- PETICIÓN PROFESOR PT –
Esta Xunta directiva ANPA Sofía Casanova rexistramos esta petición diante da Consellaría Educación do Edif. da Praza de España, onde amosamos a nosa preocupación pola falta de Profesores de apoio en Pedagoxía- Terapéutica -PT- neste Centro educativo ante o aumento de alumnado con necesidades específicas e especiais.
Estamos convencidos da calidade educativa deste IES Sofía Casanova como así o amosan os resultados de aprobados/as nas continuadas probas de Selectividade ou outros baremos con cualificacións moi positivos. Queremos insistir en realizar máis esforzos e dispoñer de todos os medios humanos e físicos para lograr unha mellor e maior calidade de ensino público.
O Consello Escolar do IES Sofía Casanova na súa última xuntanza analizou a situación escolar para un determinado número de alumnos polo que aconsella pedir a Consellaría de Educación un PROFESOR/A PT para atender as necesidades escolares.
Esta ANPA Sofía Casanova demanda un profesor/a de Pedagoxía- Terapéutica co fin de atender as necesidades especiais e específicas neste IES Sofía Casanova e seguir mellorando a calidade no Ensino Público.
Ferrol, a 20 de Setembro de 2016 .-
- Directiva Anpa .-
No hay comentarios:
Publicar un comentario