viernes, 19 de octubre de 2012

Banco de libros.-

As Anpas apostan pola creación de bancos de libros de texto ante a crise.

 Mércores, 19 de Setembro de 2012.

Desde a substitución fai tres anos da gratuidade universal de libros de texto promovida polo bipartito da Xunta -a través da cal os alumnos recibían sen custo algún os manuais que o curso seguinte pasarían a mans doutros compañeiros- polo modelo de axudas en función das rendas instaurado polo actual goberno galego, na comarca de Ferrolterra foron xurdindo diferentes iniciativas encamiñadas a recuperar o inicial sistema de préstamo de libros.

Promovidas en todos os casos polas asociacións de nais e pais de alumnos, coa colaboración das direccións dos propios centros educativos, algunhas quedaron no camiño, mentres que outras conseguiron desenvolver un proxecto que vai a máis. O actual contexto de crise económica, no que moitas familias se atopan con grandes dificultades para facer fronte ao gasto que supón a compra dos manuais escolares, tal e como denuncian as Anpas, contribuíu á proliferación de novas iniciativas neste sentido.
 
Tal foi o caso dos dous institutos da cidade que aglutinan ao maior número de alumnado de Secundaria, o IES Concepción Arenal e o Sofía Casanova. As Anpas de ambos os centros decidiron a finais do pasado curso pór en marcha bancos de libros co propósito de, polo menos, conseguir reducir o custo familiar.
 
Onte, a asociación do primeiro dos centros procedeu á repartición dos libros, dos que se poderán beneficiar as máis de 20 familias que han decicido participar no proceso."Todas as familias que solicitaron participar no sistema de préstamo recibirán, como mínimo, un libro, o cal xa supón un aforro", comentaban onte desde a ANPA.
 
"Ao ser o primeiro ano, non se animou moita xente a depositar os libros de texto que xa non volverían utilizar, aínda que grazas ao apoio mostrado tanto polo profesorado como pola dirección decidimos seguir adiante", engaden.
Ademais, a intención é continuar e conseguir incrementar o número de libros nos próximos cursos, co propósito de seguir "contrarrestando o gasto das familias", apuntaron onte desde a ANPA. Tamén destacaron o feito de que houbese familias que, sen facer uso do préstamo, doasen libros que xa non terán ningunha utilidade para os seus fillos. De face ao ano que vén, prevese establecer un baremo para a adxudicación dos manuais que se reúnan.
 
ANPA IES Sofía Casanova.-
 
Tamén foi a finais do curso pasado cando a ANPA do IES Sofía Casanova decidiu recuperar o sistema de préstamo de libros en aras da economía de moitas familias pero tamén para "facer un exercicio de reciclaxe e aproveitamento dous materiais escolares", tal e como destacaban onte. Neste caso, optouse por dar prioridade, á hora de asignar o material doado polas familias, aos socios, "sen excluír aos demais".
 
No caso dos libros de 2º e 4º da ESO, os únicos que o curso pasado quedaban polo antigo sistema gratuíto, o centro decidiu cedelos á Anpa, que aproveitou uns 90 "os demais non se correspondían cos materiais do curso actual". "Estamos satisfeitos, porque para ser a primeira vez a resposta foi boa", subliñaban onte desde a entidade. "Esperamos que para ou vindeiro curso a iniciativa sexa máis coñecida e tamén os mecanismos para desenvolvela máis rápidos", engadiron.
 
Segundo explicaron, a intención da Anpa "é que ningunha familia das que desexan beneficiarse do sistema queden sen ningún libro". No curso actual, tal e como informaron o seu momento, a condición básica para acceder ao programa consistiu en "facer unha doazón de libros de texto en vigor para poder recibir outros".
 
Diario de Ferrol.-
 
 

No hay comentarios: