viernes, 25 de noviembre de 2016

Maioría alumnado secunda a FOLGA.

Diario de Ferrol .-

Estudantes e Anpas voltaron á rúa para

esixir a derrogación da Lomce e das reválidas

Varios centos de persoas – máis de 700 segundo os convocantes– secundaron onte pola mañá a manifestación convocada na cidade naval no marco das mobilizacións do Sindicato de Estudantes e as Anpas Galegas para esixir, unha vez máis

Estudantes e Anpas voltaron á rúa para esixir a
 
derrogación da Lomce e das reválidas.
 
Un momento da manifestación de onte. daniel Alexandre
                       

  Varios centos de persoas –máis de 700 segundo os convocantes– secundaron onte pola mañá a manifestación convocada na cidade naval no marco das mobilizacións do Sindicato de Estudantes e as Anpas Galegas para esixir, unha vez máis, a derrogación da Lomce e a inmediata supresión das probas de avaliación, coñecidas como reválidas, implantadas na mesma.

   Esta é a única solución válida para as dúas organizacións como paso previo para comezar a falar dun pacto de estado en materia educativa, polo que vén nos últimos acontecementos ocorridos no Congreso –tanto a aprobación da proposición de lei do PSOE para paralizar o calendario de implantación da Lomce como o anuncio do ministro de aprobar un decreto para deixar sen efectos académicos as devanditas probas– unha “falacia e unha maquillaxe” para acadar a desmobilización dunha gran maioría da sociedade que desde o primeiro momento expresou a súa oposición á lei devandita lei educativa aprobada polo Partido Popular.

   Desde a delegación ferrolá do Sindicato de Estudantes, apuntaron onte que as mobilizacións continuarán ata que a Lomce e as reválidas desaparezan definitivamente.
   No tocante ao seguimento da xornada de folga, no ensino secundario situouse, segundo o colectivo, nunha media do 90%.
   En moitos institutos as aulas permaneceron valeiras durante toda a xornada.
   En centros como o IES Concepción Arenal, por exemplo, o 98% dos estudantes de 4º de ESO e de primeiro e segundo de Bacharelato non asistiron ás clases, mentres que no primeiro ciclo da ESO a asistencia ao centro foi aproximadamente dun 60%. Tanto neste nivel como en Infantil e Primaria, polas idades dos nenos, a folga ten que ser materializada polas familias.
   
  As que onte quixeron secundar a xornada reivindicativa optaron por non enviar aos seus fillos á escola. Nestes niveis, a incidencia foi moito menor que en Secundaria –arredor do 50% nos centros públicos–, variando moito entre uns colexios e outros. Houbo casos, como nos Casais ou no Manuel Masdías de Caranza, onde moi poucos nenos foron a clase.

 Trala manifestación de pola mañá, na que xunto aos estudantes e familias déronse cita sindicatos, representantes de partidos políticos así como traballadores e persoal do comité de empresa de Navantia ou membros de entidades culturais e sociais como Fuco Buxán, pola tarde tivo lugar, de novo diante do edificio administrativo da Xunta na Praza de España, unha concentración de rexeitamento á Lomce convocada pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público.
 
- Diario de Ferrol .-
 
 

No hay comentarios: