lunes, 24 de diciembre de 2012

FELICES FESTAS E ANINOVO-2013

 
A ANPA Sofía Casanova desexa unhas
 
 
FELICES FESTAS
 
MELLOR EDUCATIVO ANINOVO-2013
 
 
 

 
Postais normalización lingüística.-
 
 
 
 

 
 
 Árbore ecolóxica.-

martes, 18 de diciembre de 2012

Mobilizacion contra reforma educativa.-

 
Protesta ante a reforma educativa
do Goberno
 


Varios centos de persoas secundaron onte en Ferrol a concentración convocada pola Plataforma en Defensa do Ensino Público para amosar o total rexeitamento ao anteproxecto da Lei de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) proposta polo ministro de Educación, José Ignacio Wert.

  A mobilización, desenvolvida diante do instituto Sofía Casanova, enmarcouse na xornada de protestas desenvolvidas a nivel estatal para esixir a retirada do terceiro documento que sobre a nova reforma o ministro Wert presentou hai uns días no marco da Conferencia Sectorial de Educación.
 
Unha proposta na que se manteñen, segundo a devandita plataforma, "aspectos do anterior borrador respecto dunha ESO segregadora, que deprecia a FP, introduce un modelo de avaliación como carreira de obstáculos, implanta a autonomía da competitividade, dá un salto atrás na xestión democrática dos centros educativos, aposta pola escola segregadora e retrocede na educación en valores".
Así se recolle no manifesto elaborado para a xornada de onte pola Plataforma en Defensa do Ensino Público –integrada por CCOO, UGT, CSI-F, Confapa, Sindicato de Estudantes e Escola Viva–, ao que onte deron lectura, nas diferentes cidades galegas, membros da Confederación Gallega de Anpas de Centros Públicos.
A súa presidenta, Elena Gómez, responsable tamén da Federación Provincial de Anpas da Coruña, foi a encargada de facelo en Ferrol, onde, entre outras cuestións, denunciou a "exclusión" que das familias fai a nova reforma educativa a nivel de participación ao desaparecer a súa representatividade no Consello Escolar. "Los padres nos vemos excluidos de la comunidad educativa", comentou onte a presidenta de Confapa, quen ademais lamentou que o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, non accedese ata o momento á entrevista solicitada desde a Plataforma para facerlle chegar tanto a el como ao ministro Wert as propostas deste colectivo para garantir unha educación pública de calidade.

"ninguneada"
Iso foi, precisamente, unha da cuestións que onte se defenderon nas diferentes concentracións, unha educación pública que coa actual política estatal se está a ver "ninguneada e falta de recursos", xa que "se está a favorecer claramente á educación dos centros concertados", engadiu Gómez.
Desde a Plataforma instouse ao Ministerio de Educación a facer unha lei que "non sexa dun, senón de todos", referíndose á reforma educativa, que entre outras cuestións propón unha materia alternativa á de Relixión, como "unha reforma ideolóxica e elitista".
 
Diario de Ferrol.-
 
 

jueves, 13 de diciembre de 2012

Concentración fronte Sofía Casanova.-

 
 
 
A Plataforma en defensa do Ensino Público, realizou este xoves, 13 de decembro, unha serie de mobilizacións no ámbito estatal e autonómico en protesta pola nova Lei da Reforma Educativa do ministro Wert.
É necesaria a mobilización contra unha lei segregadora e clasista que retrotrae o noso sintema educativoa hai trinta anos.
Participamos nesta concentración fronte ó IES Sofía Casanova de Ferrol o XOVES-13 ás 19:00 horas da tarde, varias asociacións de ANPAS, mestres e profesores, sindicatos e a comunidade educativa.
 
Xustificaron a súa ausencia a directiva da Federación de ANPAS de Ferrolterra.
 
 
 
 Saúdos

 

martes, 11 de diciembre de 2012

Últimos días solidarios.-

 
 
 
 
DOAZÓN ALIMENTOS
 
ÚLTIMOS DÍAS
 
 
 
A doazón de alimentos está marchando a moi bo ritmo nestes últimas días de solidariedade coas familias en precario.
 
A nosa comunidade educativa do Sofía Casanova está sendo bastante participativa, polo que podemos dicir que levamos ¡7 CAIXAS de alimentos!
Animamos a continuar a labor con esta causa solidaria...
 
 
 
 
 
 



Saúdos


 

domingo, 9 de diciembre de 2012

CONSELLO ESCOLAR - CONSTITUCIÓN.-

 
 
 
CONSELLO ESCOLAR
 
 

Informamos que vaise constituír o novo Consello Escolar do IES Sofía Casanova o vindeiro MARTES-11 a raíz do pasado proceso electoral de alumnxs, profesores e pais-nais.
 
A dirección nos informa dun proceso electoral exemplar do alumnado o cal valoramos como moi positivo e responsable.
 
Esta ANPA intentou impulsar un proceso electoral de nais e pais máis plural que ao final foi escaso cunha única candidatura. Trataremos de animar e impulsar máis candidaturas para as vindeiras eleccións. 
 
Esta ANPA ten unha representante directa neste Consello Escolar, nomeada na pasada Asemblea e que será quen levará os acordos desta asociación. 
 
Neste primeiro Consello Escolar vaise constituír o propio Consello Escolar e a Comisión de Economía do Centro, designar os membros da Comisión de Igualdade e renovación ou non do Observatorio da Convivencia Escolar.
 
Calquera suxestión ou aportación vosa neste senso, será recibida pola directiva para a súa valoración.
 
 
 
 
 
 





 

ALIMENTOS - XOGUETES

 
 
 
ALIMENTOS E XOGUETES
 
 
Lembramos que continuamos a bo ritmo a recollida de alimentos para familias con fillos pequenos/as con problemas de falta de recursos polas consecuencias e circunstancias derivadas da actual crise económica.  
 
 
Animamos as familiar con recursos que fagan un exercicio de solidariedade e entreguen alimentos dirixidos a nenos e nenas pequenas, depositandolos no carro solidario da entrada do centro, fronte a oficina da secretaría.
 
Esta ANPA desexa para estas familias máis xustiza social co fin de recuperar os seus empregos e recursos propios para vivir.
 
 
Saúdos
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 



Esta Asociación vos informa que todas as persoas que estean interesadas en colaborar na entrega de XOGUETES para nenos e nenas desta cidade de Ferrol, poden facelo na antiga Pastelaría SUIZA, sita Rua Real.





Os horarios de entrega son :
SÁBADOS - de 10, 30 h a 13,30 horas
DOMINGOS - de 11,30 h a 13,30 horas.
Saúdos
- A directiva .-
 

Punto limpo e reciclaxe.-

 
 
 
 
 
PUNTO LIMPO INSTITUTO
 
 
Lembramos da disposición dun PUNTO LIMPO  na entrada de noso Instituto Sofía Casanova para depositar nestes contenedores Papel, Pilas, Cartuchos e Toner das impresoras..etc.
 
Debemos concienciarnos as familias e o alumnado na tarefa da reciclaxe que requiren os nosos aparellos tecnolóxicos.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 










Saúdos
 

miércoles, 28 de noviembre de 2012

DOAZÓNS ALIMENTARIA - COCIÑA ECONOMICA.-





 
ALIMENTOS COCIÑA ECONÓMICA
3 ao 14 decembro


 
 
Esta ANPA Sofía Casanova vai recoller alimentos non perecederos dende o vindeiro LUNS, día 3 de decembro até o Venres, día 14 de decembro.
 
Estes alimentos serán destinados a familias de tipo envasados, paquetes,  potitos, chocolates, lácteos, papillas, cereales, etc.
 
Pedimos a colaboración de toda a nosa comunidade educativa do IES Sofía Casanova para facer entrega destes alimentos non perecederos nun carro sito na entrada do centro con destino a Cociña Económica.
 
 
Esperamos as doazóns de alimentos como un acto de solidariedade que todos entendemos, polo que sobra decir máis comentarios e explicacións ao respecto.
 
Queremos darvos as grazas anticipadas pola vosa comprensión e solidariedade.



- A directiva.-

Ditame do TSXG



        O punto do decreto do plurilingüismo que a Constitución tombou.

    O ditame do TSXG sobre o decreto do plurilingüismo di que a consulta vinculante aos pais vulnera a configuración do dereito fundamental á educación que recolle o artigo 27.5 da Carta Magna

 la voz 25 de novembro de 2012               
A sentenza que anula dúas dos puntos máis polémicos do decreto do plurilingüismo asegura que a Constitución recoñece aos pais unha esfera de elección na formación relixiosa e moral. Pero nada di de que os seus fillos reciban educación na lingua que prefiren.
Semellanza coa lei | Aconsellable, pero non ilegal. Varios dos puntos recorridos pola Mesa, a CIG e Queremos Galego refírense a que o decreto non é fiel á Lei de Normalización Lingüística de 1983. Díxoo o Consello Consultivo no seu informe e dino os demandantes, en aspectos como falar de dinamización lingüística e non de normalización. Recoñece a sentenza que pode ser aconsellable, pero non facelo tampouco é ilegal.
Pregunta determinante | Función de Educación. A sentenza asegura que dar carácter determinante á consulta aos familiares para fixar a lingua materna predominante «vulnera a configuración do dereito fundamental á educación» que recolle o artigo 27.5 da Constitución. Se o profesor usa na aula a lingua resultado da pregunta aos proxenitores está a darse unha «abdicación da potestade de ordenación xeral do ensino». E é que o dereito á educación que recolle a Constitución en ningún momento implica que estea condicionado pola opción que teñen os interesados, neste caso os pais, pola lingua docente. De feito, a Carta Magna só recoñece esta opción no caso da formación relixiosa ou moral, pero non na lingua. Isto non quere dicir que os pais non teñan dereito a opinar. No decreto do bipartito, por exemplo, o idioma a usar era unha decisión do claustro, pero tendo en conta o mapa sociolingüístico de Galicia, os datos estatísticos oficiais e a información dos pais.
Liberdade de elixir idioma | Só na universidade. O segundo punto anulado polo Tribunal Superior de Galicia é a liberdade para que o alumno se exprese de forma oral e escrita na lingua oficial que prefira, un dereito que si resulta xustificado no nivel universitario. Non así no ensino obrigatorio, e o TSXG esgrime unha tripla perspectiva para declaralo inválido. A primeira é que a Lei de Normalización di que o galego será con carácter xeral o vehículo de comunicación no ensino, algo que vai en contra do feito de que o alumno fale no idioma que prefira. O segundo motivo é que a lingua no ensino non é algo que estea condicionado pola liberdade de opción do interesado; e o terceiro porque vai en contra novamente da Lei de Normalización, que obriga ao fomento progresivo do galego no ensino.
Plan de normalización | Non vinculante. A pesar de ser aprobado por unanimidade no Parlamento galego, o TSXG considera que ao non ter rango de lei, non pode darse a este plan un valor normativo.

La Voz Galicia.-


 

Informe seguimento da Folga Xeral.



 
dirección deste IES Sofía Casanova comunica que non houbo incidencias durante a Folga Xeral e foi secundada por case a totalidade do alumnado.

Di a dirección que a folga transcurríu no centro de acordo cos servizos mínimos indicados pola normativa.
Os datos concretos son de 25 dun total de 525.
 
Profesorado pararon 17 de 68 .
 
Persoal non docente pararon 7 de 10.
O día transcurríu sen incidentes, agás a visita informativa da CIG que abandonou o centro tras un diálogo.
O alumnado presente foi atendido polo profesorado.
 
 
 
 

Seguimento Folga Xeral no Ensino en Ferrolterra.-

 Información de interese xeral.-
 
Seguimento maioritario da convocatoria en

Educación e relevante na área Sanitaria.

 Xoves, 15 de Novembro de 2012 
   redacción ferrol    .
O seguimento da folga foi maioritario no sector educativo.
 
A práctica totalidade dos alumnos dos centros de Ferrol e comarca non acudiron ás aulas, aínda que no caso do profesorado, nalgúns colexios o nivel de seguimento da folga foi mínimo.
 En Ferrol, no IES Ferrolterra tan só acudiron a clase cinco alumnos dos setecentos matriculados.
No Saturnino Montojo secundaron a folga o 40% dos profesores e de 400 escolares acudiron uns 24 ao centro;
- Isaac Peral non asistiron 17 dos 30 docentes nin 410 dos 450 alumnos;
- CEIP de Esteiro faltaron 14 dos 17 profesores e non acudiu ningún alumno.
- CEIP Cruceiro de Canido secundaron a folga 14 profesores de 30 e acudíronse no centro 22 alumnos de 443.

Poucos docentes e tamén poucos alumnos no colexio naronés de O Feal, onde onte tan só acudiron 12 dos case 500 estudantes matriculados e unha mínima representación de profesores.
Na Solaina acudiron ás aulas 25 dos 500 alumnos e non foi a traballar un terzo do profesorado e no tres escolas infantís do municipio -A Solaina, A Gándara e Piñeiros- si había persoal pero non máis dunha decena de nenos "no mellor dos casos" nos centros, con capacidade para uns 90.
Nos centros Mosteiro de Caaveiro (A Capela); A Magdalena (As Pontes), e Centieiras (Fene) o nivel de asistencia do alumnado foi tamén insignificante con respecto ao número de matriculados.
 
Diario de Ferrol.-
 

 

viernes, 9 de noviembre de 2012

Eleccións Representantes de Nais e Pais.-


ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS E TITORES/AS LEGAIS AO CONSELLO ESCOLAR 2012

CONVOCATORIA
    De acordo coa Resolución do 7 de setembro de 2012, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros de educación non universitaria (DOG do 20), a XUNTA ELECTORAL deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar,
 

SECTOR DE PAIS E NAIS DO ALUMNADO, segundo as seguintes normas:

1. De acordo co disposto no artigo 40 do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 09/08/1996), redactado conforme ao establecido na disposición adicional terceira.1 do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do 26), corresponde elixir no presente proceso electoral a 1 pai/nai, dun total de 3 que debe ter o Consello Escolar. Outro corresponde designalo a Asociación de Nais, Pais da ANPA, de forma directa.

O outro representante continúa como consecuencia da súa elección anterior no ano 2010.
2.- Son electores todos os pais e nais ou, se é o caso, os titores/as legais do alumnado matriculado no Centro e incluídos no Censo correspondente que a partir do día da data está exposto no taboleiro de anuncios. As reclamacións ao referido Censo realizaranse mediante escrito razoado dirixido á Xunta Electoral, ata as 14'00 horas do día 19 de novembro.
3.- Son elixibles os pais e nais ou, se é o caso, os titores/as legais, que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se facilitará na Secretaría do centro. As candidaturas poderán ser presentadas ata as 14'00 horas do citado día 19 de novembro.
 

4.- O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase en acto público, entre os pais/nais que non se presenten como candidatos/as, o día 20 de novembro, ás 18'15 horas. Dita mesa electoral estará composta polo/a Director/a do Centro, que actuará como Presidente/ a, e catro pais/nais ou titores/as legais, actuando de secretario/a o de menor idade.    
 
5.- A campaña electoral comprenderá dende o 22 ao 26 de novembro, ambos días inclusive. As dependencias e servizos do Centro estarán a disposición dos candidatos/as, previa petición ao presidente/a da Xunta Electoral, sempre que o seu uso non altere o normal funcionamento educativo do IES. O día 28 de novembro, véspera das votacións, non se poderá facer campaña electoral.

6.- Poderán actuar como supervisores da votación os pais/nais ou titores/as legais do alumnado matriculado no Centro que sexan propostos pola ANPA ou, no seu defecto, que estean avalados cando menos pola firma de 10 electores/as.
7.- As votacións realizaranse neste IES o día 27 de novembro, de 18'10 a 20 horas. A mesa electoral será constituída o mesmo día, en acto público, ás 18'00. horas.
 
8.- Na papeleta de votación cada elector/a fará constar un máximo de 2 nomes dos candidatos presentados (ver anexo coa normativa), debendo acreditar a súa personalidade a hora de votar, mediante exhibición do D.N.I. ou documento similar. O voto será directo, secreto e non delegado e non se admitirá o voto por correo.  
9.- Teñen dereito ao voto o pai e a nai ou, se é o caso, o titor/a legal do alumnado.

10.- Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta para ao seu envío a Xunta Electoral do Centro.

11.- A Xunta Electoral do Centro resolverá as dúbidas e reclamacións que se poidan formular.
Ferrol , 7 de novembro de 2012

O/A PRESIDENTE/A DA XUNTA ELECTORAL,

Asdo.:Juan Rodríguez Silvar

(1) Segundo proceda en cada caso.
(2) Segundo a situación particular de cada centro. Ver o artigo 42 do Decreto 92/1988.
 
ELECCIÓN DOS REPRESENTANTES DOS PAIS · EXTRACTO DA NORMATIVA
Decreto 92/1988, do 28 de abril, polo que se regulan os órganos do goberno dos centros públicos de ensino non universitario. (DOG, 29/04/88). Modificado polo Decreto 279/1990, do 27 de abril (DOG do 17 de maio) e polo Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria. (DOG, 09/08/96)



Artigo 38.-
 
(Redactado conforme ao establecido nas Disposicións adicionais do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria; DOG do 9 de agosto).
 
A representación dos pais no Consello Escolar correspóndelles a estes ou os representantes legais dos alumnos, independentemente do número de fillos escolarizados no centro. O dereito a elixir e ser elixido correspóndelle ao pai e a nai, ou, se é o caso, aos titores legais."



artigo 39.-
A elección producirase ente os candidatos admitidos e proclamados como tales pola xunta electoral. Para este efecto constituirase una mesa electoral integrada polo director do centro, que actuará como presidente, e catro pais ou titores legais, designados por sorteo público entre os que non se presenten como candidatos, actuando como secretario o de menor idade. A Xunta deberá preve-lo nomeamento de suplentes, designados tamén por sorteo. A mesa electoral encargarase de presidi-la votación, conserva-la orde, velar pola pureza do sufraxio e realiza-lo escrutinio.
Artigo 40.-
Poderán actuar como supervisores da votación os pais ou titores legais dos alumnos matriculados no centro, propostos por cada una das asociacións de pais de alumnos existentes no mesmo ou avalados para iso pola sinatura de 10 electores.
Artigo 41.-
O censo electoral deberá expoñerse no taboleiro de anuncios do centro con 10 días, alomenos de anticipación á data fixada para o acto electoral, para a comprobación e posible reclamación por parte de pais e titores legais dos alumnos.
Artigo 42.-
 
  Redactado conforme ao establecido nas Disposicións adicionais do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria; DOG do 9 de agosto).
"O voto será directo, secreto e non delegable. Cada elector, que deberá acreditala súa personalidade mediante a presentación do documento nacional de identidade ou calquera outro documento acreditativo, fará constar na súa papeleta un, dous ou tres nomes da lista de candidatos e candidatas, segundo corresponda elixir menos de tres, tres ou mais de tres, respectivamente.

 
 

Calendario eleccións Consello Escolar IES Sofía Casanova.-

CONVOCATORIA Asemblea Xeral Ordinaria


 

 
 
 

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA-

20 de Novembro de 2012

 

 

Estimad@ Soci@ ;

        A Xunta directiva che CONVOCA para participar na vindeira ASEMBLEA XERAL ORDINARIA no Salón de Actos deste Centro IES Sofía Casanova o MARTES, 20 de Novembro, ás 16,30 horas en primeira convocatoria e ás 17 horas  na segunda.

Orde do día

 

1 .- Lectura e aprobación, se procede,  da ACTA  Asemblea anterior.

 
2 .- Aprobación-Informe de XESTIÓN- MEMORIA ANUAL 2011-12.
     (Información banco de libros, demandas centro, actividades..etc)
             

3 .- Aprobación- Informe ECONOMICO exercicio 2011. 

 
4  .- Previsión económica para o exercicio 2012-13.

 
5 .- Nomeamento e renovación 1ª quenda de cargos da xunta

      directiva. Artigo 23 Estatutos.- Vicepresidente; Tesoureiro;

  1 vogal. Novas incorporacións.

 
6 .- Suxestións e preguntas.-

Información eleccións ao Consello Escolar do centro.



 
  • Esperamos a túa presenza cara a unha mellor calidade do ensino público.-
  • Aberta a NON Soci@s interesad@s.

                Saúdos

                Ferrol, a 6 de Novembro de 2012.-

 
    

                         A Presidenta                                   O Secretario

 
     

  
              Asdo. Mª Carmen DIAZ CORRAL -    - Asdo. Xosé M. SANXOÁN CAAMAÑO-



 
 
 

jueves, 1 de noviembre de 2012

Reflexións do Banco de Libros de texto.-

 
BANCO DE LIBROS
REFLEXIÓNS

Estimados pais e nais de alumnos do IES Sofía Casanova, como anunciamos na última asemblea realizada a finais do curso pasado, en correos electrónicos, prensa e mesmo como ben avisando a propia dirección do centro na súa páxina web, a directiva da ANPA do Sofía Casanova organizou un “banco de libros” do que sentímonos satisfeitos do seu resultado.
Pero antes de entrar en análises a valorar, gustaríanos agradecer a colaboración a todos aqueles que  entenderon a mecánica e participaron de forma activa, doando os seus libros, pois de non ser así, loxicamente non existiría este banco de libros.
 
Grazas tamén pola vosa paciencia pois se xuntaban moitos factores que non facían posible dar máis fluidez ao noso labor. Era nosa primeira vez, a recollida de libros non podía finalizar até saber os resultados dos exames de setembro e sen dúbida o máis determinante, a cantidade de libros que nos chegou non era a que cabería esperar.
 A mensaxe parecía sinxelo pero non calou en todos igual. Un alumno ou alumna que termina un curso non vai necesitar máis dos seus libros (moitos acaban no lixo ou nalgún caixón) así que nada nos pareceu máis eficaz que alargar a vida útil dos libros permitindo que outros os usasen, contribuíndo así a aliviar considerablemente a carga económica de moitas familias, tendo en conta que é un acto solidario que fomenta a reciclaxe, a reutilización e o respecto polo material didáctico.
 Resumindo e por non alargarnos demasiado, o resultado final foi absolutamente positivo pois en xeral todos os que participaron no banco de libros e solicitaron recibir libros, fixérono en maior ou menor medida. No proceso detectamos cousas que podemos mellorar e supomos que vós tamén teredes suxestións.
En todo caso, queremos deixar claro que para isto funcione hai polo menos tres puntos importantes a ter en conta:
 
*         Se os alumnos e alumnas non cedesen os seus libros, de ningunha maneira teriamos un banco de libros e sería do todo imposible prestalos.
 *         É imprescindible que exista un grupo de xente disposta a traballar na organización e desempeño desta altruísta iniciativa. Noutras palabras e para falar claro, se non existise unha ANPA ou outro grupo organizado, teriamos que inventalo.
 E por último e non por iso menos importante, xórdenos unha preocupación que tentaremos despexar durante o curso. Cremos que a recomendacións legais din que os libros de texto non se poden cambiar ata que pase un prazo mínimo de catro anos, a non ser que exista un motivo de peso e previo consentimento do Servizo da Inspección Educativa.
Aquí é onde nos xorde a dúbida, impor un prazo mínimo de catro anos de uso, non significa ao noso entender, que exista a obrigación de cambiar un libro unha vez transcorrido ese prazo e moito menos se o libro en cuestión, cumpre os obxectivos didácticos. É probable que despois de catro anos o libro este fisicamente deteriorado pero quizá sería posible tratar de conseguir alargar a vida útil dos libros e sobre todo non entrar ao xogo das editoriais. Tentaremos traballar sobre este tema.
  Rematamos esta reflexión indicando que no vindeiro curso volveremos a repetir este proceso a finais de Xuño con a suficiente anticipación e información, a cal acompañada desta estimable experiencia, desenvolveremos este banco de libros.
 Grazas a todos e esperamos seguir contando coa vosa colaboración e ideas.
  

-   A directiva .-

sábado, 20 de octubre de 2012

Folga estudantes.-




Amosamos a evolución do seguimento da folga, segundo a dirección do centro:
 


Martes.
ESO 1º,2º 15%,
ESO 3º,4º 25%,
BACH. 40%

Mércores.
Conxunto ESO 50%,
BACH. 70%

xoves.
Conxunto ESO 25%,
BACH 30%



Un  saúdo
Juan Rodríguez Silvar



· · ·
IES Sofía Casanova
Rúa O Galego Soto s/n
15403 Ferrol (A Coruña)
T. 981 311 500 M. 638 836 907 F. 981 313 146
http://www.edu.xunta.es/centros/iessofiacasanova

 

MOBILIZACIÓNS ESTUDANTÍS.-


FERROL

Centenares de persoas protestan en Ferrol contra os recortes en educación.

Defender un ensino público de calidade e condenar as políticas austeras en materia de docencia do Goberno do Partido Popular, principais obxectivos da manifestación.

José M. Ameneiros
17 de outubro de 2012               
 
Jose Pardo

Jose Pardo
Varias centenas de manifestantes marcharon hoxe polas rúas do centro de Ferrol para protestar contra os recortes do Partido Popular en materia de educación. A gran maioría eran novos alumnos que, convocados polo Sindicato de Estudantes de Ferrolterra, partiron ás 12 da mañá desde o edificio administrativo da Xunta, entre pancartas reivindicativas e berros contra o Goberno. "Se os cartos son públicos, o ensino tamén", e "Menos represión e máis educación. "En defensa do ensino público" eran algunhas das consignas que se podían ler. Tamén houbo cánticos como "non nos resignamos, imos loitar".
 
Paralelamente, desde o monumento ao 10 de marzo, saíu outro grupo de manifestantes máis reducido, algo menos de cen persoas. Esta vez os convocantes eran as mocidades de Galiza Nova. "Queremos mobilizarnos en contra dos recortes continuos que está a promover o PP, tanto no Goberno central como no da Xunta", dicía Néstor Fernández, responsable comarcal de Galiza Nova en Ferrolterra.
Estas manifestacións enmárcanse dentro das 72 horas de folga estudantil que hai convocadas, a nivel nacional, nos ensinos de ESO e Bacharelato.
   Mañá é o último día de inactividade.

-La Voz de Galicia .-
 

viernes, 19 de octubre de 2012

Banco de libros.-

As Anpas apostan pola creación de bancos de libros de texto ante a crise.

 Mércores, 19 de Setembro de 2012.

Desde a substitución fai tres anos da gratuidade universal de libros de texto promovida polo bipartito da Xunta -a través da cal os alumnos recibían sen custo algún os manuais que o curso seguinte pasarían a mans doutros compañeiros- polo modelo de axudas en función das rendas instaurado polo actual goberno galego, na comarca de Ferrolterra foron xurdindo diferentes iniciativas encamiñadas a recuperar o inicial sistema de préstamo de libros.

Promovidas en todos os casos polas asociacións de nais e pais de alumnos, coa colaboración das direccións dos propios centros educativos, algunhas quedaron no camiño, mentres que outras conseguiron desenvolver un proxecto que vai a máis. O actual contexto de crise económica, no que moitas familias se atopan con grandes dificultades para facer fronte ao gasto que supón a compra dos manuais escolares, tal e como denuncian as Anpas, contribuíu á proliferación de novas iniciativas neste sentido.
 
Tal foi o caso dos dous institutos da cidade que aglutinan ao maior número de alumnado de Secundaria, o IES Concepción Arenal e o Sofía Casanova. As Anpas de ambos os centros decidiron a finais do pasado curso pór en marcha bancos de libros co propósito de, polo menos, conseguir reducir o custo familiar.
 
Onte, a asociación do primeiro dos centros procedeu á repartición dos libros, dos que se poderán beneficiar as máis de 20 familias que han decicido participar no proceso."Todas as familias que solicitaron participar no sistema de préstamo recibirán, como mínimo, un libro, o cal xa supón un aforro", comentaban onte desde a ANPA.
 
"Ao ser o primeiro ano, non se animou moita xente a depositar os libros de texto que xa non volverían utilizar, aínda que grazas ao apoio mostrado tanto polo profesorado como pola dirección decidimos seguir adiante", engaden.
Ademais, a intención é continuar e conseguir incrementar o número de libros nos próximos cursos, co propósito de seguir "contrarrestando o gasto das familias", apuntaron onte desde a ANPA. Tamén destacaron o feito de que houbese familias que, sen facer uso do préstamo, doasen libros que xa non terán ningunha utilidade para os seus fillos. De face ao ano que vén, prevese establecer un baremo para a adxudicación dos manuais que se reúnan.
 
ANPA IES Sofía Casanova.-
 
Tamén foi a finais do curso pasado cando a ANPA do IES Sofía Casanova decidiu recuperar o sistema de préstamo de libros en aras da economía de moitas familias pero tamén para "facer un exercicio de reciclaxe e aproveitamento dous materiais escolares", tal e como destacaban onte. Neste caso, optouse por dar prioridade, á hora de asignar o material doado polas familias, aos socios, "sen excluír aos demais".
 
No caso dos libros de 2º e 4º da ESO, os únicos que o curso pasado quedaban polo antigo sistema gratuíto, o centro decidiu cedelos á Anpa, que aproveitou uns 90 "os demais non se correspondían cos materiais do curso actual". "Estamos satisfeitos, porque para ser a primeira vez a resposta foi boa", subliñaban onte desde a entidade. "Esperamos que para ou vindeiro curso a iniciativa sexa máis coñecida e tamén os mecanismos para desenvolvela máis rápidos", engadiron.
 
Segundo explicaron, a intención da Anpa "é que ningunha familia das que desexan beneficiarse do sistema queden sen ningún libro". No curso actual, tal e como informaron o seu momento, a condición básica para acceder ao programa consistiu en "facer unha doazón de libros de texto en vigor para poder recibir outros".
 
Diario de Ferrol.-
 
 

lunes, 10 de septiembre de 2012

Doazón de Libros.-

 
Informamos que estaremos este vindeiro LUNS e MARTES de 10,30 h á 12,30 h no IES Sofía Casanova para recoller libros e continuar co banco de libros e posterior entrega durante toda esta semana neste mesmo horario.
 
  O resto da semana, mércores, xoves e venres continuaremos coa doazón de     libros. Animamos as familias a facer as conseguintes doazóns dos libros que xa non se fan uso escolar co fin de posibilitar este fin a maioría do alumnado solicitante.
 
Por ser o primeiro ano en desenvolver este proceso, pedimos colaboración, paciencia pola falta de experiencia e desculpas por non ser tan resolutivos .
Esta experiencia nos servirá para o vindeiro curso, que informaremos por anticipado e será todo máis simple para todos.
 
Saúdos
- A directiva.-


viernes, 17 de agosto de 2012

Calendario escolar.-

 Reenviamos parte da extensa Orde da Consellería de Cultura, Educación..
cos calendarios, actividades escolares...
- Directiva Anpa.-
    CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 13 de xuño de 2012 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2012/2013 nos centros docentes sostidos con fondos públicos.



A disposición adicional quinta da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (BOE do 4 de maio) establece que as administracións educativas fixarán anualmente o calendario escolar e que este comprenderá un mínimo de 175 días lectivos para o ensino obrigatorio.

Tendo en conta que as funcións de planificación, regulación e administración do ensino integrado son competencia da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e co obxecto de fixar o calendario escolar e as actividades de fin de curso para o curso 2012-2013 nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, por proposta da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, taria e co obxecto de fixar o calendario escolar e as actividades de fin de curso para o curso 2012-2013 nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, por proposta da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa,

DISPOÑO:
CAPÍTULO I

Calendario escolar

Artigo 1.

Aprobación

Apróbase o calendario escolar para o curso 2012-2013 coas especificacións que se sinalan.

Artigo 2.

Ámbito de aplicación

Esta orde é de aplicación en todos os centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos.
Artigo 3.

Duración do curso académico

1. O curso académico abranguerá desde o día 1 de setembro de 2012 ata o 31 de agosto de 2013.

2. Nos primeiros días do mes de setembro e ata o día 6 como máximo realizaranse as probas correspondentes á convocatoria extraordinaria do curso 2011-2012 para o alumnado de educación secundaria obrigatoria e bacharelato.

3. As sesións de avaliación e a entrega de cualificacións da dita convocatoria extraordinaria poderán realizarse ata o día 10 de setembro, incluído.
4. Sen prexuízo do establecido no artigo 10 desta orde, nos días en que se celebren as probas extraordinarias será de aplicación o punto 107 das instrucións que regulan a organización e o funcionamento dos institutos de educación secundaria, aprobadas pola Orde do

1 de agosto de 1997 (DOG do 2 de setembro), e o punto 127 das instrucións que regulan a organización e o funcionamento dos centros públicos integrados, aprobadas pola Orde do 3 de outubro de 2000 (DOG do 2 de novembro). Para tal fin, as direccións dos centros elaborarán o correspondente horario de gardas. O alumnado de educación secundaria obrigatoria e bacharelato que non puidese ma    tricularse no prazo ordinario poderá facelo no prazo extraordinario, que rematará o día 12 de setembro de 2012, incluído.

Artigo 4.

Comedores escolares dos centros públicos

Os comedores escolares funcionarán en educación primaria desde o día 12 de setembro de 2012 ata o 21 de xuño de 2013. En educación secundaria obrigatoria funcionarán desde o 17 de setembro de 2012 ata o 21 de xuño de 2013.

Artigo 5.

Actividades lectivas

1. No 2º ciclo de educación infantil, na educación especial e na educación primaria, a    impartición efectiva de clases realizarase do día 12 de setembro de 2012 ao 21 de xuño de 2013, ambos os dous inclusive.
2. Na educación secundaria obrigatoria, no bacharelato e na formación profesional, a impartición efectiva de clases realizarase do día 17 de setembro de 2012 ao 21 de xuño de 2013, ambos os dous inclusive. Non obstante o anterior, para o segundo curso de bacharelato a impartición efectiva de clases rematará de acordo coas datas previstas para a proba de acceso á universidade. Terán a consideración de días lectivos os dedicados á impartición efectiva de clases e aqueles que se dediquen á realización das probas e avaliacións finais das convocatorias ordinaria e extraordinaria.
3. Nas ensinanzas de réxime especial as actividades lectivas realizaranse entre os días 17 de setembro e 28 de xuño, de acordo cos calendarios de probas de acceso e probas de certificación establecidos para cada unha delas.
Artigo 6.

Períodos de vacacións

1. Nadal: desde o día 22 de decembro de 2012 ata o día 7 de xaneiro de 2013, ambos os dous inclusive.

2. Semana Santa: desde o día 25 de marzo ata o 1 de abril de 2013, ambos os dous inclusive.

3. Entroido: días 11, 12 e 13 de febreiro de 2013.

Artigo 7.

Días non lectivos

1. Son días non lectivos os festivos así declarados pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, en exercicio das competencias que lle atribúe o artigo 45 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, na súa redacción dada polo Real decreto 1346/1989, do 3 de novembro (BOE do 7 de novembro), e as festas laborais de carácter local publicadas por resolución da dita consellería.

2. Nos centros en que unha ou as dúas festas laborais de carácter local, ás cales se efire o punto anterior, non coincidan con días de clase, os consellos escolares, os consellos sociais ou, no seu defecto, os responsables dos centros de menos de tres unidades poderán solicitar, segundo proceda, un ou dous días non lectivos, que deberán preverse na programación xeral do centro, argumentando razóns de tradición, costume ou conveniencia pedagóxica. Esta petición deberá facerse antes do día 28 de outubro de 2012, perante a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que, logo de informe da Inspección Educativa e dos que coide oportunos, resolverá o que proceda. É recomendable que os centros da mesma localidade elixan, de ser o caso, os mesmos días non lectivos, para o que se buscará o consenso entre todos os centros para a súa selección.
3. Ademais dos anteriores, sen prexuízo do establecido no artigo 8.2 e co fin de unificar a realización dos patróns de cada nivel educativo, establécese o Día do Ensino coa consideración de non lectivo para efectos académicos e que no curso 2012-2013 se celebrará o 2 de novembro de 2012.
Artigo 8.
Conmemoracións

1. Durante o curso escolar celebraranse, como mínimo, as seguintes conmemoracións:

– 25 de novembro de 2012: Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

– Do 1 ao 11 de decembro de 2012: conmemoración da Constitución e do Estatuto de autonomía de Galicia.

– 10 de decembro de 2012: Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

– 30 de xaneiro de 2013: Día da Paz.

– 8 de marzo de 2013: Día Internacional da Muller Traballadora.

– 15 de marzo de 2013: Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.

– Do 11 ao 15 de marzo de 2013: Semana da Prensa. Un día desta semana traballarase na aula con xornais.

– Entre o 12 e o 30 de abril de 2013: Día do Libro.

– 7 de abril de 2013: Día Mundial da Saúde.

– 9 de maio de 2013: Día de Europa.

– Do 9 ao 17 de maio de 2013: Semana das Letras Galegas.

– 5 de xuño de 2013: Día Mundial do Ambiente.

2. Cando algunha das datas a que se refiren os puntos anteriores sexa sábado, domingo, festividade local ou estea incluída nalgún dos períodos de vacacións establecidos no artigo 6 desta orde, a correspondente conmemoración celebrarase o día lectivo inmediatamente anterior ou posterior segundo estableza a programación xeral anual.
3. As datas a que se refire o punto 1 son lectivas para todos os efectos e nelas os centros deberán organizar actividades diversas, tendentes a salientar a importancia das referidas conmemoracións.                                                                                                                           CAPÍTULO II
Inicio do curso
Artigo 9.
Actividades de programación
1. Desde o día 1 de setembro ata o inicio das clases, o profesorado dos centros públicos, ben individualmente, ben formando parte dos órganos de coordinación didáctica correspondentes, baixo a dirección dos seus responsables, colaborará na elaboración da programación xeral anual e na revisión dos proxectos educativos e concrecións de currículos, participará nas reunións de ciclos, departamentos, claustros e cantas outras actividades estean relacionadas coa organización do curso. Neste período os departamentos didácticos e os equipos de ciclo, baixo a coordinación e dirección da respectiva xefatura de departamento ou coordinación de ciclo, dedicaranse a elaborar a programación didáctica das ensinanzas correspondentes ao ciclo, ás áreas, materias ou módulos integrados no departamento e a organizar o curso escolar.
2. As direccións dos centros, a través da Xefatura de Estudos, velarán porque o profesorado realice as funcións do punto anterior.
3. Previamente ao inicio de curso, o profesorado responsable de cada departamento e da coordinación de ciclo fará entrega da programación didáctica á Xefatura de Estudos.
A Dirección do centro remitirá as programacións docentes á Inspección Educativa, que comprobará a súa adecuación ao establecido nas disposicións vixentes e formulará as suxestións que coide oportunas, indicando as correccións que procedan.
4. Ao inicio de curso, o profesorado responsable de cada departamento e da coordinación de ciclo elaborará información básica relativa á programación didáctica, que dará a coñecer á comunidade educativa seguindo o procedemento establecido no centro para garantir a súa publicidade. Así mesmo, o profesorado informará o alumnado das programacións docentes da súa área ou materia. Esta información básica incluirá os obxectivos, contidos e criterios de avaliación do ciclo ou curso correspondente, os mínimos exixibles para obter unha valoración positiva, os criterios de cualificación e os procedementos de avaliación da aprendizaxe que se vaian utilizar.

5. Nos centros pertencentes á Rede de Centros Integrados de Formación Profesional de Galicia seguirase o establecido no artigo 3 da Orde do 29 de xullo de 2011 pola que se desenvolve o Decreto 77/2011, do 7 de abril, polo que se establece o Regulamentoorgánico dos centros integrados de formación profesional competencia da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Artigo 10.
Xornada escolar
1. A xornada escolar será a establecida pola lexislación vixente para cada unha das etapas e niveis.
2. Aqueles centros que combinen o servizo de transporte escolar con outros centros deberán establecer, coa autorización da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, un horario que, coas adaptacións necesarias, lles permita garantir o axuste e a perfecta coordinación dos centros con este servizo. Estes centros comunicaranlle á xefatura territorial a proposta de horario escolar para o curso 2012-2013, que deberá resolver antes do inicio das clases.
3. A xornada matinal nos centros que a tivesen concedida pola xefatura territorial para os meses de xuño e setembro do ano académico 2011-2012 considérase prorrogada para o curso 2012-2013 nos mesmos termos, sempre que non variasen as circunstancias en que foi concedida.

.../...