lunes, 15 de mayo de 2017

Información sobre Xornadas ANPAS GALEGAS ao redor da innovación educativa


Asunto: Información sobre Xornadas ANPAS GALEGAS ao redor da innovación educativa



Bo día a tod@s

Como xa todas/os sabemos, un dos obxectivos da Confederación ANPAS GALEGAS (Confederación na que a nosa Federación está integrada) é a implantación dun modelo educativo que verdadeiramente estea pensado para que as nosas fillas e fillos dispoñan da mellor formación posible, un modelo educativo que verdadeiramente atenda á diversidade do alumnado e considere esa diversidade como unha riqueza e non como un problema económico. Un modelo educativo que persiga unha verdadeira rendibilidade social e non se vexa condicionado pola tan manida rendibilidade económica, en definitiva un modelo educativo cuxo obxectivo principal sexa formar persoas para unha sociedade mellor e non man de obra (mais ou menos cualificada) para un determinado sistema económico.

Na Confederación ANPAS GALEGAS opinamos que o primeiro paso para acadar ese lexítimo obxectivo, é necesario concienciar ás familias de que ese modelo educativo é tan real como posible, que ese modelo educativo é un DEREITO das nosas filas e fillos e non unha "limosna" que "graciosamente" nos concede que goberna.

É por iso que a Confederación ANPAS GALGAS adica un importante esforzo á organización de xornadas dirixidas ao conxunto da comunidade educativa e, sobre todo ás familias, onde a través de distintas experiencias e relatorios de profesionais cualificadas/os, se evidencia a posibilidade real de ese modelo educativo alternativo.
Nesa liña o vindeiro sábado día 20 de maio, celébrase en Nigrán (Pontevedra) unha xornada que demos en chamar "ACTUALIZÁNDONOS, xornadas de ANPAS GALEGAS ao redor da innovación educativa na escola pública".

Todas aquelas/es que teñades interese en asistir a estas interesantísimas xornadas estades convidadas/os, a Federación de ANPAS do Valminhor (encargada desta volta de facer o traballo mais duro, ou sexa a organización) creou unha páxina web onde ven perfectamente detallado todo o necesario para a participación e os servizos que se ofertan (espazo de crianzas, xantar e incluso lugares onde aloxarse se alguén pensa en pasar un par de días agradables nesa incrible comarca galega). O enlace é:

O sitio web das xornadas é: http://xornadasanpasgalegasvalminhor.org/

Como podedes comprobar ó único que temos que pagar é o xantar (custo da materia prima) e o aloxamento daquelas/es que queiran quedarse, xa que as xornadas rematarán sobre as 20:00 horas do sábado é non e preciso quedarse.
Xunto a este correo o cartaz das xornadas, o programa pódese consultar a través do enlace anterior. Espero que este correo teña a máxima difusión entre socias/os e o resto da comunidade educativa e gostaría moito dunha importante presenza de Ferrolterra nestas interesantes xornadas.

Unha aperta

Javier Sánchez, Presidente da FEANPAS


Federación Comarcal de ANPAS de Centro Públicos de Ferrolterra.

     



X ENCONTRO EN SEDES- MEDIO RURAL GALEGO - EDUCACIÓN- Vindeiro fin de semana.-

 

X ENCONTRO EN SEDES- MEDIO RURAL GALEGO - EDUCACIÓN-




     
  PRESENTACIÓN E METODOLOXÍA DO ENCONTRO  
  
   Os ENCONTROS DE DEBATE SOBRE O MEDIO RURAL GALEGO son unha iniciativa singular de Nova Escola Galega que comeza en 2006, ano a partir do cal se teñen desenvolvido nove edicións, que retoman a xeira doutros catro Encontros realizados nos últimos anos oitenta.
 Estes foros interdisciplinares pretenden achegarlle ao profesorado, á comunidade educativa e á sociedade no seu conxunto reflexións sobre a historia, a actualidade e o futuro do medio rural galego, con especial atención ao papel que neste medio desenvolven a cultura e a educación, ben desde a propia institución escolar ou ben desde outras iniciativas de carácter socioeducativo e/ou comunitario promovidas por entidades diversas e asociacións do eido cultural. Desde os seus principios esta actividade procurou servir de espazo de encontro e confluencia de diferentes profesionais e colectivos galegos (sobre todo locais) e de fóra de Galiza, para dar a coñecer e impulsar accións a prol dun futuro sustentable para o medio rural, horizonte no que o papel da cultura e da educación adquire unha importancia estratéxica, tal e como afirman distintos organismos internacionais.  

    A escola rural, se está inserida no seu medio e é permeable á cultura comunitaria, pode ser entendida como un laboratorio pedagóxico capaz de promover experiencias de alto valor profesional para as e os docentes e moi valiosas para as comunidades onde se asenta.
 No pasado, a escola rural foi entre nós na maior parte dos casos un instrumento de destrución cultural e social e só en escasas ocasións puido ser valorada como referente cultural –ás veces, o único– de primeira magnitude. Cando isto aconteceu púidose falar de escolas comunitarias, xermolo posible do que hoxe se considera un dos patróns pedagóxicos máis ricos: as denominadas "comunidades de aprendizaxe".
 Estas experiencias contan coa potencia pedagóxica da propia veciñanza e contribúen á consecución de aprendizaxes significativas e de vivencias que axudan ao desenvolvemento integral das persoas en formación; son experiencias que desenvolven, da man da cultura e nos nosos particulares territorios de convivencia, verdadeiros espazos para a formación permanente ao longo da vida.
  
  Nesta liña de traballo atópase a comunidade  veciñal de Sedes, que tenta funcionar coma unha comunidade educativa considerando a toda a veciñanza  como suxeito e destinatario da acción socioeducativa.
 A elección de Aldea Nova como sede deste X Encontro, que nesta ocasión levará por título

NA PROCURA DUN PLAN DE EDUCACIÓN ESPECÍFICO PARA O RURAL

pretende  poñer en valor o proxecto de desenvolvemento rural no que se inspirou e, ao tempo, ofrecerlle o apoio da comunidade de educadores e educadoras rurais e persoas e colectivos defensores do rural de toda Galiza.   Tamén queremos reflexionar acerca da necesidade de proxectos de escolarización específicos para o rural, a partir dun modelo de escola integrada no medio, na comunidade local e na cultura rural: como é sabido todo proceso de desenvolvemento sociocultural e educativo necesariamente debe poñer o acento na dimensión comunitaria, e moi especialmente cando se contextualiza no medio rural. O concello de Narón pon en funcionamento nos anos 2007-2008 o parque temático do mundo rural "Aldea Nova",  un proxecto de desenvolvemento rural non produtivo, coa finalidade de que servira de impulso para formar, promover e dinamizar as zonas rurais achegadas ás zonas urbáns, cun obxectivo educacional e socioeconómico.  

   Neste senso vai tamén a proposta de retomar a pedagoxía Freinet, polo seu potencial como modelo educativo ben diferenciado e pola súa validez no actual contexto educativo en ámbitos rurais.   
   A actividade do Encontro realizarase en horario intensivo o venres 31  de marzo (pola tarde), o sábado 1 (todo o día) e o domingo 2 (só de mañá) de abril de 2017, e ao longo de todas esas horas de convivencia desenvolveranse diferentes propostas formativas (relatorios, mesas abertas, experiencias e boas prácticas educativo-rurais etc.) co seu correspondente espazo de debate e reflexión pedagóxica, pero tamén haberá tempo para analizar a importancia das relacións sociais nun contexto de despoboamento, poñer de manifesto as potencialidades económicas do rural a partir da experiencia de proxectos reais en funcionamento, debater sobre a necesidade de que o profesorado que traballa no medio rural conte cunha formación inicial e continua especializadas nese eido, así como gozar da cultura rural galega a través dalgunhas das súas variadas manifestacións: música da terra e baile, recital de poesía musicada, teatro comunitario, itinerarios e obradoiros didácticos e unha exposición de fotografías antigas e diversos obxectos etnográficos locais. 

   O grupo de educación no rural de NEG convoca pois a profesionais e estudantes dos eidos da educación ou o desenvolvemento rural, familias, ANPAS e calquera persoa preocupada polo futuro do medio rural, a participar nestas xornadas de análise, reflexión e convivencia.    
        

  OBXECTIVOS DO ENCONTRO     
 
 Constituírse como punto de encontro de todas aquelas persoas interesadas polo presente e polo futuro do medio rural galego e da súa educación. 
 Ofrecer alternativas de creación cultural, desenvolvemento comunitario, didáctica escolar e planificación educativa, centradas no medio rural. 
 Presentar o proxecto de desenvolvemento rural de Aldea Nova como referente sociocomunitario e socioeducativo dentro das zonas galegas próximas á unha cidade. 
 Configurar un grupo de acción, que coordine e integre iniciativas xa impulsadas por outros colectivos, que se mobilice e demande da administración autonómica unha mellor atención e coidado da educación na zona rural. 
 Análise da situación da escola no medio rural e procura de alternativas encamiñadas á elaboración dun plan específico de educación no rural. 
 Poñer en valor o potencial da pedagoxía Freinet na procura doutros modelos educativos, adaptados a contextos rurais.
 
Máis información Doc. AXUNTO.-


Saúdos


- Anpa .-
 



 

sábado, 4 de marzo de 2017

FOLGA ENSINO- 9 MARZO-2017

 
 
 
FOLGA ENSINO
9 de MARZO-2017
 
                                    XORNADA DE FOLGA NO ENSINO
A totalidade da comunidade educativa do Estado convocou, para o vindeiro xoves día nove de marzo e en todos os niveis educativos do ensino, unha nova xornada de folga contra a LOMCE. Esta convocatoria vai dirixida á docentes, nais/pais e alumnas/os.
Dende esta Federación de ANPAs, e por medio deste escrito, pretendemos expoñer brevemente cales son as razóns que xustifican a necesidade desta nova convocatoria de folga, mais aínda cando se están a escoitar voces desmobilizadoras que pretenden facernos crer que xa todo esta solucionado.
Aínda a risco de ser repetitivos, pensamos que é importante facer un pequeno análise recordando o que é a LOMCE o que, ao noso entender, representa e as consecuencias que traerá sobre as nosas fillas e fillos. Primeiramente debemos ter claro que se lle chama LOMCE a unha Lei Orgánica auto-nomeada de “Mellora da Calidade Educativa”, lei que se aprobou no ano 2013 para MODIFICAR a LOE (Lei Orgánica 2/2006 de Educación) que aínda é a lei vixente en materia educativa en España. Polo tanto o que fixo a LOMCE foi modificar un importante número de artigos da LOE co obxectivo final de establecer un determinado modelo educativo, destacamos o tantas veces dito pero que nos parece fundamental ter claro: A LOMCE elimina as competencias decisorias dos Consellos Escolares e os converte en meros órganos de consulta e, ademais, establece un procedemento de selección de directoras/es no que a decisión final resérvase para a Administración educativa, por iso dicimos que é unha Lei ANTIDEMOCRÁTICA; a LOMCE eliminou do currículo a “educación para a cidadanía” e estableceu como materia curricular, mesmo no bacharelato, a “relixión católica”, ademais reduciu drasticamente horas curriculares nas “ciencias sociais” (historia, filosofía, etc...) e nas “materias artísticas”, por iso dicimos que é unha Lei IDEOLÓXIZADA; a LOMCE potencia a educación concertada e permite a educación “diferenciada por sexos”, o que vulnera gravemente o dereito fundamental á igualdade consagrado na Constitución Española, por iso dicimos que é unha Lei SEGREGADORA; a LOMCE eliminou as “adaptacións curriculares” do modelo educativo, ferramenta fundamental para a inclusión educativa, establecendo os chamados “programas de mellora” e creando itinerarios temperás, onde alumnado moi xove (13 ou 14 anos) ten que decidir se vai a optar á liña da “excelencia” ou a liña da “formación profesional”, ademais todo isto acompañado dun escandaloso recorte nos recursos educativos de apoio, por iso dicimos que é unha Lei EXCLUINTE; a LOMCE reserva para o Estado a maioría da programación educativa, invadindo claramente as competencias autonómicas en materia curricular, por iso dicimos que é unha Lei CENTRALIZADORA. Como se pode observar con todo isto temos razóns abondas para rexeitar a LOMCE e aínda non se falou das famosas “reválidas”. As “probas finais de avaliación”, como a Lei chama ás reválidas, teñan ou non “efectos académicos” estrutúranse como unha ferramenta fundamental para implementar o modelo educativo deseñado pola LOMCE. Isto é así por ser probas deseñadas polo Goberno central, avaliadas por axentes externos e que terán repercusións nos centros educativos ao establecer ránkings de centros e criterios para a dotación dos recursos, resulta que a mellores resultados, maiores recursos. Xa sabemos que estas probas avalían o nivel de memorización acadado polas alumnas/os dos contidos curriculares establecidos pola LOMCE, os centros non terán mais opción que cinguirse ao currículo LOMCE, o que liquidará a capacidade de establecer os seus proxectos educativos e, polo tanto, liquídase a autonomía docente dos centros e a atención á diversidade.
As consecuencias da implantación da LOMCE son claras, o establecemento final dun MODELO EDUCATIVO NEOLIBERAL que pretende formar a unha maioría social como traballadoras/es e consumidoras/es, con escasa formación persoal e cultural e cunha clara formación técnica moi especializada, maioría social que servirá a un mercado laboral completamente liberalizado como “man de obra barata”. Doutra banda permitirá a unha elite social, que dispón de grandes recursos, formar ás súas fillas e fillos na chamada “educación da excelencia” para continuar sendo elite.
      É ESTE O MODELO EDUCATIVO QUE QUEREMOS PARA AS NOSAS FILLAS E FILLOS?
Porqué é necesario que a comunidade educativa continúe mobilizándose? Como ben recordaredes, na campaña electoral TODOS os partidos políticos, excepto o Partido Popular, PROMETERON DERROGAR A LOMCE canto houbera unha maioría parlamentaria alternativa no Parlamento Español. Hoxe existe esa maioría parlamentaria alternativa, mais a LOMCE continúa VIXENTE e as nosas fillas e fillos xa están sufrindo as perniciosas consecuencias desta lei antidemocrática.
Que é o que realmente se fixo no Parlamento Español? Pois no Parlamento, de momento, non se fixo NADA. O Goberno aprobou o día 9 de decembro pasado un Real Decreto Lei por motivos de urxencia. Esta norma NON pode derrogar a LOMCE e, exclusivamente, “paraliza o calendarios de implantación das reválidas” eliminando os efectos académicos ate que se aprobe o “pacto pola educación” asinado entre “PP” e “Ciudadanos” ao que, agora, sumouse o “PSOE”. Consecuentemente con isto as reválidas de 3º e 6º de primaria e a de 4º da ESO continuarán facéndose, é certo que de momento de xeito “censal”, pero como ninguén sabe a que centro lle tocará a “lotería” da proba e todos necesitamos ter bos resultados, pois seremos obedientes e aplicaremos a LOMCE sen chistar, non vaia a ser o demo!
QUE É O QUE DEMANDA A MAIORÍA DA COMUNIDADE EDUCATIVA?:
ESIXIMOS que se cumpran as promesas electorais e SE DERROGUE INMEDIATAMENTE A LOMCE. Para iso non hai mais que restablecer a LOE coa redacción anterior a aprobación da LOMCE, recordaredes que a lei educativa vixente e a LOE.
ESIXIMOS que en todo o Estado se constitúan as mesas de traballo necesarias para que estean presentes a totalidade das organizacións que representan ao conxunto da comunidade educativa (docentes, alumnas/os, nais/pais, expertos, administración, partidos políticos, etc..,). Non queremos un “seudo” pacto pola educación entre os de sempre, e que ao final non se mude nada.
ESIXIMOS que esas mesas de traballo, na que todas/os estaremos representadas/os, e no tempo que sexa necesario, elaboren o tan desexado por todas/os MODELO EDUCATIVO DE CONSENSO.
 Consecuentes con todo isto, a FEDERACIÓN COMARCAL DE FERROLTERRA DE ANPAS DE CENTROS PÚBLICOS, fai un chamamento a todas as familias de TODAS AS ETAPAS EDUCATIVAS para que SECUNDEN A FOLGA e NON leven as súas filas e fillos a escola o día 9 de marzo, participando ademais nas mobilizacións convocadas.
 

NON a LOMCE !!
NON aos RECORTES !!
NOVA LEI EDUCACIÓN !!
 
 
 
 
- Directiva .-
 


martes, 28 de febrero de 2017

Prazas vacantes - 2017-18 .-

Prazas vacantes para o curso 2017-2018

           Relación de prazas vacantes para o vindeiro
curso 2017-2018:

ESO:
           1º Curso:   15 prazas.
           2º Curso:   15 prazas.
           3º Curso:   8 prazas.
           4º Curso:   4 prazas.

BACHARELATO:
           1º Curso:  68 prazas.
           2º Curso:  40 prazas.
- Web - IES Sofía Casanova .-

X ENCONTRO DE DEBATE SOBRE O MEDIO RURAL GALEGO (Parque Temático Aldea Nova, Sedes)



X ENCONTRO DE DEBATE SOBRE O
MEDIO RURAL GALEGO
 (Parque Temático Aldea Nova, Sedes)




   Estimadas compañeiras e compañeiros:
   Axuntamos información sobre estas Xornadas de Convivencia que contarán coa participación de dúas ponencias por parte de ANPAS GALEGAS.
Dende FEANPAS animamos a participar desta oportunidade a estudantes, profesionais, familias e a todas aquelas persoas preocupadas polo futuro do medio rural: 

   O  grupo de educación no rural da Asociación Pedagóxica NOVA ESCOLA GALEGA convídavos a participar os días 31 de marzo, 1 e 2 de abril de 2017 nX ENCONTRO DE DEBATE SOBRE O MEDIO RURAL GALEGO, que levará por título NA PROCURA DUN PLAN DE EDUCACIÓN ESPECÍFICO PARA O RURAL.
Será no parque temático do mundo rural "Aldea Nova", Lagoela s/n, Sedes, Narón (A Coruña). Coordenadas  GPS:  43.561667 - 8.132778.
 
   Nestas xornadas de convivencia queremos reflexionar acerca da necesidade de proxectos de escolarización específicos para o rural, a partir dun modelo de escola integrada no medio, na comunidade local e na cultura rural: como é sabido todo proceso de desenvolvemento sociocultural e educativo necesariamente debe poñer o acento na dimensión comunitaria, e moi especialmente cando se contextualiza no medio rural.
 O concello de Narón pon en funcionamento nos anos 2007-2008 o parque temático do mundo rural "Aldea Nova",  un proxecto de desenvolvemento rural non produtivo, coa finalidade de que servira de impulso para formar, promover e dinamizar as zonas rurais achegadas ás zonas urbáns, cun obxectivo educacional e socioeconómico.
Neste senso vai tamén a proposta de retomar a pedagoxía Freinet, polo seu potencial como modelo educativo ben diferenciado e pola súa validez no actual contexto educativo en ámbitos rurais.    
 
Máis información en:   www.neg.gal  
Un cordialísimo saúdo do grupo de educación no rural de NOVA ESCOLA GALEGA.

Federación Comarcal de ANPAS de Centro Públicos de Ferrolterra.

     




miércoles, 15 de febrero de 2017

Mobilizacións contra a Lomce - 16 Febreiro



 
- Mobilizacións contra a LOMCE -


MANIFESTACIÓN o XOVES-16 de Febreiro ás 12 horas .-

CONCENTRACIÓN o XOVES-16 de Febreiro ás 19 horas.-

 
 


 
 
 



sábado, 11 de febrero de 2017

Nosa língua .-



- EQUIPA DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA -
 










Selectividade 7,8 e 9 de Xuño.-

 A selectividad será os días 7, 8 e 9 de xuño,
 e as notas sairán o 16.

Haberá ata catro materias para subir nota,
 ademais da obligatoria de opción.
 A Voz de Galicia
Sara Carreira
redacción / a voz 11/02/2017 
A selectividad galega vai tomando forma. Onte concretáronse varios puntos, especialmente as datas e as materias para subir nota. Primeiro, os días: celebrarase o 7, 8 e 9 de xuño, que serán mércores, xoves e venres; as notas chegarán unha semana despois, exactamente o día 16. A proba de setembro adiántase un día con respecto ao habitual, para que non chegue ao día 15, data límite segundo o decreto: será o 12, 13 e 14 (martes, mércores e xoves). Por certo, a selectividad, que nunca se chamou así oficialmente, ten nome novo: ABAU, Avaliación de Bacharelato para ou Acceso á Universidade; en castelán, EBAU, Avaliación de Bachillerato para o Acceso á Universidade.
Un asunto importante que se acordou onte é o número de optativas ás que o alumno pódese presentar para subir nota: serán 4, o máximo permitido polo decreto (o mínimo era ofrecer dous), aínda que ten certa trampa porque tamén se suma a asignatura obligatoria de opción, así que un estudante pode acabar con cinco materias para subir nota en función da carreira. «O obxectivo -explicou onte Pedro Armas, representante da Universidade dá Coruña na CIUG, a comisión interuniversitaria que se encarga da selectividad- é facilitar as cousas aos alumnos, especialmente a aqueles que non están decididos por unha carreira».
Un exemplo práctico. Unha estudante galega dúbida entre matricularse en Bioloxía ou Química. Na primeira carreira prímanse as asignaturas de Bioloxía, Ciencias dá Terra, Física, Matemáticas e Química; na segunda opción, só valórase dobre Física, Matemáticas e Química. Esta alumna sabe que Matemáticas xa se inclúe porque entra na parte xeral, a obligatoria. Pero como optativas, que pode elixir? Bioloxía e Química, claro, pero tamén pode atreverse con Física ou Ciencias dá Terra. A vantaxe deste sistema é que a moza ten cinco opcións, tres para cada carreira, de ter nota. Como o software elixirá as dúas mellores notas segundo a carreira que marque, garantirase un amplo abanico de posibilidades. «Nós deixamos o máis aberta posible esta opción -detallou onte Armas- aínda que é un número moi reducido de alumnos o que elixe as catro materias para subir nota. Cada ano, uns 100 dos 11.000 que se examinan».
O normal cando o alumno non ten claro que quere estudar é que se presente a tres asignaturas para subir nota, e evitar que o pinchazo nunha materia dea ao traste coas súas posibilidades. A iso hai que engadir, en calquera caso, a obligatoria de opción (Historia da Arte, Latín, Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais ou Matemáticas II, segundo o tipo de bachillerato elixido).
Este ano, como se recordará, a primeira parte da selectividad vale 10 puntos e inclúe Lingua Castelá, Lingua Galega, Historia de España, Primeira Lingua Estranxeira e a obligatoria de opción.
-La voz de galicia.-