- PETICIÓN ASCENSOR -
Esta ANPA do IES Sofía Casanova, continúa coa súa reivindicación ante a necesidade de instalar un ASCENSOR neste centro educativo e facilitar a mobilidade de persoas con discapacidade funcional .
Axuntamos os escritos presentados no Edifi. da Xunta de Galicia - Inspección de Educación- coas datas de rexistro de marzo- 2015 e abril- 2016, aparte do rexistrado este pasado mes de setembro.
Pensamos que a Consellaría de Educación non aplicou un verdadeiro plan de actuación para a ELIMINACIÓN de BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS e a implantación de ASCENSORES nos Centros Educativos co obxecto de facilitar unha mobilidade digna do alumnado ou persoal con discapacidade e diversidade funcional e facer cumprimento das respectivas normativas.
Saúdos
- Xunta Directiva .-
No hay comentarios:
Publicar un comentario