viernes, 10 de mayo de 2013

FOLGA XERAL DE ENSINO - 9 MAIO -2013.-


A Lomce mobiliza en Ferrol a familias

e alumnos de toda a zona.

Os sindicatos cifran un seguimento da folga

 do 95% no estudiantado.



Imaxe da manifestación da tarde, moi numerosa, diante do edificio da Xunta, convocada pola Plataforma estatal. CÉSAR TOIMIL
         
Ferrol converteuse onte no epicentro das protestas na comarca contra a Lomce. O rexeitamento ao anteproxecto de lei do ministro Wert reuniu a media mañá na praza de España a centenares de persoas que integraron unha longa manifestación que acabou en Armas, tras marchar pola rúa Galiano e Dolores ata Amboage.
Javier Sánchez, presidente da Federación de Asociacións de pais de alumnos de Ferrolterra (Feanpas), valorou de forma moi positiva a folga: «A maioría dos pais non levaron aos seus fillos a clase, só aqueles que por temas de traballo, foilles imposible».
 
CIG-Ensino cifra no 90% o seguimento do alumnado, e en canto ao profesorado, á espera de datos aínda definitivos, Antonia Martínez, da central nacionalista, avanzou que en primaria se chegou ao 70% e en Secundaria, ao 40%.
 
Entre a longa marcha que saíu pola mañá, convocada pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, podíanse ver numerosas pancartas, que ademais de rexeitar a Lomce, facían referencia a outros problemas educativos da comarca. Así, lemas en contra do decreto dos comedores escolares ou en protesta pola situación que viven os profesores do CIFP Ferrolterra mostráronse durante a manifestación.
 
Tamén asociacións de pais de alumnos de centros como o IES de Canido, o CEIP de Recimil, ou o colexio Mosteiro de Caaveiro, da Capela, levaron as súas pancartas.
 
Igual de numerosa foi a manifestación da tarde, convocada pola Plataforma estatal en defensa da educación. Nesta marcha, con datos xa máis avanzados, cifrábase o seguimento da folga nun 95% no alumnado e un 70% no profesorado, aínda que con maior respaldo de Primaria.
Desde a entidade, que agrupa a sindicatos como CC.OO ou UGT e a Confapa, valoraron de forma moi positiva a reacción de familias, alumnos e profesores en contra da Lomce.
 
En canto ao profesorado, o dato sitúase por encima do 70%
 
La Voz de Galicia.-
 

No hay comentarios: