Todos os días son 8 de marzo.-
O Día Internacional da Muller Traballadora, tamén chamado Día Internacional da Muller, conmemora a loita das mulleres pola súa participación, en pé de igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa. Facémonos hoxe eco das palabras da Directora Executiva de ONU Mulleres Phumzile Mlambo-Ngcuka na súa mensaxe para 2016: “cada unha e cada un de nós é necesario para garantir que se adopten accións decisivas, visibles e cuantificables…Deamos o paso pola igualdade de xénero” Porque por moito que se alardee de avances en materia de igualdade, queda moito por conseguir.
E as ANPAs non son un universo aparte, nos tamén debemos comprometernos a dar o paso pola igualdade.
E as ANPAs non son un universo aparte, nos tamén debemos comprometernos a dar o paso pola igualdade.
Xa logramos introducir o N de nai na denominación das nosas organizacións. Até hai pouco APAs, a pesares de que a meirande parte do traballo na educación das fillas e fillos neste noso país lévano as mulleres sobre as costas.
Con honrosas excepcións masculinas, son as mulleres quen, maioritariamente, atenden a crianza, quen van falar co profesorado, quen están ao tanto das tarefas das fillas e fillos, quen controlan a súa saúde, a súa alimentación , controlan os horarios, fan a provisión do material escolar. Son tamén as mulleres quen acompañan quen atenden os seus despistes e quen aplauden os seus éxitos; son taxistas, seguidoras deportivas, conselleiras de necesidade, subministradoras de excepción, especialistas en sumas cando se suma, e en divisións cando se divide.
Desde as ANPAS quédanos moito que facer, moito que loitar para favorecer que nas direccións de todas as entidades do ámbito educativo cheguemos tamén a un 50-50, como sinala o lema da ONU: “Por un Planeta 50-50 en 2030: Deamos o paso para a igualdade de xénero”.
- Confederación ANPAS Galegas .-
No hay comentarios:
Publicar un comentario