Educación reparará a cuberta do salón
de actos do IES Sofía Casanova da urante
o verán
REDACCIÓN FERROL | Actualizado 14 Marzo 2014 - 01:30 h. A Xefatura Territorial de Educación da provincia da Coruña informou onte de que os traballos para a sustitución da cuberta do salón de actos do IES Sofía Casanova serán acometidos durante as vacacións de verán. Aínda que aínda non fixaron o calendario definitivo das actuciones que xa están presupostadas para os diferentes centros educativos, avanzaron que as correspondentes a este instituto faranse con toda probabilidade nesas datas. Como se recordará, o salón de actos permanece pechado desde finais do pasado curso, a raíz da caída de cascotes procedentes do teito. O desprendimiento producíase no transcurso da celebración dunha actividade organizada polo propio centro, aínda que, por fortuna, non houbo que lamentar danos persoais. orzamento. A obra está presupostada nun total de 20.000 euros e consistirá na reposición da cuberta exterior, coa finalidade de evitar as humidades que provocan o deterioro da mesma e que aumentan o risco de desprendimientos no interior. A ANPA do centro manifestou en varias ocasións, e de forma pública, a súa preocupación pola actual situación dun espazo que ademais non pode ser utilizado pola comunidade educativa. Esta mesma semana, a asociación reiteraba a necesidade de solucionar o problema para poder recuperar o espazo para as actividades e recordaba que fai menos dun ano xa se realizaron obras de rehabilitación, por parte da Consellería de Educación, no tellado.
- Diario de Ferrol.-
|
viernes, 14 de marzo de 2014
ANPA pide unha xuntanza con Xefatura Educación.-
jueves, 27 de febrero de 2014
50 Aniversario IES Sofía Casanova.-
Ferrol
O Sofía Casanova celebra con teatro o seu medio século de vida.
Hoxe comezan con representacións sobre 1964, o ano que abriu o centro.
Escrito por:
bea abelairas
ferrol / a voz 27 de febreiro de 2014
O instituto Sofía Casanova, tamén coñecido como o Feminino, comeza hoxe cun calendario moi especial, que servirá para repasar a súa historia, pero sobre todo para celebrar o medio século de vida.
Desde hai semanas os alumnos de varios cursos preparan unhas comparsas que se representan esta mañá e que teñen como eixo central episodios do ano 1964, porque o centro abriu durante este curso.
«A nosa intención era que vos estudantes investigasen sobre ese ano e plasmasen nunha representación ou que quixesen», explicaba onte a directora do centro, Laura Suárez, pouco antes de que se celebrasen un dos últimos ensaios para un concurso que se titula 50 anos atrás e que será esta mañá. Moitas destas creacións virarán ao redor da música dos Beatles e os movementos de moda entre os mozos dos anos 60.
O cadro docente anuncia que este é só un dos actos que contemplan para os próximos meses, como son un encontro entre antigos alumnos e profesores, unha exposición fotográfica, unha mesa redonda ao redor da escritora e concertos, como o que dará o grupo Morse.
A maioría destas actividades serán ao longo do mes de maio -case todas a última semana- segundo explican os organizadores, que esperan repasar case todas as etapas deste centro, como a vivida cando só contaban con aulas no instituto Concepción Arenal (coñecido como o Masculino) nas que se ensinaba ás nenas por separado.
A figura de Sofía Casanova centrará boa parte das actividades que se están preparando e incluso unha profesora xubilada, Charo Martínez, regresará ás aulas para disertar sobre a poetisa que dá nome a este instituto ferrolán. «Ela fixo a tese de doutoramento ao redor de Sofía Casanova e por iso retornará ou centro para falar dela e súa traxectoria», asegura unha directora, que tamén anuncia unha representación ao redor desta creadora.
- La Voz de Galicia.-
Mobilizacion contra a LOMCE - 20 Feb-2014.-
Os colectivos estudiantís nacionalistas
galegos claman na rúa contra a
Lomce e os recortes
REDACCIÓN FERROL | Actualizado 21 Febrero 2014 - 01:30 h.
A manifestación tivo como punto de saída e chegada ó edificio da Xunta na praza de España
d. alexandre
Os colectivos estudiantís da esquerda nacionalista e independentista galega –AGIR, Comités e a Liga Estudiantil Galega– saíron onte de forma unitaria á rúa para deixar constancia do seu total rexeitamento aos recortes no ensino público e á Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (Lomce) aprobada polo Partido Popular e que entrará en vigor o vindeiro curso.
Fixérono a través dunha serie de manifestacións e concentracións en diferentes cidades e localidades galegas. En Ferrolterra, a actividade comezou ás dez da mañá cunha protesta na vila de Pontedeume, que partiu do IES Breamo. Dúas horas máis tarde, ás doce, a actividade trasladouse á cidade naval.
A Praza de España convertiuse no punto de partida da manifestación secundada por máis dun cento de persoas, entre alumnos e membros doutras organizacións integradas na Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, como o BNG, Galiza Nova ou a CIG-Ensino.
Tamén Anova-Ferrolterra manifestou o seu apoio a unha convocatoria a través da que os estudantes criticaron, entre outras cuestións, o carácter españolizador e centralista da Lomce.
Aarón Curbeira, membro de AGIR, salientaba onte a necesidade de crear dinámicas propias do pobo galego á hora de defender o ensino público, e non actuar sempre en base ás convocatorias de folgas xerais organizadas a nivel estatal.
Baixo o lema “En pé polo ensino público galego”, os estudantes denunciaron que a lei promovida polo ministro de Educación José Ignacio Wert pretende impor pola vía da legalidade “este desmantelamento programado da educación pública ao tempo que implementa unha campaña españolizadora e uniformadora”, apuntaron.
relegada
Así, din, “vemos como na contrarreforma educativa a nosa lingua é relegada a un plano moi secundario e a nosa realidade nacional fica fóra de todo o programa educativo, centralizando os temarios a nivel estatal e entrometéndose nas xa de por si pequenas competencias que en materia educativa ten a Xunta de Galicia”. Neste aspecto incidía tamén onte o voceiro do Bloque Nacionalista Galego no Concello de Ferrol, Iván Rivas, quen afirmou que a Lomce atenta contra a realidade galega, tanto polo trato que lle confire á lingua como pola centralización dos contidos pedagóxicos que prevé.
Os estudantes consideran tamén que a Lomce reforza un programa ideolóxico sustentado “na submisión da muller ao home ao dar maior importancia á relixión católica na educación” e que promove as diferenzas entre xéneros ao financiar con diñeiro público os centros que segregan por sexo.
Os recortes nas bolsas de estudo ou o incremento das taxas universitarias foron outros dos aspectos obxecto das críticas dos estudantes, que onte recorreron varias rúas da cidade, ata chegar á praza de Armas, para voltar á praza de España, onde procederon á lectura do manifesto.
-Diario de Ferrol.-
Compartir libros de texto.-
Aprender a compartir libros
antes que a mercalos
David Lombao |

Banco de libros de texto.-
Hai xa case cinco anos que a Xunta decidiu acabar co sistema de préstamo de libros de texto.
En aras da consabida austeridade o Goberno que preside Alberto Núñez Feijóo eliminou o modelo de manuais escolares de balde para substituílo pola denominada Gratuidade Solidaria, o sistema de subvencións parciais que cada vez chega a menos alumnado mentres aumenta o seu custo, chegando a ser máis caro que o propio préstamo. Este é o escenario no que a Confederación de Anpas Galegas decidiu intensificar unha reivindicación que non cesa na escola pública do país dende 2009: a volta ao sistema de préstamo.
Segundo vén de acordar a súa xunta directiva, a Confederación buscará unha "reivindicación conxunta" en toda a comunidade educativa galega. Así, cada federación de Anpas reimitirá "un escrito de reivindicación" a cada asociación de nais e país, que á súa vez a trasladará a todas as súas asociadas e asociados. Trátase, explica o presidente da Confederación, Javier Sánchez, de que esta sexa visualizada como o que é, unha "demanda de base" que regresará á Confederación para ser trasladada á Consellería de Educación.
A Confederación de Anpas inicia unha campaña a prol do préstamo de libros de texto
Esta recollida de apoios e outros actos reivindicativos serán a base dunha campaña baseada, explica Sánchez en conversa con Praza, na necesidade de que o ensino público sexa gratuíto tamén no ámbito do material. "Non só o cremos nós", sinala, remitíndose a un recente informe da Defensora del Pueblo no que "di que non se entende a gratuidade do ensino se non se facilitan todos os medios". A comisionada, sinala, avoga por varios modelos de para os libros de texto e "nós cremos que o préstamo é o ideal". Non en van, lembra, nos últimos anos son as propias Anpas as que estań a "subtituír á Administración", organizando bancos de libros para evitar que as familias teñan que pasar por caixa cada comezo de curso.
A LOMCE, unha dificultade engadida
Esta nova campaña ten como horizonte o curso 2014-2015, o primeiro coa LOMCE en vigor. Os cambios curriculares que introduce a coñecida como Lei Wert implicarań tamén un "gasto extraordinario" en libros, sinala Javier Sánchez, xa que os cambios de contidos invalidan boa parte dos manuais que manexan os devanditos bancos de libros. Non obstante, advirte, "aínda que a LOMCE non mudase os currículos reivindicaríamos o mesmo", máis aínda agora, que "xa se poden botar números" e chegar á conclusión de que o modelo da Xunta do PP é "moito máis caro" que o anterior.
"É moito máis pedagóxico ensinar a compartir que a ter cada un a súa propiedade"
A consellería de Jesús Vázquez, lembra a Confederación, eliminou o préstamo e implantou as subvencións parciais apelando ao aforro e nun primeiro momento "foi máis barato, porque aínda se reutilizaban libros que había nos centros", que se renovaban cada catro anos. "Pero agora hai que mercar todos os libros cada ano", polo que xa desapareceu o aforro de cartos e tamén "o aforro material e ecolóxico" que supuña ter que utilizar menos manuais, advirte.
Neste sentido, Sánchez dubida tamén da apelación pedagóxica na que se apoiou a Xunta para defender que cada estudante teña os seus propios libros: a creación dunha caste de "biblioteca" en cada fogar. "O material de texto haino nas bibliotecas públicas", evidencia o presidente da Confederación, en cuxa opinión hoxe en día habería, ademais, que tender a "métodos de ensino" que xa non están centrados no libro. ter manuais escolares non é "pedagóxico nin necesario", toda vez que é "moito máis pedagóxico ensinar a compartir e a reciclar que a ter cada un a súa propiedade".
- Praza Pública.-
lunes, 30 de diciembre de 2013
Constitución Confederación ANPAS Galegas.- 14 Decembro-
"Entendemos a ANPA como entidade de participación, non como prestadora de servizos"
ENTREVISTA P.C.R. | Actualizado 14 Diciembre 2013 -

Javier Sánchez é o presidente da Feanpas de Ferrolterra luis polo
A unión fai a forza e con este obxectivo de sumar esforzos e sinerxias na defensa da educación pública galega vén de constitituirse a Confederación de Anpas Galegas. A Federación de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos de centros públicos de Ferrolterra forma parte do colectivo, no que tamén están a de Cangas, Compostela, Costa da Morte, Ponteareas, Val Miñor, Vigo e a provincial de Lugo –en total suman unhas 300 asociacións–.
"O obxectivo principal é que todo o traballo conxunto que desde hai anos vimos facendo diferentes federacións locais e comarcais da comunidade teña agora repercusión a nivel galego. Levabamos traballando xuntos desde hai varios anos, con contactos periódicos e actuacións conxuntas, polo que decidimos unirnos e facer unha soa voz ante as administracións e ante a sociedade en xeral".
Así o explica Javier Sánchez, presidente da federación local, quen defende con gran convicción o importante papel das nais e pais na educación dos seus fillos. "As familias temos moita capacidade de influencia ante as administracións e sobre todo ante o poder político", di.
Por iso, a súa acción é fundamental para intentar conseguir melloras nun sistema educativo marcado na actualidade polos recortes nos orzamentos públicos e por medidas políticas que, como a Lomce (Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa), motivaron nos dous últimos anos numerosas protestas.
lomce
A Federación de Ferrolterra, da que forman parte unhas 40 anpas, vense mobilizando dentro da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, un dos dous colectivos xurdidos a raíz das cuestionadas medidas do ministro José Ignacio Wert . "Houbo quen nos quixo vincular a unha ideoloxía partidista por estar dentro desta plataforma –na que tamén están sindicatos como a CIG Ensino ou partidos políticos como o BNG–, e iso non é certo, xa que as anpas somos totalmente heteroxéneas na súa formación pero cuns intereses comúns, que son os nosos fillos e o sistema educativo que teñen", di.
Como Federación, a que Sánchez preside está na devandita plataforma por coincidir cos seus obxectivos. "Queremos un modelo de ensino público galego, laico, descentralizado... pero sobre todo galego", incide.
Ao seu xuízo, a Lomce supón un "retroceso bestial, mercantiliza a educación e permite, entre outras cousas, a segregación do alumnado por sexo, o que é claramente anticonstitucional".
Por iso, e dentro da Confederación de Anpas Galegas, traballarase xa desde agora para acadar un consenso de cara a aprobar "unha verdadeira lei educativa" no momento no que haxa un cambio no poder e se derogue, tal e como se comprometeron todas as forzas políticas do Congreso agás o Partido Popular, a normativa aprobada hai unas semanas, apunta Sánchez.
dúas confederacións-
A partir de agora, o novo colectivo galego de Anpas terá que convivir na comunidade coa xa existente desde hai anos, a Confederación Galega de Anpas de Centros Públicos (Confapa-Galicia). A diferencia entre as dúas, explica Sánchez, é que "temos formas diferentes de traballar. Nós temos un concepto de Anpa como entidade participativa e que ten que estar presente na vida educativa, pero non como prestadora de servizos, senón como interlocutora e mediadora das familias co centro. É certo que a nivel galego ata agora había unha soa voz, a de Confapa, pero tamén había outras voces que estaban ocultas e que agora tamén se escoitarán", afirma.
Neste sentido, fai alusión a temas como os bancos de libros de texto impulsados desde as asociacións de pais para atender ás necesidades das familias logo da supresión por parte da Xunta do sistema de gratuidade universal ou a xestión dos comedores escolares. "Aínda que se é necesario e non queda outra alternativa, préstase o servizo, nós consideramos que isto ten que facelo a Administración e aínda que nós o fagamos de xeito paliativo, ese non é no noso obxectivo, e isto ten que cambiar", apunta Sánchez. Como mudou, lembra, hai varios cursos, o modelo de xestión de comedores escolares na cidade ferrolá. De ser xestionados polas Anpas, que en moitos casos chegaron a verse desbordados nesta tarefa, conseguiuse que fose o Concello de Ferrol, en colaboración coa Xunta, a que se fixese cargo dos mesmos. Esta experiencia local está a servir agora de modelo para outras Federacións comarcais da comunidade. "Son servizos educativos complementarios que oferta o propio centro e que deben estar xestionados e controlados pola propia administración" apunta.
Na axenda de traballo da entidade que preside Sánchez está tamén a posible creación dunha nova Federación de Anpas con asociacións das comarcas de Eume e do Ortegal.
Entrevista Presidente Fanpas.-
sábado, 7 de diciembre de 2013
Cociña solidaria.-
Estimadas familias.-
Esta ANPA e a dirección do IES Sofía Casanova están organizando unha recollida de produtos e alimentos para a Cociña Económica nesta campaña do Nadal.
Solicitamos a vosa colaboración solidaria co fin de aportar produtos de primeira necesidade, almorzos e merendas infantís, como manteiga, galletas, cacaos, marmeladas,, chocolates ..etc , outros como aceites, latas, pastas, alimentos propios de bebes, así como produtos típicos do Nadal.
Esta ANPA reivindica a equidade e xustixa social en canto a dereitos cidadás polo que rexeitamos a caridade como método e solución. Apelamos a vosa comprensión, xenerosidade e solidariedade nestes tempos chegados de inxustizas e desesperanzas...
Podedes eviar produtos a través de vosos fillos e fillas aos carros da entrada de noso instituto ate o día 19 de dembro.
Ferrol, a 5 de Decembro de 2013.-
CONTAMOS COA VOSA COLABORACIÓN.
SAÚDOS - MOITAS GRAZAS.-
Biblioteca - Lectura adultos-
Impulso á biblioteca do IES Sofía Casanova a través da incorporación ao Plambe da Xunta
Impulso á biblioteca do IES Sofía Casanova a través da incorporación ao Plambe da Xunta
REPORTAXE P.C.R. |
01 Diciembre 2013 -
Era unha vella arela do centro e este ano puido converterse nunha realidade. A incorporación da biblioteca do IES Sofía Casanova ao Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (Plambe) da Xunta está a permitir ao centro dar un importante pulo ás actividades programadas desde o devandito espazo.

O esforzo e traballo dos profesores implicados –preto dunha vintena–, está a resultar fundamental á hora de dinamizar unha biblioteca que "nun só ano cambiou máis que en décadas". Un cambio que ademais chega no curso no que se celebrarán os 50 anos de vida do instituto "feminino", unha efeméride que servirá para articular algunhas das propostas que xa se están a preparar para os vindeiros meses.
Outras deron xa comezo, como o clube de lectura xuvenil –no que participan medio cento de estudantes– ou o de adultos, que se puxo en marcha por vez primeira, e con grande éxito, o pasado mes de outubro. Neste caso, a iniciativa está dirixida a ex alumnos, nais, pais e profesores.
Tamén se desenvolve a "Hora de ler", a través da cal, e durante 20 minutos ao día, os alumnos poden ler "por pracer". A proposta comezou este curso cos de 1º de ESO.
O IES Sofía Casanova optou ao Plambe da Xunta co seu proxecto titulado "Tesouros novos e vellos. Unha nova biblioteca na nosa vella biblioteca", incorporando tamén como lema unha frase da adaptación cinematográfica da obra "O Gatopardo", do italiano Giuseppe Tomasi di Lampedusa, e que reza "Se queremos que todo siga igual, é preciso que todo cambie".
E ese é, precisamente, o espírito co que o equipo de docentes está a traballar co obxectivo de potenciar a biblioteca como "un instrumento para a integración da cultura impresa e dixital nas intervencións do profesorado e na aprendizaxe do alumnado", sinalan. Tamén para que sexa un recurso para fomentar a alfabetización mediática-informacional e a educación documental e para permitir un acceso igualitario aos recursos culturais, converténdose así un factor de compensación social e cultural.
A inclusión no Plambe da Xunta permitiralles ademais dar cumprimento a aspectos que por falta de financiamento quedaron pendentes así como optimizar todo o avanzado. No curso actual, o centro recibirá un total de 5.450 euros (1.000 para fondos -na actualidade hai uns 18.000–, 4.000 para mobiliario e equipamento e 450 para gastos de funcionamento).
formación.
Tal e como informaron as profesoras Ana Seco e Pilar Berrio, o equipo da biblioteca artéllase arredor dun Seminario Permanente asesorado polo Centro de Formación e Recursos (CFR) de Ferrol e que arrancou o pasado mes de novembro coa celebración de tres sesións de docencia sobre "Lectura dixital, libro electrónico e bibliotecas", a cargo de Carlos López Ardao.
aniversario.
Un dos "pratos fortes" da programación da biblioteca para o presente curso serán as actividades relacionadas co aniversario do instituto. Así, está previsto a elaboración da historia do centro así como algún traballo sobre a figura que lle dá nome, Sofía Casanova. En todo caso, e ao longo dos vindeiros meses, a mascota da biblioteca, "Socas" –cuxo autor foi Adrián Rodríguez, alumno do centro ata o ano pasado–, encargarase de ir anunciando calquera novidade dunha biblioteca que inicia unha nova andaina para compartir experiencias e, de paso, "facer algo de biblioterapia" nesta sociedade da información e da comunicación.
Diario de Ferrol.-
domingo, 24 de noviembre de 2013
sábado, 23 de noviembre de 2013
FOLGA ESTUDANTES- 20 NOVEMBRO-2013.-
Ferrol

JOSÉ PARDO
Uns 3.000 traballadores do naval e estudantes manifestáronse en Ferrol.
20 de novembro de 2013 14:16 GMT
.

JOSÉ PARDO
Unhas 3.000 persoas, entre traballadores do naval e estudantes, participaron na manifestación que esta mañá percorreu as rúas do centro de Ferrol.
A convocatoria partía do Sindicato de Estudantes, pero a plantilla de Navantia quixo apoiar tamén as súas demandas e saír de novo á rúa en demanda de carga de traballo.
Os traballadores do naval saíron do estaleiro e uníronse na praza de España ao colectivo de novos estudantes que xa se atopaban concentrados, partindo xuntos en manifestación ata a praza de Armas.
Alí, Manuel Abelleira, responsable do Sindicato de Estudantes en galicia, leu un manifesto no que defendeu que coa folga do pasado día 24 conseguiran «debilitar» ao ministro Wert e que «hai que seguir loitando en unión co naval», apostando por unificar todas as demandas ao Goberno central.
- La Voz de Galicia.-
lunes, 18 de noviembre de 2013
FOLGA XERAL ESTUDANTIL.-
En calquera caso os ataques continúan. Acaban de eliminar
a axuda económica das bolsas Erasmus. E no caso
de Galiza, a Xunta do PP acaba de aumentar un 40% o
prezo medio dos menús escolares, precisamente nun momento
no que moitos dos nosos pais están desempregados.
E os ataques continuarán se non lles paramos.
A loita continúa! O 20 de novembro pretenden
aprobar a LOMCE no Senado.
O 20 de novembro: folga xeral estudantil!
Por moito que lle pese ao Goberno do PP, a resposta nas
rúas foi clara e contundente. O Ministerio de Educación
non engana xa a ninguén e quedouse completamente só
coas súas contrarreformas reaccionarias e os seus ataques
á pública.
Se aínda non aplicaron a LOMCE, se están dicindo
publicamente que van atrasar a súa aplicación, é porque
a mobilización estudantil, do profesorado e dos
pais púxolles contra as cordas. Por iso a loita ten que
continuar, porque a loita serve. Por todos estes motivos
desde o Sindicato de Estudantes convocamos unha nova
folga xeral de estudantes para o próximo 20 de novembro,
coincidindo coa data na que o PP —a pesar de
estar en minoría absoluta nas rúas e nas aulas— pretende
impor de forma autoritaria a aprobación da LOMCE
no Senado.
O 20 de novembro propomos baleirar as clases, celebrar
pola mañá mobilizacións estudantís en todo o estado
e pola tarde manifestarnos cos nosos profesores,
pais e nais, tal e como aprobaron facer asociacións de
pais e sindicatos do profesorado. E se non ceden, desde
o Sindicato de Estudantes chamamos ás organizacións
do profesorado (CIG, CCOO, UGT, STEs, CGT...) e ás
ANPAS a manter a loita contra Wert e organizar unha
próxima folga educativa de 72 horas para botar ao ministro
e os seus recortes.
En defensa da Educación Pública!
Todos á folga e ás manifestacións
o 20 de novembro!
Xuntos podemos!
Retirada inmediata da LOMCE, o decreto de bolsas, o taxaso universitario e na FP e o decreto de comedores da Xunta. Nin reválidas nin selectividade, o fillo do obreiro á universidade.
Wert dimisión!
Non á obrigatoriedade da relixión católica no ensino público.
Nin un euro do orzamento público ao negocio do ensino privado.
En defensa dos dereitos democráticos. Respectar o dereito a estudar e aprender en catalán, galego e euskera, que o franquismo suprimiu.
Pola liberdade de expresión da mocidade. O noso dereito a folga non se toca.
Os recortes para os banqueiros. Readmisión inmediata dos máis de 50.000 docentes despedidos
este curso. Devolución inmediata dos 6.000 millóns de euros que o PP recortou á escola pública.
Non aos contratos lixo e ás prácticas en empresas sen remunerar. Por un subsidio de desemprego indefinido para todos os parados ata atopar un posto de traballo.
Ferrol: Edificio da Xunta (Praza de España)
Coruña: Na Palloza
Compostela: Na Alameda
Vigo: En Praza América
Lugo: Fronte ao IES de Ramón Ferreiro
Pola tarde: mobilización cos país e nais
FOLGA - SINDICATO ESTUDANTES.-
Sindicato de Estudantes
Desde o Sindicato de Estudantes queremos mostrar o noso agradecemento
ós traballadores de Navantia-Ferrol pola súa decisión de unirse á nosa
manifestación, que agora tamén é súa, do 20 de novembro, en defensa do
ensino público e para esixir a retirada da LOMCE e a dimisión do ministro
Wert.
A LOMCE, contra a que nos levamos mobilizando máis dun ano, pretende degradar
a niveis propios do franquismo o ensino público, unha conquista fundamental para
que os estudantes fillos de traballadores podamos acceder a unha educación de
calidade.
Pero o ataque ó ensino público non é algo separado do resto de ataques do PP. A
LOMCE forma parte do plan da dereita para demoler todos os dereitos conquistados
pola loita do movemento obreiro durante décadas. En dous anos de goberno, o PP
atacou a sanidade, os dereitos dos traballadores, subiu impostos..., e todo cun único
obxectivo: roubar os pobres para dárllelo ós ricos (banqueiros e empresarios). Non
hai cartos para a clase obreira porque hai que "rescatar" a banqueiros e demais
capitalistas. Por iso tampocuo hai carga de traballo para Navantia e ameazan con
destruir as condicións laborais que, coa súa loita, conquistaron os traballadores das
antigas Bazán e Astano.
Wert está totalmente desprestixiado. A propia Unión Europea calificou de "lixo" as
súas mentiras. É o momento de continuar loitando para forzar a retirada da LOMCE
ou a dimisión de Wert, o que debilitaría ó goberno do PP, dificultándolle así outros
ataques que están en marcha ou en preparación, como o plan de Navantia.
É o momento de unir forzas. O Sindicato de Estudantes invita a todos os
traballadores da comarca a que o día 20 se unan á manifestación de obreiros e
estudantes, para así, TODOS XUNTOS, golpear con máis forza ó PP.
Dende a súa fundación en 1986, o Sindicato de Estudantes ten berrado moitas
consignas nas nosas manifestacións. Pero hai unha que se berrou, se berra e se
berrará sempre en todas:
¡OBREIROS E ESTUDANTES, UNIDOS E ADIANTE!
E berrámola porque o Sindicato de Estudantes é unha organización de clase: somos
a organización dos fillos dos traballadores. Por iso, ante a ameaza que representan,
para esta comarca, a falta de carga de traballo en Navantia e o plan estratéxico
anunciado para o 4 de decembro, queremos dicirlle ós traballadores do sector naval:
CONTADES CON TODO O NOSO APOIO, ESTAMOS Á VOSA DISPOSICIÓN. O
SINDICATO DE ESTUDANTES VAI ESTAR CON VÓS EN PRIMEIRA LIÑA DA
LOITA EN DEFENSA DO FUTURO DA MOCIDADE DE FERROLTERRA.
Ferrol, 14 de novembro de 2013.
Calendario Escolar -2013-14.-
- CALENDARIO ESCOLAR -
2013-14
Setembro
Días 2, 3, 4, 5 - Probas correspondentes á convocatoria extraordinaria do curso 2012/2013
11 .- Comezo das clases no 2º ciclo de educación infantil, educación especial e educación primaria
16 .- Comezo das clases na ESO, Bacharelato, FP e ensinanzas de réxime especia
Outubro
31 .- Día non lectivo. Día do Ensino
Novembro
1 .- Día non lectivo. Todos os Santos
Decembro
6 .- Día non lectivo. Día da Constitución
22, 23, 24, 25, 26, 27, 28, 29, 30, 31 Vacacións de Nadal
Xaneiro -2014
1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8 Vacacións de Nadal
Febreiro
28 .- Día non lectivo, escollido polo centro
Marzo
3, 4, 5 Vacacións de Entroido
Abril
14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21 Vacacións de Semana Santa
Maio
1 Día .- Non lectivo. Festa do traballo
2 Día .- Non lectivo, escollido polo centro
Xuño
Día 20 .- Remate das clases no 2º ciclo de educación infantil, educación especial, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional.
jueves, 7 de noviembre de 2013
Convocatoria Asemblea Ordinaria -
CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA-
27 de Novembro de 2013
Estimad@ soci@ ;
A Xunta directiva CONVOCA a ASEMBLEA XERAL ORDINARIA de soci@s - AULA planta baixa deste Centro IES Sofía Casanova- o MÉRCORES, 27 de Novembro, ás 16,30 horas en primeira convocatoria e ás 17 horas na segunda.
Orde do día
2 .-Aprobación-Informe de XESTIÓN-MEMORIA ANUAL 2012-13.
3 .- Aprobación- Informe ECONOMICO exercicio 2012.
4 .- Previsión económica para o exercicio 2013.
5 .- Nomeamento e renovación 2ª quenda de cargos da xunta
directiva. Artigo 23 Estatutos.- Presidenta ; Secretario;
vogais. Novas incorporacións.
6 .- Suxestións e preguntas.-
Banco de Libros-.
- Esperamos a túa presenza cara a unha mellor calidade do ensino público.-
- Aberta aos familiares NON Soci@s interesad@s.
Ferrol, a 5 de Novembro de 2013.-
A Presidenta O Secretario
sábado, 26 de octubre de 2013
Folga estudantes- Manifa 24-Out.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







