CONSELLO ESCOLAR
Informamos que vaise constituír o novo Consello Escolar do IES Sofía Casanova o vindeiro MARTES-11 a raíz do pasado proceso electoral de alumnxs, profesores e pais-nais.
A dirección nos informa dun proceso electoral exemplar do alumnado o cal valoramos como moi positivo e responsable.
Esta ANPA intentou impulsar un proceso electoral de nais e pais máis plural que ao final foi escaso cunha única candidatura. Trataremos de animar e impulsar máis candidaturas para as vindeiras eleccións.
Esta ANPA ten unha representante directa neste Consello Escolar, nomeada na pasada Asemblea e que será quen levará os acordos desta asociación.
Neste primeiro Consello Escolar vaise constituír o propio Consello Escolar e a Comisión de Economía do Centro, designar os membros da Comisión de Igualdade e renovación ou non do Observatorio da Convivencia Escolar.
Calquera suxestión ou aportación vosa neste senso, será recibida pola directiva para a súa valoración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario