poderíase realizar un martes en horario de tarde.
Saúdos
Ferrol, a 20 de Setembro de 2016.-
- Directiva .-
- SRA. DIRECTORA IES SOFÍA CASANOVA.-
No hay comentarios:
Publicar un comentario