viernes, 25 de noviembre de 2016

Chamamento FOLGA ESTUDANTES.-

 A Feanpas chama ás familias a participar
na folga do xoves
Para a Confederación Anpas Galegas, da que forma parte a Federación de Anpas de centros
 públicos de Ferrolterra, "a actual realidade educativa non ten máis ca unha solución: derrogar a Lomce.
    
A Federación de Anpas celebrou onte unha asemblea aberta  daniel alexandre
A Federación de Anpas celebrou onte unha asemblea aberta daniel alexandre

Para a Confederación Anpas Galegas, da que forma parte a Federación de Anpas de centros públicos de Ferrolterra, "a actual realidade educativa non ten máis ca unha solución: derrogar a Lomce, con absolutamente todos os seus efectos e consecuencias, retomar a situación previa e poñerse a traballar cara unha nova normativa educativa que realmente puxe polos dereitos de todos o alumnado", apuntan.
En demanda deste obxectivo, e conxuntamente co Sindicato de Estudantes, o devandito colectivo de pais convocou para este xoves día 24 unha folga de alumnos e familias en todas as etapas educativas do ensino básico, desde Infantil ata Bacharelato.
Unha nova xornada de loita e revindicación que terá lugar días despois de que o pleno do Congreso acordara a toma en consideración dunha proposición de lei do PSOE para frear o calendario de implantación da Lomce e que foi admitida a trámite cos únicos votos en contra do PP, así como do anuncio do goberno estatal de suspender os efectos académicos das reválidas ata que haxa un pacto pola educación.
Dúas cuestións que non constitúen boas noticias para o colectivo das Anpas, que fixan na derrogación da Lomce e a volta á anterior norma, a LOE, a única solución válida. "Sabemos que desde os gobernos central e autonómico tentan desmobilizar ás familias enviando mensaxes enganosos como que 'xa non hai reválidas' ou que a 'Lomce xa está paralizada' e, desgraciadamente, nada máis lonxe da realidade", din desde o colectivo de pais. Critican ademais que o alumnado que está a cursar 2º de Bacharelato "está a estas alturas do curso sen coñecer cal vai ser a proba que lle vai permitir acceder aos estudos universitarios", apuntan.

concentración
Neste sentido, fan un chamamento a todas as familias para que secunden a protestas e non evíen aos seus fillos ao colexio este xoves, animándoas ao mesmo tempo a participar na manifestación prevista para as 12.00 horas e a concentración das 19.00 horas, ámbalas dúas fronte ao Edificio da Xunta na Praza de España.
Coa finalidade de informar ás familias sobre todas as cuestións e dúbidas que rodean ao tema da Lomce, a Fenpas celebrou onte unha asemble aberta no centro cultural Carvalho Calero.

Hoxé fará o mesmo cunha nova sesión, ás 19.00 horas, en Narón, concretamente no salón de actos do IES As Telleiras.
Diario de Ferrol.-


No hay comentarios: