martes, 28 de febrero de 2017

X ENCONTRO DE DEBATE SOBRE O MEDIO RURAL GALEGO (Parque Temático Aldea Nova, Sedes)



X ENCONTRO DE DEBATE SOBRE O
MEDIO RURAL GALEGO
 (Parque Temático Aldea Nova, Sedes)




   Estimadas compañeiras e compañeiros:
   Axuntamos información sobre estas Xornadas de Convivencia que contarán coa participación de dúas ponencias por parte de ANPAS GALEGAS.
Dende FEANPAS animamos a participar desta oportunidade a estudantes, profesionais, familias e a todas aquelas persoas preocupadas polo futuro do medio rural: 

   O  grupo de educación no rural da Asociación Pedagóxica NOVA ESCOLA GALEGA convídavos a participar os días 31 de marzo, 1 e 2 de abril de 2017 nX ENCONTRO DE DEBATE SOBRE O MEDIO RURAL GALEGO, que levará por título NA PROCURA DUN PLAN DE EDUCACIÓN ESPECÍFICO PARA O RURAL.
Será no parque temático do mundo rural "Aldea Nova", Lagoela s/n, Sedes, Narón (A Coruña). Coordenadas  GPS:  43.561667 - 8.132778.
 
   Nestas xornadas de convivencia queremos reflexionar acerca da necesidade de proxectos de escolarización específicos para o rural, a partir dun modelo de escola integrada no medio, na comunidade local e na cultura rural: como é sabido todo proceso de desenvolvemento sociocultural e educativo necesariamente debe poñer o acento na dimensión comunitaria, e moi especialmente cando se contextualiza no medio rural.
 O concello de Narón pon en funcionamento nos anos 2007-2008 o parque temático do mundo rural "Aldea Nova",  un proxecto de desenvolvemento rural non produtivo, coa finalidade de que servira de impulso para formar, promover e dinamizar as zonas rurais achegadas ás zonas urbáns, cun obxectivo educacional e socioeconómico.
Neste senso vai tamén a proposta de retomar a pedagoxía Freinet, polo seu potencial como modelo educativo ben diferenciado e pola súa validez no actual contexto educativo en ámbitos rurais.    
 
Máis información en:   www.neg.gal  
Un cordialísimo saúdo do grupo de educación no rural de NOVA ESCOLA GALEGA.

Federación Comarcal de ANPAS de Centro Públicos de Ferrolterra.

     




No hay comentarios: