jueves, 10 de noviembre de 2016

FOLGA ESTUDANTES - Feanpas-26 Outubro.-

O Sindicato de Estudantes salienta o

"éxito rotundo"da folga contra a Lomce.

A xornada de folga e de mobilizacións convocada na xornada de onte polo Sindicato de Estudantes para esixir a derrogación da Lomce e das reválidas contempladas na actual lei educativa foi, en palabras dos membros da devandita organización estudiantil na comarca de Ferrolterra, "un éxito rotundo".
 
O Sindicato de Estudantes salienta o "éxito rotundo" da folga contra a Lomce       
        

 
                                                                           

A xornada de folga e de mobilizacións convocada na xornada de onte polo Sindicato de Estudantes para esixir a derrogación da Lomce e das reválidas contempladas na actual lei educativa foi, en palabras dos membros da devandita organización estudiantil na comarca de Ferrolterra, "un éxito rotundo".
Ao masivo seguimento da folga dos alumnos do ensino secundario –nivel no que estaba convocada a folga–, que se sitou, segundo os convocantes, nunha media do 95% na meirande parte dos centros, houbo que sumar tamén o apoio de todas aquelas familias que optaron por non enviar os seus fillos ao colexio nas estapas de Infantil e Primaria respaldando así o chamamento da Confederación Galega de Anpas de centros públicos e a Ceapa a nivel estatal.
Xunto ás imaxes de aulas baleiras, a sesión reivindicativa quedou reflectida tamén nas rúas de moitas vilas e cidades, tomadas polas manifestacións en contra dunha lei educativa que desde a súa aprobación cos únicos votos dos Partido Popular topouse co rexeitamento absoluto dunha gran parte da comunidade educativa.

- Manifestación

 En Ferrol, centenares de persoas –700 segundo as cifras da Policía e arredor de 3.000 según os convocantes– secundaron a marcha iniciada pasadas as doce do mediodía desde o edificio administrativo da Xunta, na Praza de España, para rematar na da Constitución, no Cantón.
Con lemas como "En defensa dun ensino público de calidade" ou "Fóra as reválidas franquistas" plasmadas nas pancartas e proclamas a viva voz en contra dos recortes e as políticas educativas do PP – "menos corrupción, e máis educación...", entre as entoadas polos manifestantes– foise desenvolvendo unha acción que reuniu a estudantes, sindicatos, políticos e familias.
Ao remate, na lectura do manifesto, o colectivo estudiantil reiterou o seu rexeitamento as reválidas que van en contra da mocidade e das familias traballadoras. Para o Sindicato de Estudantes, o decreto aprobado polo goberno en funcións do PP para a implantación este mesmo curso das reválidas en 4º de ESO e 2º de Bacharelato supoñen "multiplicar a actual selectividade por tres, establecendo así un triple filtro co que expulsará a centos de miles de xóvenes de entre 15 e 17 anos" do sistema educativo. Denuncian ademais a inxustiza que supón o feito de supeditar a estes exames a obtención duns títulos que xa están sometidos a unha avaliación continua por parte do profesorado.
Quixeron facer tamén un chamamento aos sindicatos de profesores para que loiten por un ensino público de calidade poñendo fin a uns recortes que nos últimos anos supuxo tamén unha merma importante de persoal docente no sistema educativo.
Onte, no marco da xornada de protesta, segundo se informou desde o Sindicato de Estudantes, tamén tivo lugar unha concentración de estudantes no IES Fernando Esquío de Neda.

 Plataforma galega .-
 
 A xornada de mobilizacións contra a Lomce e as reválidas completouse, na cidade naval, coa concentración convocada pola tarde, tamén diante do edificio administrativo da Xunta, pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público.
Javier Sánchez, presidente da Federación de Anpas de centros públicos de Ferrolterra e da Confederación de Anpas Galegas reiterou onte a necesidade de derrogar a Lomce e con ela unhas reválidas que están a causar unha gran inquedanza e incertidume entre o alumnado e profesorado sobre todo de Bacharelato.

- Diario de Ferrol .-


No hay comentarios: