Estimad@s soci@s.-
A Directiva da Anpa Sofía Casanova quere dar a benvida as familias que se incorporan a este centro educativo, así como dar a benvida as nov@s soci@s que integran esta Asociación de nais e pais.
Supoñemos que a moitos de vós, chegará esta primeira mensaxe e esperamos de todos/as unha boa comunicación e participación.
Esta directiva iremos dando as informacións que estimamos de interese e atenderemos as actuacións que consideredes necesarias, ben diante das distintas administracións públicas ou Consellería de Educación.
Formamos parte da Federación de Anpas de Ferrolterra con importante aportacións e para a Defensa do Ensino PÚBLICO que sempre é necesario.
- Informamos que hai uns días o centro celebrou un CONSELLO ESCOLAR para aprobar a Memoria que presentou o equipo directivo para a súa aprobación sobre diferentes cuestións que iremos comentando con algunha actuación a reivindicar por esta Anpa ante a Consellería de Educación, consistente na reclamación dun Profesor/a de Pedaxía Terapéutica-PT- .
- Este Martes celebramos unha Xunta Directiva con importantes iniciativas e a presentación de varios Doc.s Escritos ante Xefatura Territorial e Inspección.
- Pediremos un encontro Equipo directivo- Anpa, habitual nestes últimos cursos, co fin de intercambiar informacións sobre o centro.
- Informar que está previsto convocarvos en ASEMBLEAS anual nun prazo de 1 mes.
A As. ORDINARIA para aprobación da Memoria e contas.
A. Asemblea EXTRAORDINARIA para nomear directivos .
Enviaremos convocatoria.-
- Estamos os Martes no local a partir das 16,30 h ate as 18h.
- Saúdos
- Directiva Anpa .-
No hay comentarios:
Publicar un comentario