jueves, 27 de febrero de 2014

Mobilizacion contra a LOMCE - 20 Feb-2014.-

Os colectivos estudiantís nacionalistas

galegos claman na rúa contra a

Lomce e os recortes

REDACCIÓN FERROL | Actualizado 21 Febrero 2014 - 01:30 h.

                                            

A manifestación tivo como punto de saída e chegada ó edificio da Xunta na praza de España d. alexandre                                                                                                                                                                           
A manifestación tivo como punto de saída e chegada ó edificio da Xunta na praza de España
d. alexandre


Os colectivos estudiantís da esquerda nacionalista e independentista galega –AGIR, Comités e a Liga Estudiantil Galega– saíron onte de forma unitaria á rúa para deixar constancia do seu total rexeitamento aos recortes no ensino público e á Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (Lomce) aprobada  polo Partido Popular e que entrará en vigor o vindeiro curso.

 Fixérono a través dunha serie de manifestacións e concentracións en diferentes cidades e localidades galegas. En Ferrolterra, a actividade comezou ás dez da mañá cunha protesta na vila de Pontedeume, que partiu do IES Breamo. Dúas horas máis tarde, ás doce, a actividade trasladouse á cidade naval.

 A Praza de España convertiuse no punto de partida da manifestación secundada por máis dun cento de persoas, entre alumnos e membros doutras organizacións integradas na Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, como o BNG, Galiza Nova ou a CIG-Ensino.

 Tamén Anova-Ferrolterra manifestou o seu apoio a unha convocatoria a través da que os estudantes criticaron, entre outras cuestións, o carácter españolizador e centralista da Lomce.

 Aarón Curbeira, membro de AGIR, salientaba onte a necesidade de crear dinámicas propias do pobo galego á hora de defender o ensino público, e non actuar sempre en base ás convocatorias de folgas xerais organizadas a nivel estatal.

 Baixo o lema “En pé polo ensino público galego”, os estudantes denunciaron que a lei promovida polo ministro de Educación José Ignacio Wert pretende impor pola vía da legalidade “este desmantelamento programado da educación pública ao tempo que implementa unha campaña españolizadora e uniformadora”, apuntaron.
relegada


 Así, din, “vemos como na contrarreforma educativa a nosa lingua é relegada a un plano moi secundario e a nosa realidade nacional fica fóra de todo o programa educativo, centralizando os temarios a nivel estatal e entrometéndose nas xa de por si pequenas competencias que en materia educativa ten a Xunta de Galicia”. Neste aspecto incidía tamén onte o voceiro do Bloque Nacionalista Galego no Concello de Ferrol, Iván Rivas, quen afirmou que a Lomce atenta contra a realidade galega, tanto polo trato que lle confire á lingua como pola centralización dos contidos pedagóxicos que prevé.

 Os estudantes consideran tamén que a Lomce reforza un programa ideolóxico sustentado “na submisión da muller ao home ao dar maior importancia á relixión católica na educación” e que promove as diferenzas entre xéneros ao financiar con diñeiro público os centros que segregan por sexo.

 Os recortes nas bolsas de estudo ou o incremento das taxas universitarias foron outros dos aspectos obxecto das críticas dos estudantes, que onte recorreron varias rúas da cidade, ata chegar á praza de Armas, para voltar á praza de España, onde procederon á lectura do manifesto.

-Diario de Ferrol.-



No hay comentarios: